"Lucí" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 245.

  • FILOSOFOS

    Filósofo e sociólogo. Á vangarda dos filósofos e sociólogos da razón dialéctica, estudiou os grandes autores modernos da filosofía e da literatura. É autor de Sciences humaines et philosophie (1952), Recherches dialectiques (1958) e Strutures mentales et création culturelle (1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Fillo dun dourador, en 1760 ingresou no taller de José Luzán en Zaragoza. Trasladouse pola súa conta a Roma (1771) e, ao regresar, pintou ao fresco o coro da basílica de El Pilar de Zaragoza (1772) e realizou once pinturas ao óleo sobre xeso para a cartuxa da Aula Dei nas que narrou a vida da Virxe. En 1774 residía xa en Madrid e, protexido polo seu cuñado Francisco Bayeu, ingresou na Real Fábrica de Tapices, na que realizou, ata 1792, 63 cartóns nos que reflectiu desde escenas idílicas ata escenas da vida cotiá nun estilo romántico e decorativo de carácter costumista. Entre os primeiros cartóns que realizou destacan La caza de la codorniz (1775), El quitasol (1777), El paseo de Andalucía (1777) e Las lavanderas (1780). Neste tempo gravou obras de Velázquez, realizou retratos e obras relixiosas, entre as que destaca Cristo crucificado (1780), co que ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, da que foi tenente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución do valor do hematócrito do sangue a causa dun aumento de volume do plasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Paro e retroceso no desenvolvemento de algo.

      1. Conxunto de modificacións regresivas naturais ou por alteracións (rexeneracións, reorganizacións e enfermidades) que se producen dentro dunha célula, un órgano ou un organismo. Desenvólvense progresivamente, como o envellecemento ou o paso á pubertade.

      2. involución senil

        Involución que sofre o organismo dunha maneira xeral ao chegar á vellez.

      3. involución uterina

        Retorno progresivo do útero á súa dimensión normal despois do parto.

    2. Transformación que, sendo distinta á identidade, aplicada dúas veces sucesivamente dá a identidade. Unha aplicación é involutiva se f = f -1 .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento ou tendencia á involución, especialmente política.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á involución.

    2. Que ou quen é partidario do involucionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de resolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das xuntas que se crearon en España trala Revolución de Setembro de 1868.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e filósofo francés. Opúxose ao intelectualismo neotomista e defendeu un realismo cristián que o levou ao modernismo. Das súas obras destacan Essai de philosophie religieuse (1903) e Le réalisme chrétien et l’idéalisme grec (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto dálmata. Nacionalizado italiano, en 1460 traballou na corte de Mantua e, en 1466, no Palazzo Ducale de Urbino. L. Venturi atribúelle a construción do arco da fortaleza de Pesaro. Considéraselle creador e precursor do Alto Renacemento arquitectónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, sociólogo e antropólogo. Foi profesor na Sorbonne (1899-1927) e un dos fundadores do Institut d’Ethnologie (1927). As súas teorías centráronse na análise dos costumes, estudiados en relación co seu marco histórico e social. Das súas obras destacan La morale et la science des moeurs (1903), La mentalité primitive (1922), L’âme primitive (1927), Le surnaturel et la nature dans la mentalité primitive (1931) e Les carnets de Lucien Lévy-Bruhl (1938-1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político de ámbito nacional vinculado ao trotskismo fundado entre 1970-1971 a partir do grupo catalán Comunismo. Despois da separación da Liga Comunista (1972), fusionouse con ETA-VI Asamblea, unha escisión obreirista, o que lle deu unha especial implantación en Euskadi (1973). Nos comicios de xuño de 1977 impulsou a coalición da Frente para la Unidad de los Trabajadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización da esquerda revolucionaria portuguesa fundada en 1967. A súa primeira actuación foi o asalto ao Banco de Portugal en Figueira da Foz o 17 de maio dese ano. Apoiou os membros da UPG en Portugal a partir de 1974.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fronte armada que se articulou dentro da organización Galiza Ceibe e levou a cabo diversas accións terroristas, entre 1978 e 1980, como a queima de camións en Santiago de Compostela, bombas contra a construción da autoestrada Vigo-Santiago e o intento de asalto á polvoreira de Noia. A detención pola policía dos dirixentes do grupo entre setembro e novembro de 1980 provocou o seu esmorecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiadora da arte e novelista. Coñecida como Anna Banti, a súa narrativa reflicte a problemática da condición feminina e da súa emancipación. É autora de Itinerario di Paolina (1937), Artemisia (1947), Le donne muoiono (1952), La monaca di Sciangai (1957) e Campi Elisi (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Teo baixo a advocación de santa Mariña, onde se atopa á capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘lúa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que ten a súa orixe no nome latino Lucia, feminino de Lucius, nome moi frecuente pero de étimo incerto. Pódese pensar nun derivado de lucus ‘fraga sagrada’ ou en lux, lucis ‘luz’. O pobo entendeuno desta segunda maneira e poñíaselle este nome aos que nacían de día. Santa Lucía de Siracusa (283?-304?) celébrase o 13 de decembro, agás en Dumbría onde a celebran o 20 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Siracusa 283? - 304?) Virxe e mártir. De culto moi antigo, o relato da súa paixón di que foi martirizada (304) durante a persecución do Emperador Diocleciano. As súas reliquias, veneradas primeiro en Siracusa, foron trasladadas a Constantinopla e Venecia. Avogosa da vista, ela mesma arrincara os ollos por amor a Cristo ou para mandarllos ao seu prometido, era venerada polas costureiras e aprendizas. Na iconografía represéntase como unha bela moza que viste elegantes roupas e que leva como atributos a palma do martirio nunha man e na outra un prato con dous ollos. Santa Lucía é patroa dos concellos de Cenlle, Larouco, Meaño, Moraña, Pontedeva e é titular de catro parroquias: A Alence (As Nogais), Guntín (Monforte de Lemos), Rairo (Ourense), Rairos (Ribas de Sil) e Vilaboa (A Veiga). A súa festividade celébrase o 13 de decembro, agás en Dumbría onde a celebran o 20 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera en tres actos de Gaetano Donizetti, con libreto de Salvatore Cammarano, inspirada na novela de Walter Scott A noiva de Lammermoor (1819) e estreada no Teatro San Carlo de Nápoles en 1835.

    VER O DETALLE DO TERMO