concesivo -va

concesivo -va

(< conceder)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á concesión.

    Ex: Pedinllo reiteradamente, pero non se mostrou concesivo.

  2. [LING]
    1. adx

      Que expresa unha oposición ou unha restrición.

    2. conxunción concesiva

      Conxunción que introduce a cláusula que indica unha oposición á acción que se vai levar a cabo, pero que non impide a súa realización. En galego son conxuncións concesivas así e anque, pero tamén se distinguen locucións concesivas (ou conxuncións concesivas complexas) que desempeñan a mesma función; entre elas, malia que, aínda que, mesmo que.

      Ex: Así chova, irémoste visitar. Foron á festa malia que llelo tiñan prohibido.

    3. subxuntivo concesivo

      En certas linguas, como o latín, subxuntivo usado nunha proposición subordinada para darlle valor de concesiva e que se usa para conceder algo ao receptor ou supor algo: ne sit sane summum malum dolor, malum certe est ‘aínda que a dor non sexa o mal supremo, certamente é un mal’.

Palabras veciñas

2 concerto* | concesión | concesionario -ria | concesivo -va | concessio* | concha | Concha