"ISS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 194.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hemorraxia dixestiva, a miúdo en forma de hematémese, que se orixina por unha esgazadura da mucosa do esófago. Obsérvase en pacientes alcohólicos e adoita ir precedida de vómitos intensos.
-
PERSOEIRO
Poeta e combatente armenio. Fundou en Francia as revistas Tchank e Machagouyt. Ao estalar a Segunda Guerra Mundial formou en Francia un grupo de combatentes composto por húngaros, italianos, españois, armenios e xudeus, coñecido como grupo Manouchian. Foi detido e executado xunto con outros membros do seu grupo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, debuxante, gravador e escultor francés. Discípulo de Gustave Moreau, inicialmente traballou seguindo un estilo académico, pero pronto cultivou o impresionismo influído por Cézanne. Orientouse despois cara ao neoimpresionismo (Luxe, calme et volupté, 1904) e cultivou o fauvismo (1905-1908), converténdose no seu principal representante (Portrait à la raie verte, 1905). Simplificou o seu estilo, con grandes pinceladas de cor intensa separadas por trazos negros e liñas arabescas, destacando a súa obra Le bonheur de vivre (1906), pero continuou sempre baixo unha heterodoxia, fiel ao fauvismo. Dúas viaxes a Marrocos (1911-1913) e a atracción polo cubismo levárono cara a novas buscas simplificadoras (Le peintre et son modele, 1916). En 1917 iniciou unha etapa naturalista, de cores claras e luminosas e pintou interiores e a serie das odaliscas, das que destaca L’Odalisque au coffret rouge (1926). Desde 1928 retomou a simplificación, con novos...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Saxonia, Alemaña, situada á beira do río Elba (34.700 h [1990]). Fundada en 929 por Enrique I de Alemaña, converteuse na capital dunha poderosa marca, e pasou a Prusia en 1745. O castelo de Albrechtsburg, dos últimos momentos do s XV, converteuse en sede da manufactura de porcelana de Meissen. Fundada en 1710 por J. F. Böttger, descubridor en Europa da fórmula da porcelana dura chinesa, foi a primeira manufactura europea deste tipo de porcelana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Corpúsculo táctil, formado por terminacións nerviosas, sensible á presión e ao tacto, que se localiza principalmente na pel dos dedos, dos beizos e das mamilas.
-
PERSOEIRO
Fisiólogo alemán. Estudou a innervación vexetativa do intestino (plexo submucoso de Meissner) e dos riles, así como a composición química da urina. Das súas obras destaca Untersuchungen über die elektrische Ozonerzeugung (1871).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, gravador e escultor francés. Cultivou o tema histórico e de xénero, de factura minuciosa e de pequeno formato, que impuxo como moda. En 1834 deuse a coñecer coa obra Le visite chez le bourgmestre. Pintou a epopea napoleónica en Campagne de France, 1814 (1864) e destaca Le siège de Paris (1870). Foi o primeiro pintor galardoado coa Légion d’Honneur.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, escultor, ourive e decorador italiano. En 1726 foi designado ourive e decorador oficial do Rei Luís XV de Francia. Foi un dos mestres da decoración rocalla e caracterizouse por un forte gusto polo exuberante e imaxinativo. Escribiu varios tratados sobre decoración, como Livre d’ornemens inventez et dessinez par Meissonnier (1734).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das lamiáceas, que presenta follas ovadas, flores en verticilos axiais, brancas ou rosadas, co cáliz campanulado e o labio inferior trilobado. En Galicia localízase a especie M. officinalis.
-
PERSOEIRO
Escritora marroquí. Referencia de diversos organismos internacionais, converteuse nunha voz destacada e activa da intelectualidade do mundo árabe e unha autoridade mundial nos estudos coránicos. Publicou Al Hubb fi hadaratina al-Islamiya (O amor na nosa civilización islámica, 1983), Nissa’ al’ Gharb (Mulleres de Gharb, 1985), Islam and Democracy: Fear of the Modern World (1992), Les Ait-Débrouille (1997), Scheherazade Goes West (2001) e As sultanas esquecidas (2003). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de las Letras (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor francés. Empezou a súa traxectoria no teatro para logo facer papeis no cine. Da súa filmografía destacan Les Diaboliques (1955), L’armée des ombres (1969), Les Voraces (1973) e Le Gitan (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Holding industrial francés fundado en 1863 polos irmáns André e Édouard Michelin. Agrupa máis de 80 empresas distribuídas en diversos países, dedicadas principlamente á fabricación de pneumáticos e cubertas de caucho.
-
PERSOEIRO
Escritora inglesa. Coñecida como Agatha Christie, especializouse en novelas de misterio que tiveron unha gran difusión en todo o mundo. Creou a figura do detective belga Hercule Poirot, xa na súa primeira obra, The Mysterious Affair at Styles (1920), e a da investigadora privada Miss Marple (Murder at the Vicarage, 1930). Da súa produción tamén destacan The Murder of Roger Ackroyd (1926), Murder on the Orient Express (1933), Ten Little Niggers (1939), Witness for the Prosecution (1953) e Curtain (1975). Foi autora de obras de teatro como The Mousetrap (1952), que é o espectáculo que máis anos leva en cartel no mundo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico. É un dos fundadores da citoloxía e a fisioloxía vexetais e autor de traballos memorables sobre as carrizas. Escribiu Elémens de physiologie végétale et botanique (1815).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mediametraxe filmada en 1916 polo fotógrafo José Gil, que constitúe a primeira película galega de ficción que se conserva. Foi obxecto de dúas reconstrucións, nas décadas de 1980 e 1990. Con guión de Rafael López de Haro, destaca polas paisaxes pontevedresas e a interpretación dun grupo de actores afeccionados de Pontevedra, entre os que figura Castelao nun breve papel secundario.
-
-
Tratamento inglés, anteposto ao apelido, que recibe a muller solteira.
-
Título que se lle dá á gañadora dun concurso de beleza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Misal Auriense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Misal Compostelano.
-
PERSOEIRO
Economista británico. Destacado seguidor do bullionismo, explicou a crise da industria británica a comezos do s XVII a causa da saída de ouro e prata debido a un exceso de importacións. Escribiu Free Trade or the Means to Make Trade Flourish (1622) e The Circle of Commerce or the balance of Trade (1623).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Funcionarios carolinxios delegados polo monarca para vixiar a administración e o cumprimento das leis civís e eclesiásticas. Instituídos por medio dun capitular do 802, xulgaban en última instancia as cuestións xurídicas máis graves e controlaban os impostos e os traballos públicos. Desapareceron a comezos do s X.