Epidauro, teatro de
Epidauro, teatro de
Situado na antiga cidade de Epidauro sobre unha ladeira, construíuno Policleto o Novo cara ao 360 a C. Cunha capacidade de 14.000 espectadores, destaca pola súa acústica, que permite escoitar calquera son emitido, dende un murmurio ata a rachadura dun papel, dende a orquestra circular en calquera lugar da bancada. Dende 1954 celébrase un festival de teatro clásico.