"PRI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 409.

  • Período do reinado de Afonso XIII no que o xeneral Primo de Rivera actuou como xefe de goberno con poderes ditatoriais (13.9.1923-28.1.1930). Ante a incapacidade dos divididos partidos dinásticos para crear un goberno forte que afrontase a radicalización da loita obreira e que superase a situación de recesión económica, e ante as consecuencias políticas da Desfeita de Annual, o xeneral Primo de Rivera adiantouse á discusión no Congreso cun golpe de estado militar. Formouse un Directorio Militar coa misión de establecer a orde pública, suspendeuse o réxime constitucional, estableceuse unha ríxida censura e prohibíronse todos os partidos políticos e sindicatos, agás os ligados á patronal. A política do réxime levou a numerosos sectores a un enfrontamento co goberno que acentuou a radicalización dentro dos mesmos partidos dinásticos e do exército, incluso houbo dous intentos de cambio de goberno, a Sanjuanada (xuño de 1926) e o intento de Sánchez Guerra (xaneiro de 1929), que fracasaron. A...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra inacabada de Jean-Jacques Rousseau publicada en 1762 e dividida en catro libros. No primeiro ocupouse da formación das sociedades e do contrato social; no segundo, da soberanía, entendida como a vontade xeral, e os seus dereitos; no terceiro enunciou as principais formas de goberno (democracia, aristocracia e monarquía) e o seu exercicio; no cuarto analizou algunhas institucións sociais, como as maxistraturas gregas e romanas, e a relixión, e propuña que o Estado debería establecer unha relixión civil depositaria do código moral. O autor fundamentou a necesidade de formas sociais e do Estado, xa que a liberdade natural do home está alienada, e presentou o contrato social como un pacto do individuo coa comunidade, entendida como suxeito de dereito político, coa finalidade de unir as vontades para acadar e conservar un ben maior. Nese convenio o home perde a súa liberdade pero vese recompensado coa defensa que recibe do establecemento de leis protectoras. A soberanía, que se fundamenta...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título co que foi coñecida Ana de Mendoza de la Cerda y Silva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título co que foi coñecido Ruy Gómez de Silva y Teles de Meneses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo de Eduardo III de Inglaterra e de Filipa d’Hainaut. Duque de Cornualla (1337) e príncipe de Gales (1343), combateu contra os franceses na Guerra dos Cen Anos e acadou as vitorias de Crécy (1346) e Poitiers (1356). Recibiu do seu pai extensos territorios na Aquitania (1363), onde emprendeu unha política centralizadora que contou coa oposición da nobreza. Interveu na Guerra dos Dous Pedros (1356-1369) a favor de Pedro I o Cruel e acadou a vitoria en Nájera, pero pactou a repartición de Castela con Pedro IV o Cerimonioso de Aragón e Carlos de Navarra. Desvinculouse da política peninsular logo da morte de Pedro I o Cruel (1369). Por mor da súa mala saúde, cedeulle o goberno de Aquitania ao seu irmán Xoán de Gante (1372) e volveu a Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Autor de literatura infantil e ensaio, en moitas das súas obras describe a moderna cidade africana e a disolución dos vínculos e códigos rurais tradicionais dos seus habitantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ter capricho por algo ou por alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista. Foi asesor da Agencia Internacional del Desarrollo e do Banco Nacional Panameño. Tras ocupar a vicepresidencia da República, foi presidente entre 1982 e 1984.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Charles Louis de Secondat Montesquieu publicada en 1748 co título de De l’esprit des loix ou, du rapport que les loix doivent avoir avec la Constitution de chaque gouvernement, les mours, le climat, la religion, le commerce, etc (O espírito das leis ou, o informe que as leis deben ter coa Constitución de cada goberno, os costumes, o clima, a relixión, o comercio, etc). Publicouse en Xenebra sen o nome do autor e ata 1758 non se publicou a edición definitiva con correccións do propio Montesquieu. Nela estudiou as relacións das leis con todo o que as determina desde a constitución política ata a relixión. Clasificou os tipos de goberno aplicándolles características propias do home. O sistema democrático foi identificado coa virtude; a monarquía, co honor e o despotismo; co medo. Para Montesquieu, o sistema político ideal era o británico, onde se conxugaban a orde e a liberdade xunto coa separación de poderes. Avogou polas reformas polo que se opuxo á escravitude, ás torturas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa infancia transcorreu entre a súa vila natal, Barcelona e Arenys del Mar. En 1929 publicou o seu primeiro libro, Israel, e en 1930 ingresou na Universitat de Barcelona, onde cursou estudios de dereito e historia. Prolífico autor de narracións, poemas e teatro, da súa produción destacan: Primera història d’Esther (obra de teatro editada en 1948 e estreada en 1957), Antígona (obra de teatro editada en 1955 e estreada en 1958), El doctor Rip (1913), Laia (1932), Aspectes (1934), Ariadna al laberint grotesc (1935), Miratge a Citerea (1935), Letizia i altres proses (1937), Cementiri de Sinera (1946), Les cançons d’Ariadna (1949), El caminant i el mur (1954), Final del laberint (1955), La pell de brau (1960), Obras completas (1968), Una altra Fedra si us plau... (1978), Les roques i el mar, el blau (1981) e Per a la bona gent...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran jupan de Serbia (1196?-1217) e primeiro rei de Serbia (1217-1227), fillo de Estevo I de Serbia. Coñecido como Estevo I Nemanjič, foi expulsado en 1200 de Serbia polo seu irmán Vukan, titular do voivodato de Zéta. Recuperou o trono en 1203 coa alianza bizantina, que posteriormente cambiou pola veneciana. O Papa Honorio III concedeulle o título de rei (1217) e fixo que fose coroado por un legado pontificio. En 1219 proclamou a independencia da Igrexa serbia polo que foi outra vez coroado rei de Serbia en 1221 polo seu irmán Sava. No fin da súa vida retirouse a un mosteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo inglés. Formado en Oxford e na London School of Economics and Political Science, foi catedrático de Antropoloxía Social na Oxford University entre 1946 e 1970. Entre 1926 e 1939 realizou diversas expedicións ás rexións nororientais e centrais de África. Interesouse pola organización política e as institucións sociais dos pobos africanos, especialmente dos azandes e dos nuers. Entre 1942 e 1944 levou a cabo traballos de campo entre os beduínos do N de África. Entre as súas obras destacan Witchcraft, Oracles and Magic among the Azande (Bruxería, oráculos e maxia entre os azande, 1937), The Nuer: a Description of the Modes of Livelihood and Political Institutions of the Nilotic People (Os nuer: unha descrición dos modos de vida e institucións políticas dos pobos do Nilo, 1940), The Sanusi of Cyrenaica (Os Sanusi da Cirenaica, 1949) e, en colaboración con Meyer Fortes publicou African Political Systems (Sistemas políticos africanos, 1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio da óptica xeométrica que establece que o camiño óptico que percorre un feixe luminoso entre dous puntos ten un valor extremo, máximo ou mínimo, respecto a calquera outro camiño óptico que se poida considerar entre estes dous puntos. Como consecuencia, o tempo que o feixe luminoso tarda en ir dun punto a outro é mínimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor de historia (1993) e director do departamento de Historia Contemporánea (1997) da universidade compostelá. Foi coordinador, xunto con Ramón Villares, da edición da colección Clásicos Agrarios Galegos (15 vols, 1997). Colaborou en diversas revistas e destacan as súas obras La sociedad rural en la España contemporánea. Mercado y patrimonio (1996), en colaboración con X. L. Balboa López, Labregos con ciencia. Estado, sociedad e innovación tecnolóxica na agricultura galega, 1850-1939 (1992, Premio da Crítica 1993 e Premio Losada Diéguez 1993) e Terra e Progreso (2000). Membro do consello científico do Instituto Universitario de Investigacións e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en agosto de 1858 na Coruña. Dirixida por Xosé Mª de Andueza, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Domingo Puga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio que establece que a distancia entre os núcleos dos átomos dunha molécula non cambia ao producirse unha transición electrónica cando as moléculas absorben enerxía. Foi descuberto en 1926 por J. Franck en colaboración con E.V. Condon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo interferencial consistente nunha fonte luminosa S cun biprisma que forma dúas imaxes S1 e S2, separadas unha distancia d, que actúan como emisores coherentes virtuais. Na zona na que se superpoñen as súas emisións, obsérvanse interferencias; en concreto, sobre unha pantalla situada a unha distancia D dos puntos S1 e S2 fórmanse franxas de interferencia de Young.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio do Sacro Imperio Romano Xermánico no círculo da Baixa Renania-Westfalia. Erixido en condado imperial por Federico III (1464) a favor do barón Ulrich Cirksena von Gretsyl, durante o goberno do seu fillo e sucesor Edzard I o Grande (?-1528) acadou a súa maior extensión territorial. Trala morte do príncipe Carlos Edzard I (1744), derradeiro membro da dinastía Cirksena, incorporouse como provincia ao Reino de Prusia. No 1806 converteuse nun departamento do Reino de Holanda e no 1810 pasou a Francia. Prusia recuperouno (1813) pero polo Congreso de Viena (1815) pasou ao Reino de Hannover ata que foi incorporada definitivamente ao Reino de Prusia (1866).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título que posúe o fillo herdeiro do trono de Inglaterra desde o ano 1301. Eduardo I investiu o seu fillo Eduardo con este título despois de anexionarse o Principado de Gales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio que establece que as leis que gobernan os fenómenos mecánicos en dous sistemas de referencia S e S’, provistos dun movemento relativo rectilíneo e uniforme, teñen a mesma forma. Para comprobar este principio, considerado por Galileo como o principio fundamental da mecánica, cómpre establecer as fórmulas de transformación para pasar dun sistema de referencia inercial S (denominado tamén sistema ou eixes de Galileo) a outro S’ que teña un movemento rectilíneo e uniforme respecto ao primeiro. No caso de que o sistema S’ (de coordenadas espacio-temporais x’, y’, z’, t’) se mova con velocidade v rectilínea e uniforme, segundo o eixe x de S (de coordenadas espacio-temporais x, y, z, t), as fórmulas de transformación, chamadas de Galileo, son: x’=x-vt, y’=y, z’=z e t’=t. A relatividade de Einstein levou a substituílas polas fórmulas de transformación de Lorentz.

    VER O DETALLE DO TERMO