"Meri" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 322.

  • PERSOEIRO

    Historiador, filólogo e crítico literario. Estudiou dereito e filosofía e letras en Granada, e ampliou estudios na Sorbonne. Colaborou con Giner de los Ríos, dirixiu a sección de lexicografía da Institución Libre de Enseñanza e foi catedrático de Historia da Lingua Española da Universidad de Madrid (1915-1939). Durante a Segunda República foi embaixador en Berlín e en 1939 exiliouse aos EE UU, onde foi catedrático en Princeton. Publicou, entre outras obras, Fueros leoneses de Zamora, Salamanca, Ledesma y Alba de Tormes (1916), El pensamiento de Cervantes (1925) e La realidad histórica de España (1935-1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Indonesia (72.781 km2; 7.577.800 h [estim 1995]). A súa capital é Ujung Pandang.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación creada o 24 de xuño de 1823 entre os territorios de Guatemala, Honduras, El Salvador, Nicaragua e Costa Rica. Ata 1822 Guatemala constituíu unha capitanía xeral que agrupaba a toda Centroamérica, e nesa data pasou a formar parte do territorio mexicano. En 1823 os liberais asumiron o goberno de México, polo que se produciu unha nova ordenación territorial: independencia de América Central (agás Chiapas e Soconusco) e unión de Panamá á Gran Colombia. O primeiro presidente das Provincias Unidas de Centroamérica foi Manuel Arce e a capital federal estableceuse na cidade de Guatemala. O rexionalismo impediu o éxito desta iniciativa para o futuro desenvolvemento da zona e provocou unha guerra civil. En 1830 tomou a presidencia Francisco Morazán e en 1834 a capital trasladouse a El Salvador. A crise medrou coa deserción de Nicaragua, Honduras e Costa Rica, feito que deu lugar á desintegración da federación en 1838.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a América Central ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de América Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República de Corea (11.911 km2; 2.066.865 h [1995]). A capital é Kwangju.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar litoral do Océano Pacífico. Está considerado como o de maior magnitude. Esténdese ao longo da costa sueste de China e Indochina, desde Taiwán ao N, ata Sumatra ao S. O estreito de Formosa comunícao co Mar da China Oriental e o de Malacca, ao SO co Océano Índico, e ao NL está unido ao Océano Pacífico polo estreito de Luzon. Ten unha profundidade media duns 1.100 m e a máxima é duns 5.400 m ao NO de Luzon. Está sometido á forza dos monzóns do NO no inverno e do SL no verán. Na súa costa hai numerosos golfos, como o de Tonquín ou o de Siam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República de Corea (8.759 km2; 1.767.105 h [1995]). A capital é Taejŏn.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cimerios.

    2. Individuo do pobo dos cimerios.

    3. Pobo nómade de orixe indoeuropea, do tronco iranio, procedente das estepas do S de Rusia. Arredor do s VIII a C cruzaron o Cáucaso e asentáronse na península de Anatolia; a partir de aí estendéronse por Asia Menor. Loitaron cos asirios, ocuparon Lidia e destruíron o Reino de Frixia e as colonias gregas da costa norte. O Rei Lidos Aliates combateu contra eles e rematou aniquilándoos.

    4. Serie de fases oroxénicas do ciclo paleoalpino que tiveron lugar no transcurso do Triásico superior e durante o Xurásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo rexional da ONU fundado en 1948 e con sede en Chile. O seu obxectivo fundamental é o desenvolvemento económico de América Latina, con medidas como a industrialización, a potenciación do comercio intrarrexional ou o patrocinio de estudios sobre os problemas tecnolóxicos dos países da área. Elabora publicacións propias, entre as que destacan Cuadernos de la CEPALC, CEPALC Review e Demográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comisión permanente do Congreso dos EE UU, constituída en 1938, para investigar organizacións consideradas subversivas, en xeral, de tendencia esquerdista. Nos anos corenta e cincuenta protagonizou unha auténtica “caza de bruxas” entre actores, guionistas e directores de cine de Hollywood. Aboliuse en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de carácter internacional xurdida despois da Revolución Sandinista de Nicaragua (1979). Entre as actividades que desenvolveu están a divulgación da situación dos países centroamericanos e a busca de apoios para as organizacións políticas ou sociais de Nicaragua, El Salvador e Guatemala, que procuraban a transformación das súas sociedades. Implicáronse posteriormente na denuncia das ditaduras chilena e arxentina e do bloqueo estadounidense sobre Cuba, ao tempo que enviaron grupos a Centroamérica para coñecer a súa realidade e colaborar materialmente en proxectos de cooperación desenvolvidos nas súas comunidades. Dende finais dos oitenta, emprenderon campañas de denuncia e mobilización sobre a inxusta orde mundial, e de apoio ás demandas de organizacións populares brasileiras, chiapanecas, timorenses, kurdas e saharauis, entre outras. No 1998 refundáronse como Comités de Solidariedade de Galiza-COSAL. Editan a revista Outrasvozes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical latinoamericana fundada en México en 1938 baixo a presidencia do mexicano Lombardo Toledano e do brasileiro Luis Prestes. O seu programa propuña unha reforma agraria, a defensa dos réximes democráticos e a independencia económica latinoamericana. Asistiron delegacións sindicais de Arxentina, Bolivia, Chile, Colombia, Paraguay, Venezuela, Nicaragua, Costa Rica, Perú, Ecuador, Cuba, EE UU e México. Ao pouco tempo, os comunistas acadaron o seu control e vinculárona aos intereses soviéticos. A CTAL conseguiu a adhesión dos máis importantes sindicatos continentais, favoreceu a creación doutros novos e participou na conformación da Federación Sindical Mundial. A súa estratexia prosoviética fíxolle perder os principais afiliados a partir de 1951. A Confederación de Trabajadores de Cuba, fundada en 1939, escindiuse en dúas seccións, a comunista e a partidaria do presidente Batista. Trala vitoria castrista unificouse de novo na Central de Trabajadores de la Cuba Revolucionaria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización que agrupa as conferencias episcopais católicas dos países de Hispanoamérica. Fundada en 1955, as súas oficinas centrais están en Bogotá. Celebra unha asemblea xeral anual de carácter ordinario, ademais doutras sesións extraordinarias; as máis importantes foron as de Mar del Plata (1966), Medellín (1968), Puebla de los Ángeles (1979) e Santo Domingo (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polimerización de adición de dous ou máis monómeros diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polimerizar dous ou máis monómeros distintos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase climática do interglacial Günz-Mindel que marca o inicio do Plistoceno medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Cromeriano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores da familia das taxodiáceas ao que pertence o ciprés xaponés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bimestral editada en México a partir do 1 de xaneiro de 1942. Difusora da cultura e da literatura en lingua castelá, contou coa colaboración de, entre outros, Américo Castro, Jorge Guillén, Vicente Huidobro, Juan Ramón Jiménez, Gabriela Mistral, Pedro Salinas, Pablo Neruda, Alfonso Reyes e Juan Larrea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión de xefes de estado e de goberno de 21 países de fala castelá e portuguesa de América e Europa, constituída como un mecanismo político de coordinación no que se tratan temas específicos de interese común dende a solidariedade, a cooperación e o diálogo. No ano 2001 os países membros eran: Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Costa Rica, Cuba, Chile, Ecuador, El Salvador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguay, Perú, Portugal, República Dominicana, Uruguay e Venezuela. A primeira reunión tivo lugar en Guadalajara (México) en 1991, despois celebráronse en Madrid (1992), San Salvador de Baía (Brasil, 1993), Cartagena de Indias (Colombia, 1994), San Carlos de Bariloche (Arxentina, 1995), Santiago e Viña del Mar (Chile, 1996), Isla Margarita (Venezuela, 1997), Porto (1998), La Habana (1999), Panamá (2000) e Lima (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO