"Red" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 824.

  • CIDADES

    Cidade da provincia do Brabante Setentrional, Países Baixos, na confluencia do río Mark e do Aa, ao SL de Rotterdam (156.364 h [1997]). A súa economía está baseada na industria metalúrxica, industria alimentaria, tecidos, plásticos, industria do coiro e calzado. Foi un feudo da casa de Brabante dende o s XII ata 1404, que pasou á casa de Nassau. Conquistada polos españois no 1581, foi reconquistada pouco tempo despois, en 1590 polos holandeses que se mantiveron ata o 1625, ano no que as forzas españolas comandadas por Ambrosio Spinola obtiveron a rendición da cidade, acontecemento recollido por Velázquez no seu lenzo La rendición de Breda. No 1637 Federico Enrique de Orange conquistou a cidade, e o Tratado de Westfalia de 1648 ratificoulle a posesión. Os franceses apoderáronse dúas veces desta vila, no 1793 e 1795, e no ano 1813 volveu definitivamente a Holanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado na comarca da Selva (3.243 h [1996]). As terras de cultivo ocupan case toda a superficie; predomina a agricultura de secaño sobre a de regadío. A actividade gandeira tamén é destacable, estando moi desenvolvida e tecnificada; así, por exemplo, as reses permanecen estabuladas en granxas. Os principais armentíos son o porcino e o constituído polas aves de curral. Ten unha gran tradición industrial, especialmente oleira; na fin do s XVIII había alí 144 mestres oleiros e unha gran parte da produción comercializábase en América. Outra das súas funcións é a turística, pois é un importante núcleo residencial estival. A vila está formada ao redor do antigo mosteiro beneditino de Sant Salvador de Breda: a súa igrexa, convertida en templo parroquial, foi restaurada despois da Guerra Civil española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto establecido entre os protestantes e os católicos dos Países Baixos, co fin de opoñerse á aplicación, ordenada por Filipe II no 1564, dos editos tridentinos nos Países Baixos. Unha representación de 300 cabaleiros, reunidos en Breda o 2 de abril de 1566, presentáronlle un texto a Margarida de Parma, rexente de Filipe II, no que reclamaban a tolerancia relixiosa e a abolición da Inquisición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado firmado o 31 de xullo de 1667 por Inglaterra, Holanda, Dinamarca e Francia. Por este tratado Inglaterra cedeu a Holanda o establecemento de Suriname a cambio de New Amsterdam e Delaware, pero mantiña a Navigation Act. Francia recuperou Acadia e restituíu as illas Antiga, Montserrat e Saint Kitts aos ingleses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Influído pola narrativa española e francesa, escribiu farsas populares e comedias. Entre outras obras publicou De klucht van de Koe (A farsa da vaca, 1612) e comedias como Het moortje (O mourisco, 1615) sobre O Eunuco de Terencio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán, profesor de química, física e electroquímica en Karlsruhe (1911). Investigou o peso atómico anómalo do chumbo, a acción catalítica dos metais en estado coloidal e ideou o concepto de “envelenamento” dos catalizadores. Ideou o método de electrodispersión para a separación de coloides facendo saltar unha chispa no seo dun líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo ucraíno. Fixo estudios sobre a orixe dos meteoros e describiu a súa estrutura. Perfeccionou os estudios de Bessel sobre as colas dos cometas e estableceu tres tipos distintos segundo a curvatura e a composición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Arzúa. As súas armas levan, en campo de azul, un bredo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista. Discípulo de Edwin Fischer, está considerado un dos mellores intérpretes de Liszt e Mozart. Debutou en Graz en 1948. Gravou o ciclo completo das Sonatas para piano de Beethoven e de Schubert. Dende a década dos sesenta é intérprete habitual do Festival de Salzburgo e de Viena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista. Organizou e dirixiu a Transport and General Worker’s Union entre 1936 e 1944. Deputado laborista no 1945, foi temporalmente ministro de Obras Públicas dende abril de 1951 ata as eleccións dese mesmo ano. Sucedeu a Aneurin Bevan en 1960 como segundo xefe do grupo parlamentario laborista (1960). Entre 1960 e 1963 representou a Inglaterra na Asemblea consultiva do Consello de Europa. Rompeu co partido laborista no 1976 e ingresou no partido socialdemócrata no 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e musicólogo. Realizou estudios no Conservatorio de París da man de Jules Massenet. Da súa produción destacan sobre todo as obras escénicas, como Le rêve (O soño, 1891) ou Messidor (1897). Exerceu a crítica musical en diversos periódicos e publicou algúns estudios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en dereito pola Universidad Nacional Mayor de San Marcos de Lima (1964) e doutor en letras pola mesma universidade (1977). A mediados da década dos sesenta viaxou a Europa, onde reside dende entón, dedicado ao labor literario e á docencia universitaria, ademais de asistir como conferenciante a diversos congresos. Nas súas obras reivindica o carácter narrativo do relato, ao mesmo tempo que reflicte o mundo da alta burguesía procedente da vella oligarquía terratenente. Da súa produción destacan os contos Huerto cerrado (1968), Magdalena peruana (1986), La felicidad ja, ja (1974), Cuentos (1999) e Guía triste de París (1999), e as novelas Un mundo para Julius (1970), La vida exagerada de Martín Romaña (1981), El hombre que hablaba de Octavia de Cádiz (1985), Permiso para vivir (1993), No me esperen en Abril (1995), Reo de nocturnidad (1997) e La amigdalitis de Tarzán...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folla voante en dobre folio editada por Xoán Gherlinc aló polo ano 1496 en Monterrei. Presenta letra gótica, capitais lombardas a dous tamaños e cincuenta e unha liñas. Atópase na biblioteca da Hispanic Society en Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo e psicólogo neerlandés. Profesor nas universidades de Nimega e Utrecht, estudiou, ao mesmo tempo, a psicoloxía animal e a humana contempladas dende a fenomenoloxía. Rexeitou o dualismo cartesiano alma-corpo e baseou as súas observacións nas relacións que manteñen o suxeito co medio e non nas situacións experimentais. Entre outras obras, publicou Psychologie der Tieren (1920), Traité de psychologie animale (Tratado de psicoloxía animal, 1952) e Prolegomena van een anthropologische Fysiologie (Prolegómenos dunha fisioloxía antropolóxica, 1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMIOS

    Cumio situado ao NO da cidade de Villena (Alto Vinalopó), que alcanza unha altitude de 587 m. Ao seu carón foron atopadas as ruínas dun poboado da Idade do Bronce, un dos máis grandes da zona meridional da Comunitat Valenciana. Entre os seus achados sobresae un tesouro de obxectos de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Estudiou filosofía e letras na Universidad de Madrid e foi profesor da Institución Libre de Enseñanza de Madrid. Foi redactor de varios xornais republicanos, dirixiu La Justicia dende a súa fundación ata 1888 e publicou 23 artigos no BILE. Posteriormente recompiláronse algúns dos seus artigos que se publicaron cos títulos de A punta de pluma e De mis campañas y Nonadas. Tamén publicou, entre outras obras, Movimiento novísimo de la filosofía natural en España (1879) e Lecciones sumarias de psicología, en colaboración con Giner de los Ríos e Soler.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribadavia baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Interveu na fundación das Irmandades da Fala e estivo vinculado á causa republicana. Publicou Contos (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Participou na guerra entre España e Francia (1793-1794), xunto co seu tío Ventura Caro, e na guerra contra Portugal no 1801. Destacou na Guerra da Independencia, na que loitou primeiro en Galicia e logo en Catalunya e València, onde foi gobernador xeral. Na Batalla de Puçol (1811) foi capturado polos franceses e, no momento da súa liberación, foi nomeado tenente xeneral. Chegou a ser capitán xeneral de Castela e Catalunya, unha vez arranxadas as súas diferencias co réxime de Fernando VII por mor da súa inclinación liberal. Pertenceu á Orde dos Hospitalarios de san Xoán de Xerusalén.

    VER O DETALLE DO TERMO