"Ebra" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 116.
-
-
Que está provisto de columna vertebral.
-
-
Relativo ou pertencente aos vertebrados.
-
Cordado do subfilo dos vertebrados.
-
Subfilo de cordados en que a notocorda se substitúe por unha columna vertebral, que está constituída por cartílagos cun cranio no extremo anterior. Comprenden as clases dos condritios, osteíctios, anfibios, réptiles, aves e mamíferos.
-
-
Que está organizado ou estruturado segundo algún criterio determinado.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás vértebras.
-
columna.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dotar algunha cousa de estrutura ou cohesión interna ao organizar as súas distintas partes ou elementos.
-
PERSOEIRO
Teólogo e ecumenista. Presidiu o Secretariado para a Unión dos Cristiáns (1968-1989). Participou no Concilio Vaticano II, no relativo aos temas sobre liberdade relixiosa e relacións coas relixións non cristiás. Consagrado bispo (1964), foi nomeado cardeal por Paulo VI (1969) e arcebispo de Utrecht (1976-1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
2ceba.
-
-
herba dos cantores.
-
mostaza negra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de xebrar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arredar unha persoa, animal ou cousa doutras coas que está en contacto, especialmente as reses para que cada unha vaia á súa corte ou os cuxos para que non sigan mamando da súa nai.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bebida espirituosa duns 40° alcohólicos que consiste nunha augardente de cereais como malta ou millo, con froitos de cimbro macerados e aromatizado con outras herbas.
-
CAPITAIS
Capital do cantón homónimo, Suíza, situada no extremo SO do lago Léman ou de Xenebra (175.000 h [2001]). O Roine divide a cidade en dúas partes. Á esquerda atópase o outeiro onde está o núcleo antigo, coa catedral como punto máis alto. A cidade conserva unha función administrativa de carácter supranacional, é sede de diversos organismos internacionais como o GATT, a EFTA ou os servizos europeos da ONU. É tamén un núcleo industrial e financeiro. A súa industria está moi diversificada, e destacan os reloxos, a xoiaría, os instrumentos científicos e a maquinaria eléctrica. Foi ocupada e fortificada por César e estivo en poder dos burgundios (s V), os francos (534), de Lotario (843), do Reino de Borgoña (879) e do Imperio Xermánico (1033). A burguesía, enriquecida polo desprazamento das rutas comerciais a causa da Guerra dos Trinta Anos, tratou de apropiarse do goberno municipal e enfrontouse ao bispo e á casa de Savoia, señora da cidade desde 1401. En 1533 expulsouse o bispo e en 1535 adoptouse...
VER O DETALLE DO TERMO -
CANTÓNS
Cantón de Suíza (282 km2; 406.700 h [2000]). A súa capital é Xenebra. Incluído no extremo occidental do lago Léman, forma como un estreitamento que se estende ata Francia. É un cantón moi poboado cunha maioría de poboación urbana de lingua francesa. Ten cultivos de cereais e viñas e críase gando bovino. A actividade industrial concéntrase na capital.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión internacional realizada en Xenebra do 26 de abril ao 21 de xullo de 1954 para tratar os problemas de Extremo Oriente. Non se tomou ningunha resolución respecto á unificación de Corea e, en canto a Vietnam decidiuse a división provisional en dúas zonas e a celebración de eleccións ao cabo de dous anos co obxectivo de reunificar o país.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordos internacionais asinados en Xenebra co fin de establecer uns criterios de protección para as vítimas de guerra. A primeira convención (1864) acordou a protección en tempos de guerra dos soldados enfermos e feridos. A segunda (1906) ampliou os acordos anteriores aos combates navais. A terceira (1929) elaborou un estatuto relativo ao tratamento aos prisioneiros de guerra. A última (1949) acordou a protección xurídica á poboación civil. Estes acordos sempre estiveron vinculados á Cruz Vermella Internacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Léman.
-
GALICIA
Pintor e escritor. Realizou debuxos e paisaxes e os carteis promocionais dos Camiños de Santiago do Ano Santo Compostelán de 1993 e 1999. Cronista oficial de Monterroso, escribiu Os Xeitos Doxe (1977), Monterroso, pasado y presente (1987) e Pazos y señoríos da provincia de Lugo (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Doutor en Dereito e catedrático de Dereito Financeiro na Universidade de Santiago de Compostela, foi deputado por UCD (1977-1982), membro do Consello de Europa (1979), director xeral de Xustiza da Xunta de Galicia (1987-1988) e maxistrado suplente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (1990-1993). Vogal do Padroado do Museo do Pobo Galego, das súas obras destacan La descentralización económico-financiera en Alfredo Brañas (1971), Castelao e a facenda galega (1989), Los principios del derecho financiero y tributario en la ley fundamental de Bonn (1991) e Constitución financiera española: veinticinco años (2004).
VER O DETALLE DO TERMO