"Hel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 558.
-
PERSOEIRO
Escultor francés. Irmán de Jean Colombe, pertenceu á escola do Loire. Introduciu o estilo renacentista italiano. É o autor do sepulcro do duque Francisco II de Bretaña e Margarida de Foix na catedral de Nantes (1502-1507) e do relevo de San Xurxo e o dragón (1508-1509) para o castelo de Gaillon, no que os trazos do gótico se mesturan con elementos renacentistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Especializouse en pintura mural de perspectivas arquitectónicas fiticias. Colaborou con Mitelli na decoración mural de pazos e igrexas de Boloña, Ferrara e Roma e na corte de Filipe IV (1658-1662).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
1 couselo.
-
Denominación común coa que se coñecen certos moluscos, como a voandeira e o berberecho.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiu a entidade política, coñecida como Suíza, establecida entre varias comunidades alpinas entre 1291 e 1848, ano en que se aprobou a Constitución que a organizaba de xeito federal. Malia que a súa denominación oficial é Schweizerische Eidgenossenschaft, Confédération Suisse e Confederazione Svizzera, o acrónimo CH emprégase nas placas dos automóbiles.
-
PERSOEIRO
Compositor e musicógrafo francés. Exerceu a docencia e foi organista. É autor de cantatas, pezas de cámara, numerosos concertos e creou variacións para órgano sobre temas populares. Escribiu diversos métodos sobre técnica instrumental para violín e frauta, entre os que destaca L’école d’Orphée (A escola de Orfeo, 1738).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
No culto católico, pedra consagrada no centro do altar que contén reliquias, polo xeral de mártires ou santos, sobre a que o sacerdote celebra a misa e a eucaristía cando o altar non está consagrado.
-
Pedra consagrada na que se fan ou depositan ofrendas ás divindades, nalgunhas culturas en forma de sacrificio de seres vivos. Xeralmente é de dimensións reducidas e está inserida nunha construción maior; sen embargo, en ocasións chegan a ter entidade de edificación autónoma. No antigo Exipto podían ser cadradas, poligonais, cilíndricas ou troncocónicas. En Asia Menor adoitaban consistir nunha mesa cun ou catro pés. En Grecia eran de pedra ou arxila. A ara romana estaba formada por tres corpos: o superior ou cornixa, saínte e cun ou varios focus ou foculus, oco destinado a gardar as ofrendas; o central, un pouco máis retraído e de maior altura que albergaba o texto epigráfico; e o inferior que facía de basa. As aras estaban destinadas ao culto do emperador e dos deuses, salientando as dedicadas a Xúpiter baixo diferentes advocacións. As aras atopadas na Gallaecia seguen o modelo tradicional da ara clásica romana; o conxunto máis amplo de aras procede do castro de Donón...
-
-
-
Acción e efecto de arar.
-
Parte da corda utilizada para amarrar os cornos da vaca ao xugo.
-
-
-
Plantas da familia das ninfeáceas, herbáceas acuáticas perennes, cun forte rizoma que permanece enterrado nos fondos lamacentos do que saen as follas aboiantes ou parcialmente emerxidas e circulares de ata 30 cm. Presenta flores brancas, amarelas ou rosas, illadas e con numerosos estames.
-
Ara de flores amarelas de 4 a 6 cm de diámetro, de 5 ou 6 sépalos amarelos cóncavos, 20 pétalos menores e máis estreitos, e estames numerosos e apertados. Propia de cursos lentos ou augas estancadas de ata 3 m de fondura. Aparece na Galicia oriental en sistemas turbosos montañosos.
-
Ara de flores brancas de 10 a 20 cm de diámetro, de máis de 20 pétalos. Especie de cursos lentos e lagoas de menos de 2 m de fondura de toda Europa. Tamén empregada en xardíns para adornar os estanques.
-
-
PERSOEIRO
Sociólogo francés. No ano 1970 foi nomeado director de investigacións do Centre National de Recherches Scientifiques e presidente da Société Française de Sociologie. Dedicou a súa investigación á socioloxía do traballo nas sociedades modernas e, dun xeito especial, á análise dos factores estruturais da resistencia ao cambio nas actitudes profesionais, que amosou en distintas obras como Le phénomène bureaucratique (O fenómeno burocrático, 1964), La Société bloquée (A sociedade bloqueada, 1970) ou On ne change pas la société par décret (A sociedade non se cambia por decreto, 1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor e industrial alemán. Foi director técnico da Gasmoterenfabrik Deutz de Colonia, empresa na que se construíu o motor de gas de catro tempos de velocidade regulable. En 1883 fundou un taller experimental en Cannstatt, onde estudiou un dos primeiros motores de combustión interna, o primeiro no que se empregaba gasolina como carburante, que incorporou primeiro a unha bicicleta (1885), a un vehículo de catro rodas (1886) e a unha embarcación. Patentou un gran número de perfeccionamentos mecánicos relacionados coa automoción. No ano 1890 fundou a Daimler Motoren Gesellschaft en Cannstatt, firma que construíu os primeiros automóbiles Mercedes.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Mauritania (22.300 km2; 83.246 h [estim 1992]). A capital é Nouadhibou (88.313 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Canteiro. Estudiou na Escola de Canteiros de Poio. Realizou reproducións de escudos, restauracións de cruceiros, chemineas, fontes, reloxos de sol e outras pezas de cantería en Pontevedra, Ponteareas e Zaragoza, entre outros lugares. Colaborou na montaxe de exposicións na Escola de Cbanteiros de Poio e realizou exposicións en Pontevedra e As Pontes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Participou activamente na resistencia antifascista. Foi senador (1948-1958), deputado na Asemblea Nacional dende 1963 e deputado no Parlamento europeo dende 1979. Foi ministro de Xustiza (1958-1959), primeiro ministro (1959-1962), ministro de Finanzas (1966-1968), ministro de Asuntos Exteriores (1968-1969) e ministro de Defensa (1969-1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e químico neerlandés. Realizou os seus estudios na Universität München, onde acadou o grao de doutor en 1908. Foi profesor das universidades de Zúric, Utrecht, Göttingen, Leipzig e Berlín. En 1940 trasladouse aos EE UU, onde deu clases na Cornell University, en Ithaca (Nova York). Obtivo a nacionalidade estadounidense en 1946. Estudiou a teoría da disolución dos sales, os momentos dipolares e a estrutura molecular. Difundiu a idea da ionización dos sales en disolución de Arrhenius en estado sólido cristalino. No ano 1936 concedéuselle o Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a polaridade eléctrica das moléculas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo francés. Especialista en arqueoloxía gala e romana, escavou o Monte Beauvray. Foi membro da Academia de Inscricións e Belas Artes dende 1911 e conservador do museo de Roanne. Colaborador de numerosas revistas científicas, entre as súas obras destacan Essai sur la chronologie préhistorique de la Peninsule Ibérique (Ensaio sobre a cronoloxía da Península Ibérica, 1909) e Manuel d’archéologie préhistorique celtique et gallo-romaine (Manual de arqueoloxía prehistórica céltica e galorromana, 1908-1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático alemán. Discípulo de Gauss, exerceu como profesor no politécnico de Zúric (1858) e na Technische Hochschule de Brunswick. Foi un dos abandeirados de dúas das correntes básicas que deron orixe á matemática moderna: a formalista e a loxicista. Construíu unha teoría xeral dos ideais. Definiu os números irracionais por medio do concepto de “corte” dentro do conxunto dos racionais, teoría que chegou a ser clásica. Unha gran parte dos seus traballos desenvolvéronse nunha época moi posterior, así o demostra a influencia da súa obra na matemática posterior. É o autor de A Stetigkeit und irrationale Zahlen (1872), Über die Theorie der ganzen algebraischen Zahlen (1879) e Was sind und was sollen die Zahlen? (1888).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Publicou, entre outras obras: Le monde de Thomas Mann (O mundo de Thomas Mann, 1962), Actes (Actos, 1966), Poèmes 1960-1970 (Poemas, 1973) e Tombeau de Du Bellay (A tumba de Du Bellay, 1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Organista e clavecinista, foi músico da corte de Luís XIV. En 1683 nomeárono sub-mestre da capela real, en 1685 compositor de música de cámara, dende 1689 superintendente de música de cámara e posteriormente mestre de música de cámara. Foi autor de motetes de vasta concepción polifónica, de ballets e dun gran número de pezas de concerto para a corte. Da súa produción destacan Ballet de la jeunesse (O baile da mocidade, 1686) e Sinfonies pour les soupers du Roi (Sinfonías para as ceas do rei).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Durante a ocupación alemá colaborou en Action Française. A súa narrativa, representada por obras como Je ne veux jamais l’oublier (Non quero esquecelo xamais, 1950) ou La corrida (1952), manifesta unha insolencia elegante, pesimista e plena de nostalxia. Dos seus escritos políticos destacan L’armée d’Algérie et la pacification (O exército de Alxeria e a pacificación, 1959) e La carotte et le bâton (A cenoria e o pao, 1960). Membro da Académie Française desde 1978.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles, da familia dos dermoquélidos, ao que pertence o sapoconcho coriáceo.