"RAI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 377.

    1. Arrincar da terra unha árbore ou unha planta coa súa raíz.

    2. Separar a alguén do seu lugar de orixe ou do ambiente en que vive.

    3. Eliminar un hábito, unha crenza, un sentimento, unha doenza ou vicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desenraizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arrincar unha planta ou unha árbore de raíz.

    2. Facer perder un costume, crenza ou vicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e decorador. Comezou a súa carreira artística baixo as ensinanzas de Guillermo Smyth. Cando comezou os estudios de medicina na Universidad de Valladolid, permaneceu ligado á pintura ao integrarse no departamento de debuxo anatómico. Abandonou a medicina pola pintura e graduouse en artes aplicadas e oficios artísticos en Zaragoza. Nos anos setenta regresou a Pontevedra, onde se dedicou á creación plástica, á docencia nas especialidades de modelado, cor e composición, e ao oficio de decorador. O seu interese polo estudo da figura humana foi unha constante na súa produción artística e converteuse na principal protagonista da súa obra, expresada a través duns volumes rotundos. Participou en diversas mostras colectivas, entre as que destacan diversas convocatorias da Bienal de Pontevedra, a I Bienal Nacional de Arte Ciudad de Oviedo (1976) e a mostra Colectivo de pintores pontevedreses (Burgos, 1986). Realizou exposicións nas principais vilas galegas e en cidades como Valladolid e Toledo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo musical que xurdiu en Londres en 1977 cando Mark Knopfler e Pick Whiters deciden crear unha agrupación xunto con David Knopfler e John Illsley. En xuño dese ano gravaron unha maqueta cos temas Wild West End, Water Of Love, Sacred Loving e Sultans Of Swing e debutaron o 9 de xullo no Farrar House baixo o nome The Café Racers, antiga formación de M. Knopfler. Posteriormente, adoptaron o nome de Dire Straits e presentáronse ao público a finais de mes no Albany Theatre de Deptford. O 9 de decembro de 1977 asinaron o seu contrato con Phonogram e entre xaneiro e febreiro de 1978 actuaron como primeiros invitados do grupo Talking Heads nas súas actuacións en Reino Unido. Co abandono de David Knopfler, incorporáronse ao grupo Hal Lindes e Alan Clark, e esporadicamente colaboraron J. Pastorius e mais J. Zawinul. Da súa discografía destacan Dire Straits (1978), Communiqué (1979), Making Movies (1980), Love Over Gold...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de distraer ou distraerse.

    2. Que distrae.

    3. Aplícase á persoa que acostuma a distraerse ou que non mantén a atención no que está facendo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘diaño’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral da parroquia de Doniños, no concello de Ferrol. É unha barra areosa de cronoloxía cuaternaria que se estende de N a S, entre a punta do Castro e a Punta Penencia, ao longo de 2 km. No sector máis interior érguense unhas pequenas dunas, que pechan a lagoa de Doniños, no extremo S. Moi concorrida polos ferroláns, a súa orientación, exposta aos ventos do O e do N, faina especialmente apta para a práctica de deportes como o surf e o windsurf, feito que a converteu, xunto coas praias do Baleo, A Frouxeira, Pantín e Vilarrube (todas no veciño concello de Valdoviño), nun dos principais núcleos destas especialidades (spot) no NO da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bicicleta inventada en 1816 por K. F. Drais von Sauerbronn. Por vez primeira, a roda da dirección era a anterior, que se impulsaba por medio dos pés do condutor contra a terra.

    2. ehículo lixeiro automotor para o transporte do persoal encargado da conservación da vía do ferrocarril. Pode tamén transportar materiais no mesmo vehículo ou en vagóns remolcados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Discípulo de Francesc Galí, formouse na Escola Tècnica Superior d’Arquitectura de Barcelona (1926). Construíu, xunto con Pelai Martínez, o Palau de les Arts Gráfiques da Exposición Internacional de Barcelona (1929) e fixo o vestíbulo da Estació de França. En 1933 asociouse ao Grup d’Arquitectes e Técnics Catalans per al Progrés de l’Arquitectura Contemporània (GATCPAC). Realizou, entre outras obras, a casa Espona (1934-1935) e a casa Cardenal (1935-1940), rematou a igrexa de Montserrat en Barcelona e restaurou a sala capitular do mosteiro de Sant Joan de les Abadesses (1948-1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto italiano. Diplomado pola Accademia di Venezia, foi un dos representantes do modernismo italiano. Proxectou o monumento a Víctor Manuel en Roma (1884) polo que recibiu un premio, e realizou o palacio da primeira exposición de belas artes de Venecia (1887). Viviu en Turquía, onde foi arquitecto xefe do sultán Abdülhamit II (1892). Realizou numerosos edificios para a exposición de Turín de 1902 e, coa construción da casa do concello de Udine (1908), retornou ás formas académicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada por Xulián Maure Rivas e Germán Sánchez Ruipérez en Vigo no mes de outubro de 1979. Dedicada á edición de libros en lingua galega, pertence ao Grupo Anaya. Naceu coa vontade de abranguer todos os campos da comunicación impresa e para contribuír á normalización da lingua en Galicia. En 1980 creáronse as tres primeiras coleccións “Montes e Fontes”, “Ventobranco” e “Fonteliña”. A partir de 1981 comezou a edición de libros de texto para EXB. Nese mesmo ano incorporouse Luís Mariño Pampín á dirección editorial. O lanzamento dos libros de Bacharelato produciuse en 1982, coincidindo coa presentación de dúas novas coleccións “Extramuros”, para a edición de libros en castelán e “Arroás”, na que se incluíron libros ilustrados. Ao ano seguinte creáronse tres novas coleccións “Xabarín”, para a publicación de literatura xuvenil en galego, “Narrativa” e “Xerais Universitaria”. En 1984 convocouse a primeira edición do Premio Xerais de Novela, e resultou gañador Carlos G. Reigosa...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo de Efraín.

    2. Individuo pertencente ao pobo de Efraín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xefe dunha das doce tribos de Israel, e segundo fillo de Xosé e Asenat, filla de Potifera, sacerdote de On. A tribo de Efraín tivo un papel preponderante no Reino do Norte ao producirse a escisión entre Xudá e Israel (922 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empezar a botar o gran algunhas plantas, en especial os cereais. Na tradición oral recóllense ditos como: “Para o pan engraiar, ha de o boi tremar”

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de enraizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar raíces unha planta.

    2. Fixarse ou facerse firme un costume, unha novidade ou outra cousa .

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo se estenda ocupando moito espacio.

    2. Estenderse algo de volume ocupando maior espacio.

    3. Ocupar alguén moito tempo ao falar ou ao explicar algo.

    4. Ocupar alguén o tempo en cousas agradables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Territorios conquistados polas Provincias Unidas ao S do Mosa e na desembocadura do Escalda despois da Unión de Utrecht (1579). Os seus gobernadores nomeábaos a asemblea federal das Provincias Unidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode extraer.

    VER O DETALLE DO TERMO