concesionario -ria

concesionario -ria

(< concesión)

  1. adx e s

    Establecemento que ten a concesión da fabricación ou explotación dun produto en exclusiva.

    Ex: Sempre compro na tenda concesionaria desta firma comercial. O concesionario de motos ofrece boas ofertas.

  2. adx e s

    Que ou quen conseguiu a explotación dun servicio.

    Ex: Foron protestar ás oficinas da empresa concesionaria do transporte público. O concesionario da iluminación pública non se fixo responsable da avaría.

Palabras veciñas

concerto grosso* | 2 concerto* | concesión | concesionario -ria | concesivo -va | concessio* | concha