"Imo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 631.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Saíu publicado en Santiago de Compostela en 1981. Fíxose cargo de materias relacionadas co concello, como a información municipal, estatísticas, bandos municipais, urbanismo, electricidade ou o servizo da auga.
-
PERSOEIRO
Militar e político. Bisneto de Pedro de Ponte Andrade (A Coruña 1617), alcalde ordinario de Caracas e alguacil maior da Inquisición. Completou a súa formación en Europa, viaxou por EE UU e regresou ao seu país en 1807. Ao ser proclamada a independencia de Venezuela (1810), foi enviado a Londres en misión diplomática. De regreso a Venezuela, comezou, xunto con Francisco de Miranda, a loita contra os realistas ata 1812, ano no que capitularon. Trasladouse a Cartagena (Colombia), onde tomou parte na loita deste país contra a metrópole e onde publicou o Manifiesto de Cartagena e a Memoria dirigida a los ciudadanos de Nueva Granada, onde expón as súas ideas políticas e a liña a seguir na loita pola independencia. As contendas internas provocaron un novo desprazamento de Bolívar, que solicitou asilo en Xamaica, e onde escribiu un plan estratéxico de loita, a Carta de Jamaica (1815). Tralo seu paso por Haití, onde procurou apoios, regresou ao continente e retomou a loita....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor italiano. Sobresaíu en teatro coa obra Nostra Dea (A nosa deusa, 1925) e na novela con Gente nel tempo (Xente no tempo, 1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Albino
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Galaico
-
PERSOEIRO
Explorador e colonizador. Participou na revolta de Hernández Girón (1553). Foi nomeado gobernador de Tucumán (1572), e dirixiu diversas expedicións colonizadoras. Fundou en Bos Aires, Córdoba de Llana (1573).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘allo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bebida refrescante semellante á sangría que se elabora mesturando viño tinto e refresco de cola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos rebaixes do cancil dun xugo nos que se asentan os apeares.
-
PERSOEIRO
Poeta bretón. A súa poesía, de carácter místico-relixioso ou patriótico, está recollida no volume Ar en deulin (De xeonllos, 1921), que tivo unha grande influencia na poesía bretoa posterior.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben as campás, como por exemplo A Berenguela, nome da campá da catedral de Santiago de Compostela.
-
PERSOEIRO
Pintor. Estableceuse en París. Influído polo cubismo e pola arte exipcia, a partir de 1928 desenvolveu un estilo achegado á arte estrusca e ás terracotas cartaxinesas. Entre as súas obras destaca Paisaxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comediógrafo e poeta. Destacou polos seus entremeses, entre eles, Los ciegos, Los gitanos e La visita de la cárcel, e por dúas comedias burlescas tituladas La muerte de Valdovinos e Las mocedades del Cid.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación cultural compostelá fundada en 1921 e impulsada por Salvador Cabeza de León, Camilo Díaz Baliño, Enrique S. Guerra e Bernardo del Río. Representou No quinteiro, de Xesús San Luís Romero, e O Alalá, de Francisco Porto Rey (1922); Axúdate, de Charlón Arias e Sánchez Hermida (1923); A lenda de Montelongo, de Rey Pose e Buhigas Alavarrieta, e Vaites...vaites!, de Frade Giráldez (1924); e Antón de Freixide de Manuel María González (1925). Despois dun parón na súa actividade, achegouse de novo ao teatro trala Guerra Civil. En 1959, R. López Veiga-Ponte asumiu a dirección do grupo, que puxo en escena, entre outras, Unha noite no muíño (1959) e O fidalgo (1967), ambas as dúas de San Luís Romero; Os vellos non deben de namorarse, de Castelao (1961); Catuxa de Houlihan, de W. B. Yeats (1966); A noite vai coma un río, de Cunqueiro (1966); As bágoas do demo, de Valenzuela (1967); A...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Outeiro preto de Nápoles, famoso polo seu palacio, antiga residencia real, comezado en 1738 segundo os planos de G. A. Medrano. En 1739 Carlos III das Dúas Sicilias estableceu unha importante manufactura de porcelana no edificio da garda maggiore. En 1756 trasladouse ao Buen Retiro de Madrid. Reconstruída en 1771 por Fernando IV das Dúas Sicilias, foi destruída en 1806 polas tropas francesas. Desde 1957 o palacio é sede do Museo e da Gallerie Nazionali di Capodimonte.
-
PERSOEIRO
Político ecuatoriano. Foi deputado pola provincia de Ecuador na Convención Nacional reunida en Cuenca no ano 1845. En 1846 exerceu como gobernador de Azuay. Foi presidente da República de Ecuador entre 1865 e 1867.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico. Foi mestre de capela da catedral de Mondoñedo desde 1687 ata 1690, ano no que se trasladou á catedral de Ourense e, posteriormente, á da súa cidade natal. Da súa numerosa produción musical, conservada case toda en Segovia, destaca o vilancico en galego Tumbe e retumbe o penadeiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Restaurante situado en Balea, concello de Cangas, fundado por Pepe Simón. Destacan as súas especialidades en mariscos e guisos de peixe.
-
PERSOEIRO
Crítico de arte, xornalista e escritor. Foi redactor de L’Avenç e crítico de arte en La Vanguardia e La Veu de Catalunya. Con Rusiñol defendeu o movemento da arte pola arte e converteuse nun dos iniciadores do modernismo catalán. Loitou contra a pintura histórica e costumista, e defendeu o impresionismo e o prerrafaelismo. Escribiu a novela Els sots feréstecs (As fochas salvaxes, 1901), coa que iniciou o naturalismo rural, e as coleccións de contos Les multituds (As multitudes, 1906) e o Llibre d’històries (Libro de historias, 1909).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
san (s IV) Bispo de Bruxas e mestre en Ímola, cidade da Romaña italiana. Instruía os seus alumnos na relixión cristiá, pero estes martirizárono ata matalo cravando no seu corpo os estilos cos que lles aprendera a escritura taquigráfica. Por esta razón, é patrón dos mestres de escola que sofren agresións por parte dos seus discípulos e tamén dos estenógrafos. Na arte iconográfica aparece sentado nunha cadeira e leva como atributos persoais un libro aberto na man e un estilete ou punzón; ás veces, represéntase tamén vestido de bispo. A súa festa celébrase o 26 de marzo e o 13 de agosto.