gutapercha

gutapercha
s f [QUÍM]

Polímero natural que se obtén do látex de certas plantas tropicais dos xéneros Palaquium e Palayena, da familia das sapotáceas. A gutapercha é unha substancia dura a temperatura ambiente, que se volve branda e moi plástica cando se quenta. Ten unha grande aplicación na industria, e emprégase para fabricar teas impermeables, como illante e tamén en medicina (próteses dentais ou ortopédicas). A gutapercha é unha substancia moi semellante ao caucho.