"EAT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 257.

  • Celebración internacional que comezou en 1961 a partir dunha iniciativa do Instituto Internacional do Teatro, organismo creado en 1948. A data escollida para a celebración foi o vinte e sete de marzo pois nese mesmo día, en 1956, tiña lugar en París o primeiro encontro do Teatro das Nacións, xuntanza na que participaron representantes das máis diversas tradicións teatrais do planeta. Todos os anos, o Instituto Internacional do Teatro encarga a unha personalidade destacada a elaboración dun manifesto que se fai público na data sinalada nun significativo número de países e linguas, mentres en Madrid a comunidade teatral coloca unha bufanda branca arredor do colo da estatua de Valle-Inclán situada no Paseo de Recoletos, un costume instaurado en 1983 por Chatono Contreras e Manuel Gómez García, tamén promotores en 1992 do Alfinete de Prata, galardón co que se premia o labor de apoio e potenciación da creación dramática e teatral. En Galicia, a celebración do Día Mundial do Teatro corre a cargo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa provenzal. Coñecida como a condesa de Dia, casou con Guillerme de Poitiers. Do seu labor trobadoresco consérvanse cinco cansós sinxelas e apaixonadas, nas que expón detalladamente os temas dos celos e da infidelidade do seu amante (Rimbaut de Orange), e pondera a súa propia beleza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado aos pés da Acrópole de Atenas, formou parte dun santuario dedicado a Dióniso Eleutéreo, do que se conservan restos de dous templos. A primitiva construción tiña as bancadas de madeira pero reconstruíuse en pedra no s IV a C e reformouse en tempos de Nerón. A cávea tiña capacidade entre 14.000 e 17.000 espectadores. Consérvanse as bases das estatuas que decoraban a cávea e o inicio da escena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro creado en Madrid en 1970 por un grupo de alumnos da Real Escuela de Arte Dramático, entre os que estaban Juanjo Granda e José Pérez Valtierra. Desenvolveu unha liña de traballo baseada na exploración da farsa e do ritual grotesco, que tanta influencia tiveron nas primeiras pezas da literatura dramática galega dos anos setenta. Entre os seus espectáculos cómpre salientar: Paraphernalia de la olla podrida (1972); Pasodoble (1975), a partir de textos de Miguel Romero Esteo; e Danzón de exequias (1974), sobre un texto de Michael de Ghelderode.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teatro londinense antigamente denominado Teatro Real. O actual edificio é o cuarto en ocupar a mesma situación, en Bridges Street. O primeiro, denominado Theatre Royal, foi construído en 1663 por Thomas Killigrew para acoller a compañía The King’s Men, que posuía unha das dúas patentes para representar espectáculos teatrais, mentres a outra era dos propietarios do Covent Garden. Foi destruído por un incendio, pero en 1674 Christopher Wren levantou un novo teatro. Á súa fronte situouse, en 1747, David Garrick, un dos actores máis célebres do teatro inglés da época, que realizou unha fonda transformación dos métodos de realización e produción. Converteu o Drury Lane nun dos referentes da incorporación dunha incipiente tecnoloxía teatral. En 1776 a patente e a dirección do teatro pasaron a mans de Richard Brinsley Sheridan, quen construíu un novo edificio en 1794, cunha capacidade para 3.600 espectadores, tamén destruído nun incendio en 1809. O actual edificio foi inaugurado en 1812, e foi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SIGLAS

    Sigla de Tanzania na placa de Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Elea ou aos seus habitantes.

    2. Habitante ou natural de Elea.

    3. Relativo ou pertencente á escola filosófica de Elea.

    4. Membro da escola de Elea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro creado en 1990 na Coruña por Manuel Lourenzo e no que realizaron os seus primeiros traballos actores como Xesús Balboa, Iván Tojeiro ou Pablo Rodríguez, a partir de textos escritos polo seu director, como O avión paranoico, A velada de Londres, A estratexia do Narco ou O regreso. A compañía tamén foi responsable da revista Cadernos de Teatro, dirixida por Francisco Pillado Mayor, que presentou un total de nove entregas, con textos de Xoán da Cova, Xesús Pisón, Paulino Pereiro, Joan Cavallé, Louis Aragón ou André Breton.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornadas de análise e debate sobre o feito teatral que se celebraron en Cangas do Morrazo (1997, 1998 e 1999) e Viana do Castelo (1997, 1998), organizadas polo Teatro do Noroeste de Viana, pola Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e polo Instituto Galego de Estudios e Investigacións Teatrais (INGAT), e baixo a dirección de José Martins e Manuel F. Vieites. Participaron actores, directores, escenógrafos, dramaturgos, críticos, programadores e outros creadores vinculados á creación teatral. Os relatorios e debates publicáronse en Ensaio, Revista de Teatro de Galicia e do Norte de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Condesa de Lemos, filla de Rodrigo Enríquez de Castro e Tareixa Osorio. Coñecida como Beatriz de Castro a Fermosa, o seu pai e a Raíña Isabel a Católica concertaron o seu matrimonio con Denís de Portugal, fillo do duque de Bragança e irmán do Rei Manuel I de Portugal, co que casou en 1502. Enviuvou en 1516 e casou en segundas nupcias con Álvaro Osorio en 1521. Reparou o palacio condal, a fortaleza e as murallas de Monforte de Lemos e, debido aos numerosos preitos que mantivo cos señores do Reino de Galicia, prohibíuselle a súa residencia en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na antiga cidade de Epidauro sobre unha ladeira, construíuno Policleto o Novo cara ao 360 a C. Cunha capacidade de 14.000 espectadores, destaca pola súa acústica, que permite escoitar calquera son emitido, dende un murmurio ata a rachadura dun papel, dende a orquestra circular en calquera lugar da bancada. Dende 1954 celébrase un festival de teatro clásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio á creación dramática convocado en 1979 pola Escola Dramática Galega, co obxectivo de promover a aparición de novos textos dramáticos de pequena extensión que abrisen novas portas para todos aqueles que estaban interesados en facer teatro. Ao mesmo tempo, facilitáballes a escrita a autores novos que ata o momento non publicaran texto ningún e tiñan aquí a posibilidade de darse a coñecer. Dende o ano 1979 premiáronse as obras: Lenda antiga do home que quererá voar, de Constantino Rábade Castiñeira (1979); A tertulia das máscaras, de Miguel Anxo Fernán-Vello (1981); A extraña señorita Lou, de Miguel Anxo Fernán-Vello (1982); O pauto, de Xesús Pisón (1983); A noite das noites, de Henrique Rabuñal (1984); Auto insólito do autor, de Miguel Anxo Fernán-Vello (1985); Paixón de Antía, de Antón R. Castro (1986); Como cartas a un amante, de Imma António Souto (1987); Traxicomédia do Pai Ternoster e unha pastora lusitana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro independente creado en Vigo en 1969. Realizou numerosos espectáculos, entre os que destacan Milagro en el mercado viejo e Historias para ser contadas, de Osvaldo Dragún; Historias del zoo, de Edward Albee; Burul, de Italo Ricardi; La orgía, de Enrique Buenaventura; El vendedor, de Xosé Antonio Perozo; El vendedor del pez, de Miguel Cobaleda e La taberna y las tinajas, de José María Rodríguez Méndez. Con algúns destes títulos realizaron durante algún tempo unhas campañas denominadas mesón teatro, que se realizaban todos os sábados no Mesón Pepe, como resposta ao café teatro, de tipo máis comercial. En 1972 e 1973 organizaron as I e II Jornadas de Teatro de Vigo, respectivamente, e promoveron a organización das III Jornadas de Teatro de Vigo en 1973. Estes eventos supuxeron a presenza en Vigo de importantes compañías nacionais como Els Comediants, o TEI de Madrid ou a Compañía de Danza Contemporánea...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro en réxime de cooperativa creada en 1980 polos colectivos Troula, Antroido e Andrómena co obxectivo de promover o desenvolvemento de unidades estables de produción e distribución teatral e potenciar o proceso de profesionalización do teatro galego iniciado en 1978. O seu único espectáculo foi Bailadela da morte ditosa, sobre un texto de Roberto Vidal Bolaño e dirixido por Eduardo Alonso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de talco, de cor branca verdosa, sumamente branda, que se denomina tamén xabón de xastre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘graxa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor de graxa ou lipoma de localización cutánea e subcutánea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acumulación excesiva de graxa nas nádegas.

    VER O DETALLE DO TERMO