"Sus" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 279.
-
GALICIA
Mestre, escritor e político. Na segunda década do s XX trasladouse a Santiago de Compostela, onde alternou o traballo de canteiro cos estudios de maxisterio. Fundou o semanario El País Gallego (1927), publicou unha peza de teatro, poesías, ensaios e varias novelas curtas, e fixo a carreira de Dereito. Na Segunda República creou a Agrupación Nacionalista Independente en compañía de Luís Seoane, R. Carballo Calero e S. González García-Paz, e iniciou a súa militancia no PSOE local, que abandonou para formar en 1931 a Unión Socialista Gallega, coa intención de conciliar agrarismo, marxismo e galeguismo; nesta época escribiu Regionalismo, Nacionalismo y Separatismo e a novela A modelo de Paco Asorey, editada por Nós en 1933. Fracasada a experiencia logo das eleccións de novembro de 1933, achegouse a posturas da esquerda republicana e autonomista, exerceu a avogacía e rexentou a librería Niké, que compartiu con Arturo Cuadrado. Ao producirse o golpe militar de xullo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Residente en Barcelona desde 1966, onde traballa como produtor de programas de Radio Nacional de España, colaborou na prensa escrita. Da súa produción destaca Antoloxía da poesía surrealista de expresión francesa (1981), Ucronía. Os anos agochados de Manuel-Antonio (1988), co pseudónimo de Carlos Posada, Álvaro Cunqueiro, tradutor (Premio Literario Ánxel Fole, 1990), Manifesto das vangardas europeas (1995), Teatro e surrealismo (1999), O Teatro de Charles Baudelaire. Proxectos. (2000), Unha montaxe de “Os vellos non deben de namorarse” en español (2001), A lingua secreta (2002) e A novela policial (2002). Así mesmo, traduciu Antígona (1989), de Salvador Espriu; Poncio Pilatos (1992), de Roger Caillois; O tesouro dos Xesuítas (1996), de Louis Aragón e André Bretón; Nun pregue de veludo (2001), de Alexandre Ballester; Desertos (2002), de Josep Pere...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor, director e frautista. Foi fundador do grupo de música de vangarda Aticus 16, co que estreou a súa obra Crisis, para dous recitadores e catorce instrumentos. Como frautista tocou, entre outras agrupacións, coa Orquesta de Cámara de Vigo, coa Orquesta de Cámara de Pontevedra, coa Orquesta Clásica de Vigo, coa Banda Municipal de Tui e coa Banda Municipal de Santiago. Da súa produción destacan Céret, No ferro do rail, Spectro I, Caminar 7.3, O longo Camiño de Santiago, Gregorianus 1 en Sib e Aquaedutus.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Realizou os estudios de maxisterio e posteriormente licenciouse en Filoloxía Hispánica. En 1989 ingresou no Corpo de Inspectores de Educación e desenvolveu a súa actividade na provincia de Lugo (1989-1995). Desde 1996 desempeñou varios cargos na Administración autonómica como subdirector xeral de centros e delegado provincial en Lugo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e, desde 2000, director xeral de Política Lingüística. Colaborou en diferentes traballos relacionados coa didáctica e a pedagoxía, así como coa sociolingüística e a planificación lingüística. É membro do Consello Escolar de Galicia e do comité asesor das revistas Dorna e Revista Galega do Ensino.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote. Director do Museo Diocesano de Lugo. Licenciado en Teoloxía pola Universidad Pontificia de Salamanca, foi profesor de seminario (1952-1990). Traballou na recollida de pezas artísticas da diocese lucense. Colaborou en El Progreso, Boletín da Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo e Lucensia. Escribiu Avelino González López, sacerdote según el corazón de Jesús (1964), El apóstol de Galicia, Ramón María García Abad (1966), Pequeña historia de cinco lucenses ilustres (1997) e Vida popular (y novena) de San Froilán, patrono de Lugo (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Animadora teatral. Coñecida como Fusa Guillén, desenvolveu a súa actividade na comarca de Ferrolterra, desde a Asociación Cultural Garola de Cedeira, onde creou un colectivo para a posta en escena de espectáculos para a infancia e a mocidade. Tamén colaborou con diversas escolas municipais de teatro da área de Ferrol. É coautora de textos como O segredo de Daniel, Unha aboa a catro patas e A escada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e antropólogo. Formouse no seminario de Ourense e estudiou teoloxía e antropoloxía no Seminario Nacional de Misiones Extranjeras de Madrid. Investigador do léxico dos canteiros, da arquitectura medieval e de lendas e contos populares, foi un dos impulsores do Museo Etnográfico de Beariz. Da súa produción destacan As marcas da pedra no suroeste de Galicia, Beariz de Montes, aspecto antropolóxico, histórico e cultural dun pobo, Polos camiños de Beariz de Montes e Dicionario do verbo dos canteiros (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e organista. Estudiou en París con V. d’Indy. En 1939 trasladouse a Madrid, onde ensinou órgano no conservatorio, que dirixiu posteriormente. Renovador da ópera vasca, da súa produción destaca Mirentxu (1910) e Amaya (1920). Así mesmo, compuxo obras sinfónicas, música de cámara e zarzuelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Edythe Marrener.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria, situado á beira do encoro do Ebro e no límite coa Comunidade Autónoma de Castela-León (1.877 h [2001]). A capital municipal é Espinilla. Destacan os bosques de faias e carballos e os pastos, que favorecen a gandería. O cultivo de cereais e patacas centra a actividade agrícola. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa María la Mayor de Villacantid, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1982, o castelo e a torre medieval de Proaño, declarada BIC en 1984.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Dirixente deportivo e funcionario. Licenciado en Dereito, desenvolveu a súa actividade pública ao servizo do deporte como secretario de estado, presidente do Consejo Superior de Deportes e presidente do Comité Olímpico Español (1980-1983). Serviu tamén como gobernador civil en Cádiz (1996-1997) e como subdelegado do goberno en Toledo. Recibiu a medalla de ouro da Real Orden del Mérito Deportivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sustentación superior á normal, que se obtén por medio dun hipersustentador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos dispositivos formados por unha combinación de picos e flaps especialmente dispostos que fan posible a hipersustentación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de teleósteos planos e asimétricos que pertencen á familia dos pleuronéctidos. A especie máis destacada deste xénero é Hyppoglosus hippoglossus, coñecida por halibut ou fletán común.
-
PERSOEIRO
Escritor xaponés. Foi autor de Miji no tsuki (A lúa de Meiji, 1935), Ruten (Metempsicose, 1936), Togyu (Corrida de touros, 1949), Ryoju (A cacería, 1949), Kuroi schio (Marea negra, 1950), Kuroi cho (A bolboreta negra, 1955) e Hyoheki (A muralla de xeo, 1956-1957). Posteriormente cultivou a novela histórica, en Furinkazan (Vento e bosque, lume e montaña, 1953-1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Sistema de crecemento que se consegue pola intercalación dun material, da mesma natureza ou non, sobre outro xa existente, como é o crecemento en grosor da membrana celular.
-
Acción de penetrar ou repregarse unha capa de células ou unha membrana dentro doutra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Quiroga Arias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
María Antonia Pereira do Campo.
-
PERSOEIRO
Historiador. Doutor en Historia (1979). Catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo desde 1993, foi director do Colexio Universitario de Ourense (1988-1989), vicerrector do campus de Ourense (1989-1993), director do centro asociado da UNED (1994-1996 e desde 2000). Foi gobernador civil e subdelegado de goberno en Ourense (1996-2000) e deputado na VI lexislatura. Desde 1993 promove, con Xavier Castro, as Xornadas de Historia de Galicia. Foi autor, entre outras obras, de Aproximación al pensamiento e ideología de Vicente Risco:1884-1963 (1985), La posición centrista durante la Segunda República: el periódico Ahora, 1930-1936 (1988) e Historia do mundo contemporáneo, 1870-1945 (2002), con Julio Prada, e dirixiu a colección Galicia en comarcas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Alpinista. Coñecida como Chus Lago, realizou expedicións a Kenya (1989) e aos Andes (1990), onde acadou cumios de máis de 6.500 m de altitude e participou na expedición galega ao Annapurna (1991). Un ano máis tarde tomou parte nunha expedición galega ao Everest, coa que conseguiu superar os 7.800 m. En 1997 coroou o seu primeiro “oitomil”, o Cho Oyu (8.201 m). En 1998 fracasou na súa primeira tentativa persoal de subir ao cumio do Everest (8.848 m), pero un ano máis tarde conseguiu culminar a ascensión sen empregar osíxeno complementario, algo que só conseguiran con anterioridade dúas mulleres. O seguinte reto que emprendeu foi a consecución da medalla “Leopardo das neves”, coa que se distingue aos alpinistas que acadan os cinco cumios máis elevados do territorio da antiga URSS, nas cordilleiras do Tian Shan e do Pamir: o Pico Lenin, ou Chon Ton, coroouno en 1993; o Pico Comunismo (7.495 m) subiuno en 2000; o Chan Tengri (7.010 m) superouno en 2001; e no Pobedy (7.439 m) fixo...
VER O DETALLE DO TERMO