"Sión" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 507.
-
-
Acción e efecto de comprimir ou comprimirse.
-
Tecnoloxía desenvolvida para paliar o defecto do gran volume que ocupan os alimentos conservados por deshidratación.
-
Operación de comprimir, mediante prensas especiais, granulados ou pos que conteñen produtos farmacoloxicamente activos, xunto con outros, denominados excipientes, que se engaden para facilitar a operación ou o uso posterior do comprimido resultante.
-
Tempo do ciclo do motor nos motores alternativos, no que o pistón comprime a mestura (motores de encendido por chispa) ou o aire (motores de encendido por compresión). Nos turborreactores, a compresión do aire realízase mediante un compresor centrífugo.
-
Esforzo ao que se somete unha peza pola acción de dúas forzas aplicadas na mesma dirección pero en sentido oposto e tendendo a xuntar as partículas. Xeralmente, os materiais que seguen a lei de Hooke para certos esforzos de tracción compórtanse dunha maneira análoga na compresión. A ruptura de moitos materiais sometidos a compresión, especialmente os que teñen as dimensións lonxitudinais bastante máis grandes cás transversais, prodúcese por dobramento para un esforzo inferior ao correspondente de resistencia á compresión.
-
Proba na que se somete unha probeta dun material a un esforzo de compresión. Utilízase pouco porque se pode substituír en bastantes casos polo de tracción e porque é difícil producir o esforzo tan elevado que adoita requirir a destrución da probeta. Faise xeralmente coa máquina universal de ensaio, axustando o dispositivo axeitado, e con probetas cilíndricas de altura entre 2,5 e 3 veces o diámetro. Pódense obter magnitudes análogas ás do ensaio de tracción: resistencia á compresión como cociente entre a carga de ruptura e a sección da probeta, contracción lonxitudinal como cociente entre a diferenza das lonxitudes inicial e final e a lonxitude inicial, etc.
-
-
-
Acción de compeler física ou moralmente, especialmente por autoridade.
-
Tendencia interior irresistible a realizar un acto determinado ou a pensar certa idea, aparentemente sen sentido ou opostas aos desexos do suxeito, que se realiza porque, en caso contrario, se produce unha angustia intensa.
-
Medida de execución forzosa. Consiste na utilización da forza sobre as persoas como medio para a execución forzosa dos actos administrativos. Pode proceder ao seu emprego cando o administrado está sometido a unha obriga personalísima de absterse de actuar ou de soportar unha actuación determinada. Os requisitos da compulsión son a existencia dunha autorización legal e o respecto debido á dignidade da persoa humana e aos dereitos e liberdades garantidos pola constitución.
-
-
-
Acción e efecto de conceder.
-
Aquilo que se concede.
-
Acción de ceder ante unha idea, postura ou actitude previamente asumida.
-
-
Contrato polo que a administración ou un particular lle cede a outra persoa o dereito de explotación dun servicio público ou doutro tipo de servicio.
-
concesión administrativa
Modalidade do contrato administrativo de xestión de servicios públicos pola que o empresario xestiona o servizo asumindo os seus riscos. Como prestación económica ten o beneficio obtido polos resultados financeiros da explotación.
-
concesión comercial
Contrato polo que un empresario (concesionario) se compromete a comercializar nos seus establecementos os produtos doutro empresario industrial ou comercial (concedente) nunhas condicións determinadas e por un tempo concreto ou indefinido. O concesionario mantén o dereito en exclusiva da revenda dos produtos do concedente. Se o contrato inclúe a exclusiva de marca e a asistencia técnica do produto recibe o nome de franchising ou contrato de franquicia.
-
concesión demanial
Negocio xurídico polo que se outorga a un particular o dereito de uso privativo ou o uso anormal do dominio público.
-
concesión de obras públicas
Contrato administrativo polo que a administración encarga a realización dunha obra pública a outra persoa á que lle ofrece como compensación económica a explotación do uso da obra pública. Pode engadir ou non unha achega económica en forma de subvención.
-
concesión internacional
Convenio internacional polo que un estado cede a outro o exercicio efectivo da soberanía sobre unha parte do seu territorio, aínda que conserva a soberanía teórica, por un tempo determinado e a cambio dun canon. Normalmente, o estado cesionario ten o dereito de establecer e desenvolver a súa actividade comercial baixo a protección da propia autoridade. Esta figura caeu en desuso.
-
-
...
-
-
-
Establecemento que ten a concesión da fabricación ou explotación dun produto en exclusiva.
-
Que ou quen conseguiu a explotación dun servicio.
-
-
-
Calidade de conciso.
-
Modelo retórico baseado na sinxeleza expresiva, que implica a habilidade do orador para articular un discurso no que se enuncie con claridade, brevidade e precisión un conxunto de ideas. Entre os procedementos empregados para acadala son comúns, ademais dos períodos breves e dos tempos simples, a alusión, a elipse, o asíndeto ou as reticencias. Na Antigüidade clásica sinalábanse como exemplos de concisión a prosa de Aristóteles e os textos de César, Xuvenal ou Tácito. O conceptismo defendeu tamén a concisión estilística. Na literatura galega, os textos breves de Cousas (1926), de Castelao, constitúen unha mostra representativa desta tendencia.
-
-
-
Que comporta unha conclusión, especialmente aplicado ao argumento que se emprega nun debate ou nun razoamento.
-
Acción e efecto de concluír ou concluírse.
-
Idea, afirmación ou parte final coa que se remata unha disertación, unha conversa, etc.
-
Resultado ao que se chega despois de discutir ou razoar sobre un determinado asunto.
-
Afirmación numerada realizada polas partes dun proceso acerca das circunstancias da causa e da afectación dos seus intereses. No proceso civil, as conclusións pechan a fase declarativa anterior á sentencia. No escrito de conclusións as partes, en parágrafos numerados, analizan os feitos e as probas practicadas, así como se manteñen ou non as súas pretensións. Cada un dos parágrafos do escrito é unha conclusión. No proceso penal as conclusións identifícanse co escrito de cualificación, no que, concluída a fase de instrución e antes de entrar na fase oral ou decisoria, as partes acusadoras deben formular acusación nas súas conclusións. Existen tres tipos de conclusións no procedemento penal: alternativas, subsidiarias unhas das outras no escrito de cualificación; definitivas, as que sosteñen as partes despois do xuízo oral; e provisionais, as que preceden á práctica da proba no xuízo oral. OBS: Emprégase xeralmente en plural.
-
Punto ou tese que nas escolas de filosofía se sostén contra as obxeccións do adversario. OBS: Emprégase xeralmente en plural.
-
Proposición que se deduce doutras proposicións, coñecidas como premisas.
-
Terminación melódica, rítmica e harmónica dun fragmento ou dunha peza musical.
-
-
-
Acción e efecto de concluír ou concluírse.
-
Idea, afirmación ou parte final coa que se remata unha disertación, unha conversa, etc.
-
Resultado ao que se chega despois de discutir ou razoar sobre un determinado asunto.
-
Afirmación numerada realizada polas partes dun proceso acerca das circunstancias da causa e da afectación dos seus intereses. No proceso civil, as conclusións pechan a fase declarativa anterior á sentencia. No escrito de conclusións as partes, en parágrafos numerados, analizan os feitos e as probas practicadas, así como se manteñen ou non as súas pretensións. Cada un dos parágrafos do escrito é unha conclusión. No proceso penal as conclusións identifícanse co escrito de cualificación, no que, concluída a fase de instrución e antes de entrar na fase oral ou decisoria, as partes acusadoras deben formular acusación nas súas conclusións. Existen tres tipos de conclusións no procedemento penal: alternativas, subsidiarias unhas das outras no escrito de cualificación; definitivas, as que sosteñen as partes despois do xuízo oral; e provisionais, as que preceden á práctica da proba no xuízo oral. OBS: Emprégase xeralmente en plural.
-
Punto ou tese que nas escolas de filosofía se sostén contra as obxeccións do adversario. OBS: Emprégase xeralmente en plural.
-
Proposición que se deduce doutras proposicións, coñecidas como premisas.
-
Terminación melódica, rítmica e harmónica dun fragmento ou dunha peza musical.
-
-
-
Sacudida ou golpe violento.
-
-
Orde ou esixencia de pagamento dunha exacción arbitraria ou ilegal dada ou feita por unha autoridade ou por un funcionario público en propio proveito ou dun terceiro.
-
Ganancia ilícita conquistada por un funcionario público, unha autoridade ou un maxistrado, abusando do poder que lle dá o cargo. É unha das formas de corrupción.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen comete concusión.
-
-
Acción de confesar ou confesarse.
-
-
Aquilo que se confesa.
-
No dereito procesal canónico, afirmación escrita ou oral sobre algún feito perante o xuíz competente, manifestada por algunha das partes sobre a materia do xuízo e efectuada contra si mesma, tanto de forma espontánea como pola interrogación do xuíz.
-
Declaración pola que unha persoa recoñece a súa participación nun feito delitivo como autor, cómplice ou encubridor. Se se realiza no acto de xuízo oral e o defensor manifesta o seu acordo, o tribunal dita sentencia.
-
confesión en xuízo
Medida de proba testemuñal prestada por unha das partes litigantes nun proceso. Consiste na declaración sobre os feitos alegados e discutidos no preito, con recoñecemento ou sen el dos feitos que a poden prexudicar.
-
-
-
Sacramento da penitencia. Na tradición oral recóllense ditos como: “A confesión de tamboril, absolución de chifre. Para unha mala confesión, pouca penitencia abonda”.
-
Parte do sacramento da penitencia consistente na declaración dos propios pecados ao sacerdote.
-
-
-
...
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á confesión sacramental.
-
Que fai referencia ou pertence a unha confesión de fe.
-
Igualdade, diante da lei, das persoas que profesan credos diferentes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de confesional.
-
-
confesionalidade.
-
Postura que adopta un individuo ou unha colectividade que pertence a unha determinada confesión.
-
-
-
Lugar onde o confesor administra o sacramento da penitencia. O confesionario, propio da Igrexa latina, presenta dúas formas: unha que consiste nun sinxelo asento e outra provista dun espazo pechado, que responde á esixencia do anonimato e da separación de sexos.
-
Libro para preparar a confesión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen é adepto a unha determinada confesión de fe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra autobiográfica de santo Agostiño escrita entre os anos 397 e 401 en latín, coa dobre finalidade de narrar a súa conversión relixiosa -triunfo da graza divina máis ca un esforzo persoal- e de rexeitar os ataques dos seus detractores e as loanzas excesivas dos que o idolatraban. Composta por trece libros, os tres últimos son unha meditación sobre a creación e o tempo, sobre o coñecemento da Trindade a través da Biblia e da alma. Nos catro primeiros relata a súa infancia e adolescencia, no oitavo a súa conversión, e os últimos dedícaos á investigación filosófica e teolóxica. No derradeiro libro trata un tema central na súa filosofía, o espírito humano como reflexo da Trindade divina.
-
-
Acción e efecto de confundir ou confundirse.
-
Estado dunha acumulación de cousas mesturadas de maneira que non se poden distinguir unhas das outras, postas todas xuntas de calquera maneira.
-
-
Falta de claridade, de orde, nas operacións do espírito.
-
confusión mental
Alteración global das funcións psíquicas, xeralmente temporal e debida a unha intoxicación, a unha enfermidade infecciosa ou a un choque traumático ou emocional. Caracterízase por unha insaturación rápida e un descenso máis ou menos marcado do nivel de consciencia, con desorientación espacio-temporal e trastornos da percepción. Evoluciona lentamente cara á normalidade se se suprime a causa e se realiza un tratamento axeitado.
-
-
Erro consistente en tomar unha persoa ou unha cousa por outra por non distinguir as diferencias.
-
Desbaratamento ou desfeita que se produce nun determinado momento.
-
Desconcerto do espírito ou turbación pola que se manifesta a vergonza e o pudor.
-
Reunión nunha mesma persoa das calidades de acredor e debedor. Ten como efecto xurídico a extinción da obriga.
-
-
-
Situación ou estado de confusión que alguén manifesta nas ideas ou na súa forma de expresión, moitas veces provocado de forma intencionada.
-
Actitude ou tendencia que promove ese estado de confusión.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao confusionismo.
-
Que ou quen practica o confusionismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Congregación fundada en Vic por Antón María Claret i Clarà en 1849. Os misioneiros claretianos dedicáronse primeiramente á predicación popular en Catalunya, pero axiña abrangueron outras ocupacións. A aprobación civil da congregación tivo lugar en 1859 e a aprobación pontificia no ano seguinte. Destinada ao ensino cristián, as súas casas distribúense entre once países de América, Europa, África e Asia. En 1855, o propio Antón María Claret e Antònia París i Riera fundaron en Santiago de Cuba o Instituto Apostólico de María Inmaculada para o ensino. O claretiano Lluís Pujol i Tordera fundou en 1951 en Vic o Instituto Secular Misioneiros da institución claretiana coa finalidade de exercer o apostolado en parroquias obreiras e zonas descristianizadas.