gusto

gusto

(< lat gustu)

  1. s m [FISIOL]

    Sentido que permite percibir o sabor das diferentes substancias. No home o sabor só se percibe na boca (na lingua e na parte anterior do veo do padal). Na lingua existen unhas terminacións nerviosas que transmiten as diferentes sensacións gustativas. A perda das sensacións gustativas, que pode ser total ou parcial, débese a lesións do sistema nervioso periférico e moi rara vez a lesións do sistema nervioso central.

    Sinónimos: gosto.
  2. s m

    Sensación que produce unha substancia na lingua e no padal.

    Ex: Este queixo non ten bo gusto, non sei se estará malo.

    Sinónimos: gosto, sabor.
  3. s m
    1. Sensación pracenteira que provoca no ánimo ou nos sentidos algunha cousa.

      Ex: Dá gusto estar ó sol.

      Sinónimos: gosto.
    2. ontade ou actitude favorable coa que se fai algo.

      Ex: Empezou a estudar con moito gusto, pero axiña o deixou.

      Sinónimos: gosto.
  4. s m
    1. Maneira persoal ou colectiva de apreciar ou sentir algo.

      Ex: Para o meu gusto ía mal vestida. Non comparto o gusto musical desa época.

      Sinónimos: gosto.
    2. Capacidade que ten alguén para apreciar a beleza.

      Ex: Ten bo gusto para elixir a roupa.

      Sinónimos: gosto.
  5. s m
    1. Satisfacción que alguén sente ou busca en algo non imprescindible.

      Ex: Ten o gusto de pintar el só toda a casa.

      Sinónimos: gosto.
    2. Aplícase a aquilo que se desexa ou que produce satisfacción.

      Ex: Este moble foi un gusto del.

      Sinónimos: gosto.

Refráns

  • A quen Deus quere ben, a casa lle gusta e o lar tamén; e a quen mal, nin a casa nin o lar.
  • Cando chove, nunca chove a gusto de todos.
  • Carga que con gusto se leva, pouco pesa.
  • Comer e casar, a gusto; vestir e calzar, Ao uso.
  • Cómese toda a vaca, porque uns queren da perna e outros da faldra.
  • Entre gustos non hai disputas.
  • Hai gustos que merecen pauso
  • Leva o teu ao mercado: uns diranche bo e outros diranche malo.
  • Máis ben me sabe a miña cebola cá carne da túa ola.
  • Non sabe ben a cea que se come na casa allea.
  • Non sabe ben o xantar que se come no alleo lar.
  • Nunca chove a gusto de todos.
  • Ó gusto estragado, o doce fáiselle amargo.
  • O que un aborrece, outro o apetece.
  • O que un non quere outro o cobiza I o apetece.
  • O que unha idade apetece, outra aborrece.
  • Olio s hai que de lagañas se namoran.
  • Por ¡so se vende a vaca, porque a un gústalle o peito e a outro a espalda.
  • Vale máis un gusto que cen pandeiros.