"Das" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 542.
-
GALICIA
Artista visual. De formación autodidacta, desde 1985 participou en diversos obradoiros en La Habana, Donostia, Mallorca e Brasil. O soporte da súa poética está centrado na imaxe fotográfica, a partir de instalacións, fotos en branco e negro, e cadros utilizados como obxecto narrativo. A representación do corpo fragmentado acompañado polo texto aparece unida a imaxes rituais que se perciben como xesto dunha simboloxía poética. En 1999 foi bolseira da Fundación Unión Fenosa. Realizou exposicións tanto individuais como colectivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e avogado. Foi profesor de dereito na Universidade de Coimbra, oidor da Audiencia do Porto e conselleiro do rei de Portugal. Da súa obra, destaca a Epistola nuncupata (Epístola solemne, 1582), Commentarius analiticus de renovatione emphyteutica (Comentario analítico sobre a renovación enfitéutica, 1585) e Tractatus de emptione et venditione (Tratado de compra e venda, 1617).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cadeas montañosas que se dobraron durante o ciclo oroxénico caledoniano.
-
MONTES
Monte situado no límite entre a parroquia de Logares, no concello da Fonsagrada, e os concellos asturianos de Santa Eulalia de Oscos e Taramundi. O seu cumio atópase a 865 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Nacional del Teide-Las Cañadas.
-
MONTES
Monte da serra de San Mamede, situado no límite entre as parroquias de San Cosme de Montederramo e Gabín, no concello de Montederramo e Rebordechau, no concello de Vilar de Barrio. O seu cumio atópase a 1.607 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite entre as parroquias de Gabín, no concello de Montederramo, e Queixa, no concello de Chandrexa de Queixa. O seu cumio atópase a 1.411 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Rairiz de Veiga baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas: cinco estrelas, postas en aspa, e unha espada no medio coa punta para arriba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos enzimas hidrolíticos que liberan dunha proteína só o aminoácido terminal o que ten o grupo carboxilo libre. A carboxipeptidase A (peptidil-L-aminoácido-hidrolase) cataliza a hidrólise do peptidil-L-aminoácido a péptido e L-aminoácido. A carboxipeptidase B actúa só se o aminoácido terminal do péptido é lisina ou arxinina. Estes dous enzimas proveñen do páncreas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadeas montañosas formadas durante o Careliano ou o Mesoprotozoico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sala de exposicións dependente do Concello de Vigo que está situada no edificio que ocupou o Banco de España, construído en 1938 por Romualdo de Madariaga. Acolle exposicións fotográficas, científicas e artísticas. É sede da colección permanente da Fundación Laxeiro, da Colección Torras e do Arquivo Fotográfico Pacheco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo interactivo situado no parque de Santa Margarida, na cidade da Coruña, inaugurado no ano 1985. O seu obxectivo é potenciar a cultura científica na sociedade mediante a implicación dos visitantes no proceso de elaboración da ciencia a través da toma de contacto cos fenómenos naturais, cos principios físicos e coas novas tecnoloxías. Posúe, na planta de acceso, un péndulo de Foucault, un triángulo de Penrose e unha aula de informática; na primeira planta, módulos experimentais interactivos sobre fenómenos físicos; na segunda planta, exposicións temporais con carácter monográfico sobre diferentes temas científicos; a terceira planta está dedicada á natureza e á exposición dunha parte da colección do naturalista galego Víctor López Seoane; e na cuarta planta está o Planetario que conta cun proxector principal e máis de 30 proxectores especiais cos que se poden reproducir os movementos celestes. Dispón, ademais, de biblioteca e salón de actos. Organiza ciclos de conferencias sobre temas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro beneditino situado en Betanzos. Recibiu tamén o nome de San Paio de Xeronzo e Santa María das Donas. Fundouno o conde Froila Bermúdez e refundouno cara ao 1138 o conde Vermudo; este último entregoullo á súa filla Urraca e en 1145 foi doado ao mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes.
-
PERSOEIRO
Escritor e político italiano. De ascendencia nobre, recibiu en Milán unha sólida formación humanista. Estivo ao servizo de Ludovico Il Moro, de Francesco Gonzaga, co que combateu contra os franceses no Garellano, de Guidubaldo da Montefeltro e de Francesco Maria della Rovere, en Urbino. Durante estes anos desempeñou múltiples cargos, como as súas embaixadas en Inglaterra, en Milán, ante o rei de Francia, e en Roma, onde tratou a Raffaello Sanzio. Foi nuncio do Papa Clemente VII na corte imperial de Madrid, onde gozou da estima de Carlos V. A súa obra mestra é Il Cortegiano (1528), un tratado en catro libros en forma de diálogo no que ofrece unha visión idealizada da sociedade aristocrática do Renacemento. Xunto con Machiavelli, contribuíu á creación do ideal humano renacentista que debía ter unha formación integral e conxugar o exercicio físico coa elegancia dos modais, a cultura literaria e a virtude. Compuxo, ademais, unha égloga titulada Tirsi, o prólogo á...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, drenado polo río Guadiamar e situado nos contrafortes occidentais da serra de Aracena (1.600 h [1996]). Destacan os xacementos de pirita, galena e fluorita. Os principais cultivos agrícolas corresponden aos cereais e ao tabaco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cavada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación creada o 24 de xuño de 1823 entre os territorios de Guatemala, Honduras, El Salvador, Nicaragua e Costa Rica. Ata 1822 Guatemala constituíu unha capitanía xeral que agrupaba a toda Centroamérica, e nesa data pasou a formar parte do territorio mexicano. En 1823 os liberais asumiron o goberno de México, polo que se produciu unha nova ordenación territorial: independencia de América Central (agás Chiapas e Soconusco) e unión de Panamá á Gran Colombia. O primeiro presidente das Provincias Unidas de Centroamérica foi Manuel Arce e a capital federal estableceuse na cidade de Guatemala. O rexionalismo impediu o éxito desta iniciativa para o futuro desenvolvemento da zona e provocou unha guerra civil. En 1830 tomou a presidencia Francisco Morazán e en 1834 a capital trasladouse a El Salvador. A crise medrou coa deserción de Nicaragua, Honduras e Costa Rica, feito que deu lugar á desintegración da federación en 1838.
-
-
Apelido de orixe toponímica. Procede do sintagma latino *(terras) cineratas ‘terras queimadas’. Documéntase no s XVIII: “Bernardo Cernadas” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 91).
-
Liñaxe que tomou o seu nome dun dos moitos topónimos homónimos. As súas armas levan o escudo cortado: primeira partición, en campo de goles, cun brazo armado de prata, movente do franco sinistro, cunha espada denuda na man; segunda partición, en campo de azul, cunha peneira de prata.
-
-
GALICIA
Sacerdote e poeta. Coñecido como Cura de Fruíme, a súa obra en galego caracterízase pola reivindicación da identidade galega fronte ao menosprezo común na época. Cultivou a poesía de circunstancias e de corte epigramático en galego e castelán. Adscrito ao neoclasicismo, ten unha certa influencia prerromántica. En vida publicou, entre outras obras, Padrón festivo del Carmen empadronado en la Ilustre Villa de Iria Flavia [...] (1752), Vindicias históricas por el honor de Galicia (1760), Funeral ofrenda en las exequias de Feijóo (1765), Apelación de una sentenza poco piadosa [...] (1766) e El No lo entiendo del Cura de Fruíme [...] (1769). A maior parte da súa produción apareceu postumamente baixo o título Obras en prosa y verso del Cura de Fruíme (1778-1781), no que se inclúen varios entremeses compostos co gallo das festas da súa parroquia, que incorporan a lingua galega para caracterizar algúns personaxes, entre eles Loa...
VER O DETALLE DO TERMO