"Perez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 270.
-
GALICIA
Médico. Doutorouse na Universidad de Madrid en 1914. Foi catedrático de Patoloxía Xeral nas universidades de Cádiz e Santiago de Compostela, e de Patoloxía e Clínica Médica nesta última universidade, da que tamén foi vicerrector e decano da facultade de Medicina. Autor de numerosos artigos en revistas especializadas, das súas obras destacan a súa tese doutoral Contribución al estudo clínico y experimental de la Reacción de Loewi (1914), Investigaciones recientes sobre el aceite de hígado de bacalao (1924) e El problema de los ultravirus (1938), ademais do ensaio literario Tirso de Molina y los médicos (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe patronímica moi frecuente en toda a Península e que tamén se estendeu por América. Procede do nome persoal de orixe latina Pero ou Pedro + o sufixo patronímico -ez (‘fillo de’).
-
Liñaxe que se asentou, sobre todo, en Asturias, Castela e Andalucía. En Galicia tivo casa na parroquia de Santa Mariña de Lesa (Coirós) na Coruña, e dela unha rama pasou a Andalucía e outra a Brasil. En Lugo tivo casas en Reiriz, Ribas del Sil e Sarria. En Ourense, en Chamosiños, Faramontaos, Freixo, Lobaces e San Pedro de Laroá. As armas da casa de Santa Mariña de Lesa levan, en campo de sinople, sete peras de ouro, postas en dous paus e unha no centro de punta; bordo de ouro con oito aspas de goles. Outras variantes da rama galega levan, en campo de prata, unha pereira de sinople, afroitada de ouro, superada dunha estrela de azul, de seis raios. Outra variante leva, en campo de azul, unha banda de goles, perfilada de ouro. Outra variante leva, en campo de prata, un pereiro de sinople, froitado de goles, acompañado de dúas flores de lis de azul, unha en cada lado.
-
-
PERSOEIRO
Xeógrafo. Catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, as súas principais liñas de investigación son a xeomorfoloxía glacial e periglacial, a xeomorfoloxía costeira, a climatoloxía, a paleoclimatoloxía e a cartografía dixital. Foi un dos coordinadores do Atlas Climático de Galicia (1999) e publicou Testimonios de climas semiáridos en el Cuaternario gallego (1979), Xeografía de Galicia (1982) e Nuevas observaciones sobre el glaciarismo y periglaciarismo del NO de la Península Ibérica: La Galicia Suroriental (1982). É académico correspondente da Real Academia Galega (2004), membro da Asociación de Geógrafos Españoles e da Sociedad Española de Geomorfología, e membro fundador e primeiro presidente da Sociedade Galega de Xeografía.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Atleta. Especialista en probas de fondo, participou en 10.000 m nos Xogos Olímpicos de Roma (1960) e na proba de maratón nos Xogos Olímpicos de México (1968) e Múnic (1972), ademais de en tres edicións dos Xogos do Mediterráneo e dos campionatos de Europa. Foi 16 veces campión de España nas probas de 5.000 m, 10.000 m, cross e maratón (1958-1973). Posteriormente, foi seleccionador de fondo e cross da Federación Galega de Atletismo (1990-2000) e adestrador do equipo parolímpico español de atletismo. Recibiu a Medalla de Plata al Mérito Deportivo e a Insignia de Oro y Brillantes de la Real Federación Española de Atletismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante. Compoñente do dúo Montse e Luís Queimada, gravou cinco discos como solista e varios co grupo, dos que destacan Viva la música e Que nos vamos (1996). Interpretou as cancións “Pelegrín”, tema oficial do Xacobeo 93, e “Terra”, do Xacobeo 2004.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Atleta. Especialista na proba de marcha, debutou como internacional en 1995. Conseguiu o diploma olímpico na proba de 50 km nos Xogos Olímpicos de Atenas (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Inspector de Traballo e da Seguridade Social desde 1974, foi profesor no Seminario de Estudos Sociais de Vigo (1976-1980). No eido político, foi conselleiro de Traballo da Xunta de Galicia (1990-1991), deputado autonómico polo PP (1989-1995), alcalde de Vigo (1995-1999) e senador por Pontevedra (1996-1997). Como alcalde de Vigo presidiu a Mancomunidade de Vigo (1997-1999), o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (1995-1999) e a Fundación Provigo. Foi eurodeputado (1999-2004) e participou como voceiro na Comisión de Emprego e Asuntos Sociais, e como membro na Comisión de Pesca e na Delegación para as Relacións con Canadá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Integrado no colectivo Paralelo 42, grupo formado por escritores e artistas plásticos, cultivou o relato e a novela. Da súa produción destacan Cuando Elena se fué (1980, Premio de Novela El Golpe), 9 de abril (1985, Premio de Contos Gabriel Miró), Las estaciones de la muerte (1985, Premio Constitución de Novela de la Junta de Extremadura), La vida innecesaria (1989, XIII Premio de Novela Corta Gabriel Sijé), Como se nada existisse (1994), Un montón de años tristes (1999) e Nembrot (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e poeta. Como poeta publicou Ensayos poéticos (1899) e Violetas silvestres (1900), e como xurista Principales factores sociales de la actual delincuencia (1914), Historia de una minuta (1921) e El abogado y la profesión (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e escritor. Doutor en Dereito e licenciado en Filosofía e Letras. Poeta do Rexurdimento, estivo vinculado ao labor cultural do segundo provincialismo e do rexionalismo, momento en que publicou a maioría dos seus textos. Membro da Asociación de Folklore Gallego creada por Emilia Pardo Bazán, foi un dos 40 numerarios fundadores (1905-1918) da Real Academia Galega, onde desempeñou o cargo de tesoureiro (1905-1914). Colaborou en Galicia, El Heraldo Gallego e Revista de Galicia, onde incluíu cantares populares e algunhas paráfrases de textos bíblicos. Na súa obra, caracterizada pola riqueza dos termos léxicos e o amor pola natureza, destacan Versos en dialecto gallego y correspondencia castellana de sus principales voces (1878), en que recolle poemas intimistas, sociais e de circunstancias; Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de La Coruña (1885-1886), que o recoñeceu internacionalmente como folclorista; e Foguetes...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e escritor. Foi presidente de Acción Popular e deputado a Cortes en 1936, pero foi anulada a súa elección polo Frente Popular. Director de La Voz de la Verdad e El Correo Gallego, da súa produción destacan Pavesas de la hoguera (1912), Andrómenas (1922), El Digesto no indigesto (Anecdotario forense del humorismo galaico) (1952), unha serie de textos en castelán en que os personaxes populares empregan o galego; e Ducia e pique de fábulas (atiriño prá un fabulario gallego) (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor. Catedrático de Latín e Castelán, integrouse rapidamente en actividades relacionadas coa cultura galega. Publicou traballos filolóxicos nos xornais El Liberal e La Voz de Galicia, e da súa produción destacan Gramática castellana razonada según los actuales conocimientos lingüísticos (1897), Gramática latina razonada según los actuales conocimientos lingüísticos (1897), Colección de trozos de literatura latina (1898) e Compendio de gramática castellana (1905); postumamente publicouse unha escolma dos seus artigos (Entretenimientos gramaticales, 1935). Foi membro numerario da Real Academia Galega (1905-1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Deseñador. Coñecido como Pepe Barro, estudou na escola EINA de Barcelona e foi un dos primeiros deseñadores gráficos de Galicia. Realizou o proxecto e foi responsable do deseño de A Nosa Terra (1977-1979) e, a partir de 1985, constituíu o estudo Grupo Revisión Deseño, xunto a Xosé Díaz, Lía Santana e Xosé Salgado. Colaborou con diversas editoriais e encargouse da creación de identidades de institucións, eventos singulares ou deseño de produtos e mostras. Realizou debuxos para El Ideal Gallego, Arco da Vella, O Noso Galego, El Ecologista ou Revista Galega do Ensino. Individual ou colectivamente recibiu o Premio da Crítica Galega (1983), o Premio Galicia de Deseño Gráfico (1984) e o Premio Xerais á cooperación editorial (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Durante o Sexenio Revolucionario comezou a colaborar cos monárquicos e, desde 1871, militou no Partido Conservador. Foi deputado pola sección de Lugo (1867-1868), polo distrito de Lugo (1879-1881 e 1884-1886) e senador pola mesma provincia en dúas ocasións entre 1886 e 1893.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto, debuxante e pintor. Estudou arquitectura en Madrid (1945-1954) e en 1955 abriu un estudo en Vigo. Como arquitecto realizou proxectos e reformas de locais comerciais, que se caracterizaron pola unificación dos accesos ás vivendas e aos locais, como a zapataría Chavalín na rúa do Príncipe (Vigo); vivendas unifamiliares, como as vivendas Valverde en Panxón (Nigrán), de cubertas planas; edificios de vivendas, como as Potti na estrada provincial de Vigo (1960), os apartamentos As Palomas en Baiona (1966) e o edificio Calypso en Vigo; e edificios non residenciais, como a Clínica Fátima, o Sanatorio Troncoso (1960), o Sanatorio Concheiro (1961), o acceso á fábrica Pontesa en Arcade (1960), o refuxio de Montañeiros Celtas no monte Domaio (1965) e o edificio social da cidade deportiva do Círculo Mercantil (1973). Como pintor deixou obras de carácter expresionista, que amosan unha dose de naturalidade e espontaneidade. Nas súas obras está presente a crítica social. Trátase dunha pintura...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. De tendencia posromántica, o seu traballo está marcado pola melancolía e por un ton poético rico en matices. Foi precursor do modernismo en Venezuela, sobre todo a través das súas traducións de H. Heine e E. A. Poe, en especial da obra deste último, The Raven. A súa poesía foi recollida nos libros Estrofas (1877) e Ritmos (1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Anarcosindicalista. Coñecido como João Peres, emigrou a Brasil en 1915. Residiu en São Paulo, onde participou activamente en numerosas folgas; en 1924 encabezou o comité revolucionario desta cidade. Sufriu torturas durante o período fascista de Getúlio Vargas e foi desterrado a Rio Grande do Sul. Á caída da ditadura de Vargas, retornou a Rio de Janeiro onde participou na fundación do xornal Ação Direta.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Inicialmente a súa obra aproximouse a un certo expresionismo que recordaba as vangardas galegas da década de 1930. Vinculado aos movementos artísticos da década de 1980 en Vigo, destacou como paisaxista, aínda que nos seus cadros mostra un grande interese pola figura humana, nunha pintura de raizame antropocéntrico incluso en obras en que a abstracción e as influencias do cubismo e das vangardas internacionais de principios de século están presentes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Director de escena. Na década de 1960 cofundou, con Xulio Lago, a compañía Esperpento Teatro Joven e, en 1971, Máscara 17 coa que dirixiu todas as súas montaxes ata 1981. En 1984 fundou a compañía viguesa Sísifo Colectivo de Teatro e con ela representou, entre outros, os espectáculos Lexionaria (1998), Que...? (2002) e O bico da muller araña (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra. Estudou con F. Pedrell e no Conservatorio de Madrid, onde exerceu como catedrático de Harmonía (1911-1943). Dirixiu a Orquesta Filarmónica de Madrid (fundada por el en 1915) e a Orquesta Nacional. Sucedeu a Turina como comisario xeral de música (1949-1956). Promocionou a música contemporánea española e compuxo diversas obras, das que destacan a suite sinfónica A mi tierra (1898) e a versión que realizou da Marcha Granadera, aceptada oficialmente como Himno Nacional de España.
VER O DETALLE DO TERMO