"CY" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 139.

  • PERSOEIRO

    Militar e político. Destinado a Canarias co grao de capitán (1799), foi expulsado do exército e marchou a Francia, onde ingresou no exército napoleónico co que loitou en Alemaña. Destinado a España, desertou e reincorporouse ao exército español. Capitán xeneral de Catalunya (1811-1813), reorganizou o exército trala perda de Tarragona, e emprendeu expedicións no S de Francia. As diverxencias políticas provocaron a súa substitución e destinárono a Galicia (1813-1814). Trala restauración absolutista foi destituído e retirouse a Vinaròs. En 1817 dirixiu unha conxura para proclamar a Constitución en Barcelona que fracasou. Trasladado a Palma de Mallorca, morreu fusilado no castelo de Bellver.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, escritor e crítico inglés. Adiantou o vangardismo en Reino Unido e foi o fundador do vorticismo (1912) e do Rebel Art Center (1914), ademais de editor da revista Blast. Avanzou desde a abstracción cara a un figurativismo cubista. Pintou A rendición de Barcelona. Na súa literatura manifesta unha defensa do fascismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada na oblast’ de Moscova, Rusia (166.000 h [1997]). Situada a 19 km da capital, ten fábricas de maquinaria agrícola e unha fábrica experimental de perforadoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Fundou unha abadía en Micy (Francia) e, segundo a lenda, cazou un dragón nunhas cavernas do río Loire. Na súa iconografía vai acompañado dun oso que leva a súa equipaxe. A súa festividae celébrase o 15 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Empregou o dialecto labortano clásico, culto, pero descoñecido para a maioría dos falantes de éuscaro. O seu labor poético comezou en 1950 e colaborou en diversas revistas e xornais, como Euzko Gogoa, Euzko Deia, Gernika, Egan ou Irrintzi. Como narrador, destaca a súa novela Haur besoetakoa (A rapaza, 1970). Tamén destacou como tradutor e axudou a Jon Etxaide na preparación da obra Etahun’en bertsoak gipuzkeraz (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario e historiador polaco. Fundador do Diario de Varsovia (1825) e do Correo de Varsovia (1829), contribuíu cos seus artigos xornalísticos a fomentar a escola romántica. Despois da insurrección de 1830 tivo que exiliarse en Francia. Destaca a súa obra inacabada Powstanie narsdu Polskiego (A insurrección da nación polaca, 1834).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal, par e condestable de Francia, duque de Montmorency. Gobernador de Languedoc, defendeu Provenza contra o Emperador Carlos V e reinando Carlos IX de Francia, formou parte do triunvirato católico (1561) fronte aos hugonotes. Morreu na loita contra eles, dirixindo o exército católico en Saint-Denis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político flamengo, barón de Montigny. Foi enviado por Margarida de Parma, gobernadora dos Países Baixos (1559-1567), preto de Filipe II (1566), para negociar unha solución ao problema flamengo. A crise de Flandres agravouse e foi feito prisioneiro e executado secretamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, conde de Horn. Loitou pola liberdade dos Países Baixos contra a dominación hispánica. Á chegada de Xoán de Austria, foi arrestado e decapitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal de Francia, duque de Luxemburgo. Participou nas Revoltas de Fronda, pasou ao servizo de Filipe IV e despois do Tratado dos Pireneos (1659) volveu ao servizo de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre flamengo, conde de Horn. Participou nas batallas de Saint-Quentin (1557) e de Gravelines (1558). Xuntamente co conde de Egmont e Guillerme I de Orange-Nassau, en 1566 iniciou a revolta dos nobres flamengos contra a dominación hispánica. Á chegada do duque de Alba foi arrestado e decapitado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado a un dos catro documentos redactados por Augusto para ser lido no Senado despois da súa morte e para ser gravado en dúas taboas de bronce emprazadas no exterior do seu mausoleo. Este documento, escrito no ano 14 a C, ofrece unha relación das honras recibidas polo emperador, un estado de contas dos seus gastos persoais, enumera as súas xestas e fai unhas consideracións sobre a súa figura dentro do Estado romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Lorena e do departamento de Meurthe-et-Mosella, Francia, situada nas ribeiras do Moselle, do Meurthe e do canal navegable do Marne ao Rin (103.605 h [1999]). As áreas industriais modernas sitúanse en Heillecourt, ao S, Seichamps, ao NL, e Ludres, ao SL, que destacan como núcleos siderúrxicos e metalúrxicos. Desenvolveuse ao amparo do castelo de Xeraldo de Alsacia (1069) e, incendiada por Enrique de Bar (1218),   foi reconstruída por Mateo II de Lorena. Asediada e ocupada en 1476 por Carlos I de Borgoña o Temerario, foi recuperada por Renato II de Lorena. Os franceses ocupárona en diversas ocasións e perdeu a capitalidade de Lorena en beneficio de Lunéville. Ao morrer Estanislao I de Polonia (1766), duque de Lorena desde 1738, pasou definitivamente a Francia. Do seu patrimonio cultural destaca o antigo barrio da Vieille-Ville coa antiga igrexa dos franciscanos, e o conxunto urbanístico do s XVIII formado, entre outros, pola praza Stanislas, a praza da Carrière,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de artistas franceses que, impulsados por Émile Gallé, intensificaron as súas experiencias en todos os dominios das artes decorativas a partir de 1890. Fusionaron as características rococós e populares coas xaponesas e simbolistas do modernismo. Destacaron Gallé, Eugène Vallin, Louis Majorelle, Auguste e Antonin Daum, Jacques Grüber e Émile André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta polaco. De espírito místico e formas complicadas de asimilar, destacan os seus poemas patrióticos “Traurnaja rapsodija pam ’ati Bema” (Rapsodia fúnebre á memoria de Bem, 1851) e “Fortepiano Copena” (O piano de Chopin, 1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de crustáceos, da orde dos decápodos, que presentan pedúnculos oculares moi longos e que empregan apéndices especializados para extraer as partículas alimenticias dos grans de area, antes de realizar a dixestión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos, da familia dos cánidos, ao que pertence o raposo orelludo (O. megalotis).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e político polaco. Alumno do conservatorio de Varsovia, rematou a súa formación en Berlín e Viena, para logo desenvolver a súa música por todo o mundo. En 1919 foi nomeado presidente do Consello de Ministros e ministro de Asuntos Exteriores e representou ao seu país no Tratado de Versailles, aínda que en 1921 se retirou da vida política. Foi autor das operetas Manru (1901) e Sakuntala, dunha sinfonía, dun concerto para piano e de pezas curtas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, primeiro marqués de Novaliches (1840). Moderado, baixo o goberno de Espartero emigrou a Francia e unha vez amnistiado volveu do exilio (1843) e loitou contra as tropas de Espartero en València. Foi ministro da Guerra (1847). En 1885, tras a caída de Narváez, encargouse de formar goberno, sen tomar posesión. En 1868 comandou as forzas realistas que se opuxeron aos revolucionarios. Emigrado de novo, volveu a España despois da Restauración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia nobre inglesa. A súa orixe remóntase a William de Percy (1030?-1096), compañeiro de Guillerme I o Conquistador. Tivo sona o papel que tiveron como gardiáns da fronteira inglesa fronte aos escoceses. Os seus membros máis coñecidos foron Henry de Percy (1272?-1315), xentilhome, reforzou a súa posición ao N de Inglaterra comprando terras ao bispo de Durham. O seu fillo, Henry Percy (1342-1408), primeiro conde de Northumberland, morreu durante a rebelión contra Enrique IV. O seu fillo, Henry Percy (1364-1402) rebelouse contra Ricardo II (1399) e apoiou a Enrique IV de Lancaster. Este confioulle a vixilancia das marcas orientais de Escocia. Sublevouse contra o rei (1402) e o exército real matouno. O seu fillo, Henry Percy (1394-1455), segundo conde de Northumberland, foi asasinado polos partidarios da casa de York. O sétimo conde de Northumberland, Thomas Percy (1528-1572),...

    VER O DETALLE DO TERMO