"Neira" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 212.

  • GALICIA

    Sacerdote e etnógrafo. Foi ordenado sacerdote en Lugo e desenvolveu unha grande actividade nos campos xornalístico, literario e folclórico. Investigou na zona do Courel e A Pobra do Brollón sobre o personaxe do chufón, o intercesor nos contratos matrimoniais. Marchou a Bos Aires (1913) onde colaborou coa Casa de Galicia e coa comisión organizadora das Irmandades da Fala. Escribiu Los suevos en Lugo (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Foi alcalde de Vigo e presidente da Deputación de Pontevedra, onde representou a cidade durante 40 anos. Foi cónsul de Chile e Costa Rica, e como empresario estableceu unha fábrica de chocolate e fundou a primeira fábrica de papel continuo de Vigo, La Cristina. Recibiu de Afonso XIII a Gran Cruz de Isabel la Católica (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Eume, que nace na parroquia de Goente e desemboca na de Vilavella (As Pontes de García Rodríguez).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, arqueólogo e prehistoriador. Foi cronista oficial de Ortigueira (1892), e fundou e dirixiu os xornais El Cabo Ortegal e El Ortegano. Vinculouse á Federación Agraria de Ortigueira (FAO) e como alcalde impulsou o asociacionismo agrario e a creación do Boletín Oficial do Concello de Ortigueira (1916). Estudiou a prehistoria de Galicia, catalogou máis de 200 exemplares de arquitectura megalítica, realizou diversas escavacións arqueolóxicas e publicou numerosos artigos sobre o desenvolvemento agrario e temas históricos. Das súas monografías destacan Crónicas de Ortigueira (1892) e Bares. Puerto hispánico de la primitiva navegación occidental (1947). Foi membro da Real Academia Galega. No mes de xullo de 2000 constituíuse a Fundación Federico Maciñeira, dedicada ao desenvolvemento de actividades culturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, seis besantes de ouro, colocados en dous paos de tres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Estreou en Ourense (1944) un poema en dous actos, con música do mestre Vide, que era unha escenificación dunha pasaxe da vida de santa Mariña de Augas Santas. Tamén escribiu Arelas iras (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de actuar ou de facer unha cousa. Na tradición oral recóllense ditos como: “Durmir e gardar a eira, non hai maneira. O vello na súa terra e o mozo na allea menten á súa maneira”.

    2. Forma de comportarse ou ser unha persoa.

    3. Estilo propio dun determinado artista.

    4. Xestos e palabras habituais e característicos dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de vestir á maneira de blusa con colo cadrado por detrás e cordada por diante cunha lazada ou unha gravata, empregada polos mariñeiros.

    2. Peza de vestir, moi semellante á dos mariñeiros, usada xeralmente polos nenos e as mulleres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro de telecomunicacións e militar. Licenciado pola Universidad Politécnica de Madrid, investigou modelos probabilísticos de sinais. Comandante enxeñeiro do Corpo de Enxeñeiros Politéc- nicos do Exército de Terra, participa en diversas axencias internacionais (ESA, NETMAN) para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos da Unión Europea (Galileo). Secretario cofundador da Irmandade Galega de Madrid, presidida por Celso E. Ferreiro, publicou un artigo no libro homenaxe a D. Gamallo Fierros (2001) e diversos estudios sobre o Pasatiempo de Betanzos, como “Mito y Utopía; sabiduría pedagógica del Pasatiempo”, no Anuario Brigantino. Ademais realizou unha Maqueta dos Primeiros Zócalos do Pasatiempo, exposta no Museo das Mariñas (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro de telecomunicacións. Doutor enxeñeiro pola Universidad Politécnica de Madrid e profesor titular do departamento de Tecnoloxía Electrónica na E.I.S.I. Industria e Telecomunicación da Universidade de Vigo, foi director da División de Comunicacións Dixitais do departamento de Tecnoloxía Electrónica e membro fundador do Instituto de Enxeñería Electrónica “Pedro Barrié de la Maza”. Das súas obras destacan Instrumentación electrónica (1989), en colaboración con Enrique Mandado e Alfonso Lago, e Comunicaciones en la empresa: normas, redes y servicios (1995). Ademais, dirixiu os estudios Contribución al estudo de los sistemas de comunicaciones industriales mediante técnicas de descripción formal (2000), de Francisco Poza, e Metodologías de especificación formal aplicadas a modelos normalizados de protocolos de comunicación industriales (2001), de J. B. Nogueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da ribeira esquerda da ría de Arousa, situada na parroquia de San Vicente do Grove (O Grove).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parede que pertence simultaneamente a dúas edificacións veciñas, baixo un réxime especial de indivisión que permite a cada propietario o seu aproveitamento ata a metade do seu grosor.

    2. Servidume real que consiste na copropiedade da parede ou do peche que separa dúas propiedades contiguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante. Trasladouse a Perú, onde lle confiaron o mando dunha expedición que buscaba as terras austrais e que descubriu as illas Salomón (1568). O 27 de abril de 1574, Filipe II asinoulle unha licenza de adiantamento para conquistar, pacificar e colonizar o arquipélago. Na súa segunda expedición (1595) levou a súa muller e corenta familias (unhas cincocentas persoas en total), co obxectivo de poboar as illas que descubrira e gobernalas. Descubriu as illas Marquesas, pero morreu a consecuencia dunhas febres e os títulos de adiantado e almirante dos Arquipélagos Oceánicos pasaron á súa muller Isabel Barreto.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Baile tradicional galego que acompaña á música do mesmo nome, que executan parellas ou grupos de parellas soltas. Son diversas as teorías que explican a súa orixe, como a que afirma que se pode tratar da evolución dunha danza guerreira, documentada por Estrabón, en que os danzantes formaban círculos e daban saltos e voltas no aire. Outra teoría afirma que a muiñeira naceu, como indica o nome, nos muíños durante as xornadas nas que se reunían os veciños para a moenda. Este baile consta dunha sucesión de puntos e paseos que se estruturan cunha certa orde. En primeiro lugar, un dos bailaríns máis experimentados, o guía, fai unha chamada, mediante un xesto ou tocando as súas castañolas, para iniciar o baile. Os danzantes dispóñense en dúas fileiras enfrontadas, unha a dos homes e outra a das mulleres. A continuación o guía encárgase de sacar o punto, é dicir, executa unha serie de movementos complexos que mesturan saltos e outro tipo de xiros que o resto de bailadores repiten de forma sincronizada....

      2. Composición musical, de ritmo ternario, que é propia da música tradicional galega e que adoita acompañar o baile homónimo. Hai dous tipos básicos: a muiñeira nova, que se corresponde cun compás de 6/8, e a muiñeira vella ou ribeirá, que se corresponde cun compás de 2/4. A diferenza na acentuación tamén é evidente entre os dous tipos de melodía, xa que na muiñeira nova o acento cae na primeira nota de cada grupo rítmico de tres corcheas, mentres que na muiñeira vella vai na segunda de cada tres. Outra diferenza destacada é que a muiñeira vella non admite unha interpretación exclusivamente instrumental e, polo tanto, sempre vai acompañada do canto. A gaita é o instrumento que se emprega principalmente na interpretación da muiñeira tradicional, xa que se adapta perfectamente ás necesidades interpretativas e melódicas deste tipo de composicións. As muiñeiras vellas acompáñanse con pandeiretas, pandeiros e outros instrumentos de percusión que subliñan o marcado carácter...

    1. Fungo que presenta cogomelos con láminas desiguais e moi decorrentes, cun sombreiro plano de entre 5-15 cm, de cor abrancazada e cun pé moi curto da mesma cor. Vive tanto en bosques de coníferas como de árbores caducifolias durante o outono e principios do inverno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘caldeira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da provincia de Lugo, un dos principais afluentes do río Miño pola esquerda. Nace na parroquia da Fontaneira (Baleira) e baña parte dos concellos de Baleira, Baralla, Láncara e O Corgo. Desemboca pola esquerda do Miño, no límite entre os concellos de Portomarín, O Páramo e Guntín. Os seus principais afluentes son A Pena, Xemil, Rasille, O Val, Tórdea e Obira. Ten 56 km de loxitude e no seu curso alto abre amplos vales, como os de Neira de Rei e Neira de Xusá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de santa María, hoxe incluída na parroquia de Bande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Páramo baixo a advocación de santa María Madanela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que ten a súa orixe na provincia de Lugo, e que logo se estendeu por toda Galicia, Castela, Extremadura e Andalucía. Trae como armas, en campo de ouro, dúas faixas onduladas, de azul e bordura de sinople, con cinco vieiras de azul. Outros traen, en campo de prata, unha cruz floreteada, de goles, cargada de catro vieiras de prata, e, en punta, ondas de auga de azul e prata.

    VER O DETALLE DO TERMO