epidemia

epidemia

(< gr ἐπιδημία)

s f [ECOL/PAT]

Aumento da frecuencia das manifestacións dunha enfermidade durante un período de tempo determinado nunha poboación, polo que a cantidade de infectados supera o número habitual de casos clínicos esperados. Provocan epidemias a peste bubónica, o cólera, o paludismo, o tifo e a tuberculose, aínda que as epidemias máis comúns son os arrefriados e a gripe. Cando as epidemias afectan a máis dun país denomínase pandemia e, cando o aumento de casos clínicos é pouco elevado, chámase brote. Foron especialmente graves as consecuencias das epidemias de peste bubónica, durante o s XIV, que significaron a morte de 25 millóns de persoas en Europa, e a de varíola que acabou con moitas comunidades indíxenas logo da chegada dos europeos a América.