"Jos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1142.
-
PERSOEIRO
Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, licenciado en Dereito Canónico e doutor en Teoloxía. Foi profesor de Teoloxía do Seminario Conciliar de Santiago de Compostela e de Relixión na Universidade Laboral da Coruña. Membro do consello de redacción e colaborador da revista Compostellanum (1967-1971) onde escribiu sobre temas de teoloxía moral (“Pecado y psicología analítica actual”, 1963; “La psicopatología de la anticoncepción”, 1965). Dende 1986 é profesor de Historia Económica na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo. No eido da investigación histórica publicou Ideología y conflito de clases. Siglos XI-XIII (1977) e El señorío de la Iglesia de Santiago de Compostela: siglos IX-XIII (1987), que foi o tema da súa tese de doutoramento. Así mesmo, colaborou en obras colectivas como Galicia, rasgos originales y perspectivas de conjunto (1981) ou Dende Galicia: Marx: Homenaxe a Marx no 1° Centenario da súa morte...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa do sector naval fundada en 1908 en Vigo, na zona do Areal, polos irmáns José, Federico, Julio e Fernando Barreras Massó, pertencentes a unha familia de industriais cataláns establecida en Vigo dende mediados do s XIX. Esta empresa viña a suceder á sociedade Vda e Hijos de J. Barreras, constituída en 1892 e establecida en 1918 no barrio de Coia. En 1918 a empresa construíra 376 embarcacións, a maioría pequenos pesqueiros con casco de madeira; aínda que desas datas son o cargueiro Mercurio e algúns vapores de gran tamaño. En 1927 construíu o primeiro pesqueiro de casco de aceiro da Ría de Vigo, os vapores Venus e Minerva e o veleiro Gelmírez. Entre 1932 e 1976 a empresa iniciou unha etapa de grande actividade (incentivada pola Lei de Renovación da Flota Pesqueira do 1961) e diversificación na súa produción: construción de motores diesel e outras pezas de motores para buques, caldeiras de vapor (unha das actividades tradicionais dende 1892), etc. En 1932 construíu o petroleiro Campalans,...
-
PERSOEIRO
Político e avogado. Licenciado en Dereito e Periodismo pola Universidade de Madrid. Na súa etapa universitaria estivo vencellado a sectores tradicionalistas, formando parte do Sindicato Español Universitario (SEU). Afiliouse posteriormente ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE), polo que resultou elixido concelleiro de Madrid (1979). Foi nomeado ministro de Interior na primeira lexislatura do PSOE (1982), desde onde asumiu a reorganización dos corpos policiais (Ley de Cuerpos y Fuerzas de Seguridad del Estado) e a loita fronte aos grupos de oposición armada, fundamentalmente ETA e GRAPO. En 1988 fíxose cargo da carteira de Transportes, Turismo e Comunicacións, cargo que abandonou en marzo de 1991. En 1998 o Tribunal Supremo condenouno polo caso Segundo Marei a 10 anos de cárcere. O seu ingreso na prisión de Guadalajara o 11 de setembro desencadeou fortes protestas e manifestacións dos sectores socialistas ata que foi indultado polo goberno o 24 de decembro de 1998.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Tomou parte nos movementos independentistas e participou na Asamblea Constituínte de 1823. Foi presidente das Provincias Unidas de Centroamérica (1829-1830) e presidente da Asamblea de Guatemala en 1837. A partir de 1848 dirixiu o xornal El álbum republicano. En 1849 houbo de fuxir de Guatemala e refuxiose en Honduras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico occitano. Foi membro da escola vitalista de Montpellier e o enlace coa futura escola anatomoclínica de París. Entre os seus escritos destaca Nouveaux éléments de la science de l’homme (Novos elementos da ciencia do home, 1778), no que desenvolve o concepto de “principio vital” como fonte das partes biolóxicas de todas as partes do organismo, e Traité des maladies goutteuses (Tratado sobre as enfermidades de gota, 1802), no que ampliou o coñecemento sobre a gota e o reumatismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e catedrático de Lingua e Literatura Española no instituto Rey Pastor de Madrid. Foi director da colección de Historia de la Literatura Española da editorial Cincel e da Biblioteca Básica de Literatura da Editorial Anaya. Exerceu como profesor de Didáctica Especial da Literatura no ICE da Universidad Complutense de Madrid e de Literatura Española nas universidades americanas de Massachusetts e Rhode Island. Ten publicado traballos de crítica literaria en La Voz de Galicia, ABC Cultural, Nueva Estafeta, e no apartado cultural de La Razón e do xornal El Mundo, e as obras Cuarenta años de novela española (1939-1979) (1979), La novela de Baroja. El esperpento de Valle-Inclán (1980), Literatura de la posguerra: la narrativa (1980), Cervantes (1981), La novela española de nuestra época (1990), Cervantes y la creación de la novela moderna (1992) e Baroja o la novela en libertad...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, ensaísta e periodista portugués. Colaborou en La Renaixença e en La Veu de Catalunya. É autor dos ensaios A crise (1894) e Intereses nacionais (1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Investigador norteamericano experto en Intelixencia Artificial da Universidade de Carnegie Mellon (EE UU). Bates quere poboar realidades virtuais e ficción interactiva con axentes que parezan vivos e nos que os usuarios confiarán. Toma a súa inspiración dos animadores pioneiros de Disney.
-
PERSOEIRO
Político e estadista. Foi un dos políticos latinoamericanos máis progresistas do seu momento e deu lugar á corrente política que leva o seu nome, o batllismo, que aínda hoxe conta con moitos seguidores no Uruguai. O seu pai, Lorenzo Batlle, xefe do Partido Colorado, fora Presidente da República durante os anos 1868 e 1872. Iniciouse na política no Partido Colorado logo de viaxar por Europa e ter estudado na Sorbonne. Xornalista de éxito, fundou en 1886 o diario El Día. Foi elixido deputado e senador entre os anos 1891 e 1898, e Presidente da República entre 1903 e 1907 e, nunha segunda ocasión, entre 1911 e 1915. Como xefe do executivo tivo que facer fronte a diversas rebelións departamentais e ao longo período de guerras civís, que se saldaron coa derrota e morte do líder do Partido Nacional (Branco), Aparicio Saraiva, en 1904. Batlle desenvolveu un programa de amplas reformas económicas e sociais, marcadas por unha política de nacionalizacións e creación de empresas públicas....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta guatemalteco. Destacou pola imaxinación, a ironía e o lirismo dos seus poemas, recollidos en Poesías (1845). Preocupouse polos costumes e as tradicións do seu país. Realizou tamén a tradución das Odas de Horacio e Los Amores de Ovidio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político mexicano. Liberal, colaborador persoal do xeneral Santa Ana, opúxose á prepotencia económica da Igrexa e promoveu a desamortización. Exiliado en dúas ocasións en Europa e nos EE UU, participou activamente no movemento de independencia do seu país xunto ao xeneral Porfirio Díaz, con quen colaborou nos sitios de Puebla e México.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Foi redactor en Madrid de La Nación entre 1864 e 1866, de La Prensa en 1880 e de La izquierda Dinástica. En 1901 dirixiu La Discusión. Toda esta traxectoria mostra os seus vínculos co rexionalismo galego da época. Completa a súa produción xornalística coas publicacións: El verano en Galicia (1875) e Una excursión a Extremadura (1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi primeiro ministro do 1926 ao 1930 e subsecretario de estado entre 1930 e 1932 de Polonia. No ano 1934, sendo ministro de Asuntos Exteriores (1932-1939) polaco, asinou con Alemaña un tratado de non agresión cunha vixencia de dez anos. En 1938, co apoio de Hitler, logrou a anexión a favor de Polonia do distrito carbonífero do Teschen (Checoslovaquia); sen embargo, opúxose á anexión alemá de Danzig do ano 1939. Trala invasión alemá de Polonia (1.8.1939) refuxiouse en Romanía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo e home de letras francés. Foi un gran renovador: rexeitou a teoría romántica da orixe das epopeas e construíu outra. Segundo el, o nacemento da epopea francesa veu determinada polos contactos dos clérigos e xograres a través dos mosteiros, nas rutas das peregrinacións. É básico o estudo La tradition manuscrite du Lai de l’Ombre (A tradición manuscrita do Lai de l’Ombre, 1928). A obra Premier siècle des lettres françaises (Primeiro século das letras francesas) é a síntese do seu pensamento sobre o nacemento desta literatura. Con P. Hazard dirixiu Histoire de la littérature française (Historia da literatura francesa, 1923-1924). A súa reconstrución moderna do Romance de Tristán e Isolda é unha xoia literaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Formado en París, visitou Inglaterra nos anos 1765 e 1766. Contribuíu á creación do estilo Imperio e foi un dos precusores das construcións metálicas modernas. A súa obra máis importante foi o Bagatelle no Bois de Bolougne en París (1777). Deseñou os xardíns de Folie Saint James de Neully (1784) e Méréville (1786). En 1806 fixo o proxecto dunha cúpula de cristal e ferro para o Mercado do gran de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de fotografía. En 1924 trasladouse a Madrid para estudar pintura co artista Julio Romero de Torres e en 1925 debutou como director de fotografía no filme José, de Manuel Noriega. Realizou a fotografía de Don Quintín el amargao (1935) e de diversos documentais como Castillos en Castilla (1935). Na Guerra Civil española elaborou algúns documentais para a Segunda República. Estivo exiliado na Arxentina. Entre as súas producións destacan: La intrusa (1939), Locos de verano (1942), Allá en el setenta y tantos (1945), Me casé con una estrella (1951) e La estrella del rey (1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. É un dos pioneiros do cine erótico en Francia. Dirixiu, entre outras películas, Le cri de la chair (O berro da carne, 1962), Cover girls (Modelos, 1965), Le sexe nu (O sexo espido, 1974), Nicole Pardessus, par-dessous (Nicole Pardesus, por debaixo, 1979) e Sexologues en chaleur (Sexólogos acalorados, 1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político, coñecido polo diminutivo de Txiki. Licenciado en Dereito polas universidades de Deusto e Valladolid, está especializado en Dereito Laboral; realizou tamén estudios de economía en Londres. En 1972 afiliouse ao Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e á Unión General de Trabajadores (UGT). No congreso de Suresnes de 1974 foi nomeado secretario de xuventude, cargo que repetiu en 1976; en 1974 foi elixido vicepresidente da Internacional de Xuventudes Socialistas. Foi secretario xeral do Partido Socialista de Euskadi (PSE) ata 1988, e actualmente o seu presidente. Membro da executiva federal do PSOE (1979-1997), foi secretario de organización (1984-1994) e secretario de relacións políticas e institucionais (1994). Foi deputado por Biskaia nas eleccións de 1977 e 1979, escano que abandonou en 1980 para encabezar as listas ao primeiro parlamento vasco. Deputado por Araba (1982), encabezou a candidatura por esta provincia en 1986. En 1989 renunciou ao seu posto no parlamento...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comediógrafo. Deuse a coñecer con Una vella, coneguda olor (Un vello, coñecido olor, 1964), Premio Josep M. de Sagarra 1963. O seu teatro de inspiración realista, baséase a miúdo en técnicas de orixe literaria. Entre as súas obras destacan: Revolta de bruixes (Revolta de bruxas, 1976), Quan la ràdio parlava de Franco (Cando a radio falaba de Franco, 1980), El manuscrit d’Alí-Bey (O manuscrito de Alí-Bey, 1985), Desig (Desexo, 1991), Carlota i la dona de neu (Carlota e a señora de neve, 1992), E. R. (Premio Nacional de Teatro, 1995) e Testament (Testamento, 1996). Cultivou o teatro infantil, é guionista de televisión e foi un dos fundadores da revista Els Marges, onde colaborou como crítico literario. En 1991 obtivo o Premio Nacional de Teatro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e político. Representando á Entesa dels Catalans foi senador en 1977 e, logo do seu ingreso no PSUC, volveu ser senador en 1979 e parlamentario en 1980. Como historiador publicou, entre outras obras, Catalunya sota el règim franquista (Catalunya baixo o réxime franquista, 1973) e Marxisme català e qüestió nacional catalana (Marxismo catalán e a cuestión nacional catalana, 1974). Dende 1985 é director do Centro de Historia Contemporánea da Generalitat. En 1996 recibiu o Premio de Honor das Letras Catalanas.
VER O DETALLE DO TERMO