encáustica
encáustica
(< encáustico)
-
s
f
[PINT]
Técnica pictórica que consiste en diluír as cores en cera fundida, polo que debe pintarse en quente. Difundida no mundo antigo, parece que se empregou en Grecia pero non se pode afirmar que se utilizase nas pinturas pompeianas que, sen embargo, puideron recibir unha capa de cera unha vez pintadas. Entre as pinturas conservadas destacan os retratos do Fayum.
-
s
f
[PINT]
Preparado feito con cera esluída que se lles aplica ás pinturas, ás obras feitas en mármore ou pedra, á madeira ou ás paredes para protexelas da humidade ou darlles brillo.
Sinónimos: encausto.