"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
-
Valencia dun átomo ou radical.
-
Número de átomos presentes na molécula dun composto.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao átomo.
-
Relativo ou pertencente ao núcleo do átomo.
-
Número abstracto que dá a masa dun átomo do elemento que se considera respecto a 1/12 da masa dun átomo de carbono, de número de masa 12. Cómpre remarcar que a masa dun átomo significa o valor medio das masas dos átomos isótopos que se atopan na mestura natural que forma o elemento considerado; por iso, nas táboas dos pesos atómicos indícanse entre parénteses os valores correspondentes aos pesos atómicos de elementos raros ou artificiais, cos que non se pode definir unha mestura isotópica natural.
-
Número de cargas positivas elementais, ou protóns, transportado polos núcleos de todos os isótopos dun elemento dado. Inicialmente, o número atómico era simplemente o número de orde atribuído aos elementos ao colocalos por masas atómicas crecentes. En 1913, Johannes H. van den Broek descubriu que o número de cargas elementais do núcleo atómico era igual ao número atómico. Niels Bohr adoptou este descubrimento para desenvolver a súa teoría cuántica. Actualmente, Z é unha cantidade nuclear coñecida para todos os núcleos.
-
reactor nuclear.
-
Unidade de medida da masa dun núclido, igual a 1/12 da masa dun átomo de carbono de número de masa 12 [1m u = m a
-
-
-
-
Doutrina filosófica iniciada por Leucipo, desenvolvida por Demócrito e recuperada polos epicúreos, que defende que os principios da realidade son os átomos e o baleiro. Reacción á concepción estática do ser de Parménides, o atomismo pretendía conciliar a teoría coa percepción sensible.
-
atomismo lóxico
Teoría de Bertrand Russell e de Ludwig Wittgenstein (na súa primeira época) que defende que a estrutura do mundo está composta duns elementos absolutamente primeiros, coñecidos de xeito inmediato (by acquaintance), e que son o residuo último da análise lóxica.
-
-
Nome que reciben todas as teorías que conciben a psique como unha composición de elementos psíquicos simplemente xustapostos ( asociacionismo).
-
-
-
Do atomismo.
-
Partidario do atomismo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao atomismo.
-
física atómica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pulverización dun líquido ou gas contido nun spray.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento que se emprega para pulverizar un gas ou líquido.
-
-
Expandir un produto, xa sexa mediante gas, xa sexa mediante líquido cun spray.
-
Dividir algunha cousa en partes moi pequenas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro de Xosé Manuel Beiras Torrado, publicado pola editorial Galaxia en Vigo no ano 1972, no que se enuncia a teoría do atraso como modelo explicativo da estrutura económica de Galicia. Segundo a obra, as transformacións económicas que se estaban a producir daquela no país non se acompañaban dun desenvolvemento e dun crecemento parello, polo que incidían na permanencia dunha economía dependente e caracterizada por niveis de produtividade, renda per cápita, consumo, porcentaxe da poboación activa, etc, inferiores aos dos países do seu contorno, eis o atraso. Dende esta perspectiva, o país sufría un proceso de desartellamento territorial (éxodo rural), esmorecemento demográfico, crise agraria, proletarización da poboación e desastre ecolóxico pola xestión anárquica do hábitat. A obra conclúe que o atraso de Galicia é responsabilidade de factores como a emigración secular, o raquitismo burgués, a insolidariedade institucional ou a colonización financeira, e que o minifundismo, as deficientes...
-
PERSOEIRO
Emperador militar romano (270-275). Foi proclamado como tal polo exército en Sirmium, á morte de Claudio. Loitou contra os vándalos e os alamanes xutungos. Tras ser vencido por estes en Plasencia (Italia), no 270 a C, construíu a muralla de Aureliano para a defensa de Roma. A vitoria final romana foi posible grazas ao exército de Iliria. Dirixiuse despois contra Palmira, venceu a Zenobia e o seu fillo, e acabou co poder desta cidade. De volta a Europa restaurou a unidade do Imperio Romano ao derrotar a Tétrico, Emperador da Galia, e deixou fixados os limes nos cursos do Rin e do Danubio. A súa política interior foi positiva e conseguiu facer unha reforma monetaria. Rodeou a cidade de Roma cunha muralla que leva o seu nome. Propugnou como forza unificadora do Imperio un culto sincrético do deus Sol. Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
clorotetraciclina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Control que alguén ten de si mesmo.
-
-
Calidade de autónomo.
-
Facultade de gobernarse polas leis propias.
-
-
autonomía administrativa
Autonomía da que gozan os concellos, as provincias e outras entidades territoriais, recoñecida e garantida pola constitución ou polo Estatuto de Autonomía. Comporta a potestade regulamentaria e a función executiva no ámbito das competencias previamente determinadas pola lei. É unha forma de descentralización.
-
autonomía política
Condición xurídico-política daquelas entidades ou daqueles organismos que, dentro da estrutura constitucional dun estado, teñen facultades para dotarse de leis propias. Permite exercer unhas facultades de plena liberdade lexislativa dentro do marco establecido por unha lei do estado, xeralmente de orde constitucional, dentro do cal actúa a entidade autónoma. Esta disposición da potestade lexislativa e a de carácter regulamentario exércense sen tutela nin vixilancia dos órganos do estado, pois de ser así trataríase dunha simple descentralización. A autonomía non implica, sen embargo, a facultade de declarar normas sen limitación; neste caso equivalería á autodeterminación constituínte, e a súa manifestación sería a plena soberanía e a creación dun estado. Historicamente, a autonomía concedida a distintas porcións do territorio, dentro do marco do estado unitario, responde á necesidade de dotar dun estatuto xurídico-político diferenciado a aquelas entidades que presenten fortes particularidades...
-
autonomía administrativa
-
Calidade do suxeito que está determinada por el mesmo, independentemente de toda constitución externa. Unha moral é autónoma cando se basea en fundamentos e criterios intrínsecos ao suxeito da moral e non impostos dende fóra.
-
Tempo no que pode funcionar un aparello informático con baterías sen estar conectado á corrente eléctrica.
-
Relación que se dá entre dous termos dun paradigma, cando a existencia dun deles non presupón a do outro (Hjelmslev).
-
Independencia política e social dunha lingua con respecto a outra.
-
Capacidade máxima dun vehículo aéreo, marítimo ou terrestre de facer un percorrido sen ter que parar nin recibir combustible nunhas condicións dadas; a velocidade á que o vehículo obtén a máxima autonomía chámase velocidade económica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal aparecido en 1894 en Ferrol, que desapareceu en breve tempo.
-
-
Relativo ou pertencente á autonomía.
-
Motivado por causas internas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que está a favor da concesión da autonomía política ou administrativa, ou as dúas á vez, nun determinado territorio ou comunidade.
-
-
Que defende as normas e os ideais autonómicos.
-
Defensor, partidario dos principios autonómicos.
-
Partidario da autonomía lingüística. Corrente que, dende unha perspectiva sociolingüística, considera que o galego e o portugués son linguas afíns pero distintas.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao autosoma.
-
Dise do xen, alelo ou carácter localizado nun autosoma.
-
Enfermidade na que a súa transmisión está determinada por un xen ou alelo localizado nun dos autosomas. Pode ser autosómica recesiva, cando o xen ou alelo implicado precisa unha dobre presenza para poder expresarse, ou autosómica dominante, cando o xen ou alelo implicado necesita unha soa copia para a súa expresión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno de autoamputación dunha parte do corpo, xeralmente un apéndice, presentado por algúns animais a xeito de mecanismo de defensa. A parte do corpo que se desprende por autotomía adoita rexenerarse; nalgunhas especies, a autotomía dun órgano só se pode producir unha vez, pois a rexeneración impide a repetición do fenómeno. É frecuente nalgúns artrópodos (arácnidos, insectos, crustáceos) a autotomía dos apéndices; nalgúns equinodermos, a dos brazos (ofiuras) ou a da totalidade ou parte das vísceras (holoturias); nalgúns réptiles (lacértidos, ánguidos), a da cola, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao auxocromo.