"RCH" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 203.

  • Calzado vello e moi gastado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico inglés. Foi o primeiro en estudar as enfermidades humanas ocasionadas por disfuncións metabólicas determinadas xeneticamente, como a alcaptonuria, a frutosuria ou o albinismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, na conca do Ruhr, ao NL de Essen e ao NO de Bochum (281.979 h [2000]). Esténdese por un val aberto e amplo, preto do canal Herne-Rin, que enlaza con Duisburg. Xurdida a mediados do s XIX dunha aldea agrícola de 1.000 h, desenvolveuse como unha cidade mineira e industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polímero natural que se obtén do látex de certas plantas tropicais dos xéneros Palaquium e Palayena, da familia das sapotáceas. A gutapercha é unha substancia dura a temperatura ambiente, que se volve branda e moi plástica cando se quenta. Ten unha grande aplicación na industria, e emprégase para fabricar teas impermeables, como illante e tamén en medicina (próteses dentais ou ortopédicas). A gutapercha é unha substancia moi semellante ao caucho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de igrexa gótica na que todas as naves teñen a mesma altura e anchura e están cubertas co mesmo teito. A nave central recibe claridade a través das fiestras das naves laterais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista, botánico, fisiólogo, médico e poeta. Tiveron moita relevancia en medicina os seus estudios sobre a contractilidade do tecido muscular e a sensibilidade do sistema nervioso. Ademais, foi un dos primeiros en establecer unha relación directa entre o bocio endémico e a xeoloxía da rexión. Como botánico, escribiu unha crítica libre sobre a obra de Linné e creou as bases dun sistema de clasificación fundamental no parentesco natural. Como poeta é autor de diferentes libros de poesía lírica e descritiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Como presidente de EE UU (1877-1881) tentou unha política de conciliación cos estados do Sur. Mediou na delimitación da fronteira entre Arxentina e Paraguay (1878) e lexislou con acerto en materia económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo inglés. Estudiou, a partir de 1910, a condución nerviosa, a transmisión neuromuscular e os fenómenos fisiolóxicos, bioquímicos e biofísicos relacionados. En 1922 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, que compartiu con Otto Meyerhof, polas súas achegas ao coñecemento da actividade muscular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida refrescante que se fai con chufas e améndoas, peladas e machucadas, azucre e auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrofa breve, escrita en lingua vulgar (románica ou árabe), que figura ao final dunha composición en verso en hebreo ou árabe coñecida como moaxakha, cantiga amorosa composta por poetas cultos arábigo-españois ou hispano-xudeus dos ss XI, XII e XIIII. Anteriores aos vilancicos casteláns e ás cantigas de amigo galego-portuguesas, constitúen a primeira manifestación poética románica da Península Ibérica. Segundo algunhas hipóteses comparte, coas cantigas trobadorescas de amigo, unha tradición folclórica que se reflicte na mesma temática; ambas as dúas están postas na boca dunha moza que se lamenta pola partida, ausencia ou desdén do namorado (amigo nas cantigas   galego-portuguesas e habib nas kharxas). M. Stern descubriu e publicou as primeiras vinte kharxas mozárabes en 1948.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Geisa, Hessen 1602 - Roma 1680) Erudito e científico xesuíta. Fixo o primeiro mapa impreso das principais correntes mariñas e foi o primeiro en examinar o sangue a través do microscopio. A súa Ars magna sciendi (Amsterdan 1669) é unha adaptación da Art de Ramon Llull.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que relaciona a variación de entalpía coa temperatura a presión constante. Permite calcular a variación de entalpía H dunha reacción á temperatura T2, coñecendo a variación da entalpía da reacción a unha certa temperatura T e as capacidades caloríficas dos produtos e dos reactivos a T1 e T2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Kaliningrad 1824 - Berlín 1887) Físico alemán. Profesor en Breslau e en Heidelberg, continuou os traballos de Ohm sobre a resistencia eléctrica e estudiou a propagación de sinais telegráficos (ecuación dos telegrafistas). Xunto con R. W. Bunsen (1859), aclarou a causa dos raios de Fraunhofer e descubriu, por espectroscopia, o cesio e o rubidio. Enunciou as leis que levan o seu nome, sobre as radiacións dos corpos, e introduciu a noción de corpo negro. Formulou, ademais, as leis sobre circuítos eléctricos que levan o seu nome (1845).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leis fundamentais dos circuítos eléctricos en forma de mallas. A primeira, chamada lei dos nós, expresa que a suma alxébrica das correntes que conflúen nun nó é nula: ?i=0. A segunda, chamada lei das mallas, expresa que nunha malla calquera a suma das forzas electromotrices é igual á suma das caídas de tensión: ?e=?iZ.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leis relativas á radiación térmica dos corpos. Segundo a primeira lei, a razón entre o poder emisivo total e o poder absorbente total dun corpo é independente da natureza do corpo. A segunda lei establece que a intensidade específica dunha radiación de frecuencia f nun medio dado é directamente proporcional ao cadrado do índice de refracción do medio, para a mesma frecuencia f.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Aschaffenburgo, Baviera 6.5.1880 - Frauenkirch, Graubünden 15.6.1938) Pintor, escultor e gravador alemán. Como pintor cultivou a paisaxe e as figuras con cores vivas. Foi o principal promotor do grupo Die Brücke, ata 1913, e un dos primeiros pintores expresionistas. As súas obras máis relevantes son as series de escenas de rúas. Retirado en Suíza (1915), creou unha obra gráfica inspirada na natureza. A súa obra foi considerada dexenerada polos nazis (1933). Destacan Autorretrato co nmodelo (1910-1926) e Escena de rúa en Berlín (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Río Gallegos, Santa Cruz 25.2.1950 - El Calafate, Buenos Aires 27.10.2010) Político arxentino. Membro do Partido Justicialista, foi gobernador da provincia de Santa Cruz. En 1996 fundou La Corriente Peronista, liña interna do xusticialismo, e desde 2000 dirixe La Corriente, espazo de debate e pensamento político federal. Nas eleccións de 2003 foi elixido presidente de Arxentina, despois do abandono na segunda volta de C. Menem.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome proposto polos rusos para designar o elemento de número atómico 104 e que a IUPAC chama rutherfordio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta canadense. É autor das composicións enmarcadas na paisaxe canadense Among the Millet (1888) e Lyrics of Earth (1893).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis e tamén do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘vergoña’.

    VER O DETALLE DO TERMO