"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional creada en Oleiros e que en 1996 presentou o seu primeiro espectáculo, As criadas, a partir do texto homónimo de Jean Genet, con dirección de Elina Luaces.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quedar o ceo limpo de nubes, despexado e aberto no horizonte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Albaca.
-
-
Tornarse de cor branca ou máis clara.
-
Empezar a saír o sol pola mañá.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista literaria aparecida en Forcarei (Pontevedra) o 31 de maio de 1931. Foi fundada por Xosé Caldera Manzano e Virxilio Blanco Garrido, que ademais era redactor artístico. Os seus contidos versaban fundamentalmente sobre cultura, política e sociedade.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Jaén, Andalucía, na comarca de Los Montes (21.558 h [1996]). O núcleo urbano está ao redor do castelo árabe de La Mota. Cultivo de oliveira e fabricación de aceite de oliva. Conquistada por Afonso VIII en 1213, volveu novamente a poder musulmán. Conquistada definitivamente en 1311 por Afonso XI.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peza dramática de Calderón de la Barca, publicada no ano 1651, aínda que escrita seguramente máis de dous anos antes, que ten como precedente directo a obra menor do mesmo título e tema, de Lope de Vega, inspirada nun feito real. Partindo do tema da honra, opón os dereitos da persoa ás convencións establecidas pola lei. O capitán Álvaro de Ataide rapta e forza a filla do rico plebeo Pedro Crespo, que, nomeado alcalde, axustiza ao capitán, que se negaba a casar con ela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cheirar dun xeito que resulta moi desagradable.
-
PERSOEIRO
Xurisconsulto italiano. Destacou polo uso do método histórico e lingüístico no estudo do Dereito Romano. Escribiu un tratado sobre o emblema, Emblematum libellus (1522).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Navío empregado nas escavacións e prospeccións subacuáticas, semellante a un off shore para perforacións petrolíferas, pero coa diferenza de que emprega un tubo semirríxido para facer descender ata as profundidades unha cápsula con diferentes detectores (sonar, cámara de televisión, etc) conectados ao panel de mando do barco.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, á beira do río Guadiana (1.626 h [1996]). Cultivos mediterráneos (cereal, oliveira e vide) e gandería lanar.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Sevilla, Andalucía, na beira do río Guadalquivir (3.398 h [1996]). Industrias alimentarias e de pensos. Dentro do termo encóntranse as ruínas romanas de Arva (alfares e termas) e unha necrópole de época tardía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla que tivo lugar o 28 de setembro de 1868 preto de Alcolea (Córdoba). As forzas sublevadas en Cádiz, mandadas por Serrano, derrotaron ao exército de Pavía, avanzando así ata Madrid. Este combate significou a fin do reinado de Isabel II e o triunfo da Revolución de Setembro, chamada A Gloriosa.
-
-
Entidade de poboación de pequeno tamaño que acolle a varias familias. Coma entidade local de ámbito inferior ao parroquial supera a simple connotación de conxunto de casas máis ou menos contiguas: é unha comunidade social baseada en razóns históricas e ecolóxicas, onde se mantén unha intensa relación co medio. A aldea ten un valor morfolóxico e socio-antropolóxico. Dentro da Península Ibérica, Galicia, norte de Portugal e parte de Asturias son as áreas propias da aldea como asentamento de poboación de exiguas dimensións. Noutros países de Europa existen termos para definir establecementos de pouca magnitude e escasa influencia como centros de mercado e servicios, pero cunha importante disposición sobre o territorio: o hameau francés, o hamlet inglés, o weiler alemán, os casali italianos, o catun de romeno, o kolibé búlgaro, etc. A aldea é a célula básica da ocupación do espazo rural en Galicia. O interese xeográfico sobre a concentración...
-
Concepto que xorde co espallamento das novas tecnoloxías da comunicación, que permiten coñecer en directo todo tipo de acontecementos que suceden en lugares do mundo afastados da persoa que ten acceso a esa información. Comezouse a usar esta expresión conforme se foi xeneralizando o correo electrónico e as charlas por Internet ou chats, hoxe por hoxe dúas das maneiras máis rápidas e baratas de se comunicaren persoas con acceso a redes de telecomunicación desde calquera parte do mundo. Marshall McLuhan, quen definiu os medios de comunicación como a prolongación dos sentidos do home, é o pai intelectual da aldea global, concepto que enuncia no seu libro Galaxy Gütenberg. Pierre Lévy distingue hoxe tres fases na evolución cultural: unha primeira sería a das pequenas sociedades pechadas, de cultura oral, que vivían unha totalidade sen universalidade; a segunda sería a das sociedades civilizadas, imperiais, que utilizaban a escritura e fixeron xurdir unha universalidade totalizadora;...
-
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha (2.240 h [1996]). Agricultura mediterránea (cereal, oliveira, vide) e gando lanar. Pertenceu á Orde de Calatrava.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Tarragona, ao comezo do delta do Ebro (3.563 h [1996]). Segregouse no 1983 do concello de Tortosa. Ten oliveiras, alfarrobeiras, amendoeiras, horta e gandería. Restos neolíticos e íberos.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Salamanca, Castela e León (1.741 h [1996]). No ano 1964 construíuse o encoro de Aldeadávila, sobre o Douro, cunha das centrais hidroeléctricas máis importantes da Península Ibérica.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á aldea.
-
Natural ou habitante dunha aldea.
-
Persoa de modais pouco puídos.
-
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Cáceres, Extremadura, na bisbarra da Vera (2.584 h [1996]). Dedícase ao gando lanar. Ten numerosos muíños e canteiras.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da Comunidad Autónoma de La Rioja, drenado polo Ebro (2.523 h [1996]). Ten cultivos de cereal e viño. Arquitectonicamente, unha igrexa do s XVl.
VER O DETALLE DO TERMO