"ELAS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 159.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Carteire (Palas de Rei). O seu cumio acada os 520 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de San Cristovo do Az (Rodeiro). O seu cumio acada os 745 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Recelle (Portomarín). O seu cumio acada os 583 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista. Foi deputado polo distrito de Mondoñedo (1916-1919) e pola provincia de Burgos durante tres lexislaturas. Organizou o Partido Agrario, foi nomeado alcalde de Madrid, así como ministro de Agricultura, Industria e Comercio (1935) e de Estado (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafa estadounidense. Colaboradora free lance da axencia Magnum desde 1976, viaxou por India, Chile, Nicaragua e El Salvador, e o seu traballo en América Central apareceu publicado na prensa mundial. Ademais de codirixir dous documentais en 1986 e 1991, publicou os libros Carnival Strippers (1976), Nicaragua (1981), Kurdistan: in the Shadow of History (1997) e Pandora’s Box (2002). Expuxo en Chicago, Londres e París, e recibiu a Medalla de Ouro Robert Capa (1979), a Leica Award for Excellence (1982) e o Hasselblad Award (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo grego. Destacou como autor teatral, con dramas sociais e históricos, e como director de escena. Fundou unha compañía que impulsou a renovación da arte escénica en Grecia. Escribiu novelas históricas, como O vello de Morea, sobre a figura de Kolokotronis, e O fillo de Psilorita (1958), evocación de Venizelos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Presenza de manchas pigmentarias escuras na pel, acompañadas de escamación furfurácea, que adoitan aparecer localizadas nas pernas.
-
Melasma que se caracteriza pola aparición de manchas pigmentarias localizadas na face durante o embarazo. OBS: Tamén se denomina cloasma.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos ascomicetos, da familia das humariáceas, que presentan o carpóforo en forma de copa, sésil e a marxe escura e algo engrosada con esporas reticuladas. En Galicia pódese localizar durante a primavera a especie M. chateri.
-
-
Relativo ou pertencente ás melastomatáceas.
-
Planta da familia das melastomatáceas.
-
Familia de mirtáceas, exclusiva das rexións tropicais, integrada por unhas 4.000 especies de plantas xeralmente leñosas, con follas simples, opostas ou verticiladas, con flores hermafroditas, tetrámeras ou pentámeras, e con froitos capsulares ou baciformes.
-
-
GALICIA
Actriz. Iniciou a súa andaina no teatro independente da Coruña, con diversos espectáculos de Teatro Circo e da Escola Dramática Galega, e desenvolveu unha grande actividade como actriz de dobraxe. Participou na fundación da Compañía Luís Seoane e traballou en espectáculos como As criadas (1980), Muller de mulleres (1982) ou Fausto (1984). Co Centro Dramático Galego interveu en Caderno de Bitácora (1985), As tres irmás (1987) e A casa dos afogados (1991), ademais de colaborar con Teatro do Atlántico e Producións Librescena.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico. Mestre de capela da catedral de Santiago de Compostela, foi o sucesor de Yanguas, desde 1719 ata 1723, ano en que marchou a Madrid para ocupar o maxisterio de capela do Convento de la Encarnación. Malia a súa breve estancia en Compostela, foi un dos músicos máis valorados, ata o punto de que moitas das súas obras polifónicas seguiron cantándose ata ben entrado o s XX. Delas consérvase só unha pequena parte no arquivo da catedral compostelá.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo provincial situado na Coruña. Estivo instalado nun edificio neoclásico de Pedro Cermeño da rúa Panadeiras e en 1995 trasladouse ao antigo convento das Capuchinas, nun edificio rehabilitado por Manuel Gallego Jorreto do que se conservou a fachada. Pertence ao Consello Galego de Museos. A base dos seus fondos constituíuse con obras que procedían do Museo del Prado, ás que se agregaron outras procedentes de diversas institucións públicas e privadas. Acolle coleccións de pintura, escultura, gravado e cerámica dos ss XVIII-XX e ten unha sección de libros antigos e autógrafos. Conta tamén cunha sala dedicada á arte galega, salas de exposicións temporais e o foro, espazo de recepción onde se mostra a escultura galega contemporánea. Foi declarado Ben de Interese Cultural en1962.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Zanfoga (Pedrafita do Cebreiro). O seu cumio acada os 1.173 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de narracións de Miguel de Cervantes. Publicadas en 1613, foron unha auténtica revolución dentro do xénero, xa que era a primeira vez que se utilizaba o relato curto para a elaboración dunha obra. Influenciado pola novella italiana, na obra aparecen unha gran variedade de temas e ambientes, se ben a sátira e o realismo son un fío de unión entre todas as historias. Están compostas por doce relatos, dos que destacan La gitanilla, Rinconete y Cortadillo, El licenciado Vidriera, El coloquio de los perros e La ilustre fregona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da física que estuda as propiedades ópticas das substancias sólidas sometidas a deformacións.
-
PERSOEIRO
Pintor e tratadista de arte. Pintou ao óleo e tamén ao fresco. Traballou no coro da igrexa de San Esteban de Salamanca (1707) e na cartuxa de Granada (1712). Publicou Museo pictórico y escala óptica (1715-1724) e pintou Inmaculada e diversos frescos como os das igrexas de Sant Joan del Mercat e Nostra Senyora dels Desamparats de València.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Fillo máis novo dunha familia.
-
Derradeiro clasificado nunha competición deportiva.
-
-
-
ILLAS
Grupo de illas do Mediterráneo, situadas entre Sicilia e Tunisia, na provincia de Agrigento, Italia (28 km2; 5.510 h [1991]). As máis importantes son Lampedusa e Linosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo pelasgo.
-
Individuo do pobo pelasgo.
-
Pobo que habitaba en Grecia e outros territorios de Asia Menor, Creta, Sicilia e Italia meridional, antes da chegada dos helenos ao territorio grego. Crese, aínda así, que foron, os habitantes das proximidades de Tessalia que constituíron un estado de poboación prehelénica.
-