"Ural" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 152.

      1. Relativo ou pertencente ao naturalismo.

      2. Seguidor do naturalismo.

    1. Persoa versada en historia natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de naturalizar ou naturalizarse.

      1. Modalidade de adquisición de nacionalidade, posterior ao nacemento, que se produce mediante unha declaración de vontade do adquirinte e unha autorización da autoridade estatal, outorgada de forma discrecional ou suxeita a determinadas regras. O dereito civil español establece dous tipos de naturalización: por carta de naturalización e por residencia. O tempo de residencia esixido é de dez anos continuados, reducidos a dous para os súbditos dos países iberoamericanos, Andorra, Filipinas, Portugal, Guinea Ecuatorial e os de orixe sefardí, e a un ano para os nacidos en territorio español, os de pai ou nai orixinariamente españois,  os casados con español ou española e os que non exercitasen a facultade de opción para a adquisición da nacionalidade. Hai que seguir un expediente no rexistro civil e unha vez outorgada a naturalización, ten que seguir inscrita no rexistro.

      2. carta de naturalización

        Carta de concesión a un súbdito estranxeiro da nacionalidade do país que a outorga. Normalmente outórgaa o xefe do estado, dunha maneira discrecional, mediante Real Decreto e en atención a circunstancias excepcionais.

    2. Adaptación dunha especie vexetal ou animal a unha rexión e a unhas características que non lle son propias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de naturalizar ou naturalizarse.

    2. Que recibiu a nacionalización noutro estado diferente ao seu orixinario.

    3. Aplícase á planta de procedencia estranxeira que se difundiu nunha rexión e que vexeta e se multiplica coma as plantas indíxenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conceder a un estranxeiro a cidadanía dun estado.

    2. Admitir como propio dun lugar ou país algo estranxeiro ou foráneo.

    3. Aclimatar unha especie animal ou vexetal a un ambiente que non é o seu.

    4. Adquirir un estranxeiro a cidadanía dun estado.

    5. Difundirse unha especie vexetal ou animal exótico por un territorio, como se fose natural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos nervios ou ao sistema nervioso.

    2. Arco formado pola unión das dúas apófises superiores ou neurais que xorden, unha por cada costado, da parte superior de cada unha das vértebras dos peixes. Por este arco pasan a medula e a aorta dorsal.

    3. Ancheamento da ectoderma que está presente na rexión dorsal media do embrión na fin da terceira semana de vida intrauterina. É o primeiro esbozo do sistema nervioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dor intensa en forma de crises paroxísticas de carácter pulsativo ou lancinante que se irradia polo territorio de distribución sensitiva dun nervio periférico.

    2. Dor cervical, irradiada pola extremidade superior, que é causada por algunha lesión intrarraquídea, artrose cervical, espondilites ou lesións do plexo braquial.

    3. Neuralxia que afecta a unha das tres ramas do nervio trixémino.

    4. Neuralxia irradiada polo territorio de innervación dun nervio intercostal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á neuralxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación política e cultural fundada na Coruña en 1963 que ten como obxectivos fomentar o estudo da cultura galega e a dos pobos afíns. Desenvolveu unha importante actividade galeguista coa celebración de conferencias impartidas por relevantes intelectuais, cursos de galego, realización de programas de radio e colaboracións en prensa. Así mesmo, destacou o seu activo labor teatral, coa creación do Grupo Independente de Teatro, posteriormente denominado Grupo de Teatro O Facho. En 1972 creou un concurso teatral co obxectivo de axudar ao desenvolvemento dun teatro infantil en galego. Dos seus fundadores e membros históricos destacaron H. Harguindey Banet, Andrés Salgueiro, Leopoldo Rodríguez, López Meneses e Miguel Anxo Fernán-Vello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Lebozán (Beariz). O seu cumio acada os 786 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Pedro de Cervantes (Cervantes). O seu cumio acada os 900 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Bascuas (Lugo). O seu cumio acada os 554 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Ulla que nace e desemboca na parroquia de Berredo (Agolada).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boqueixón baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilar de Lor (Quiroga). O seu cumio acada os 813 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Santa María de Xeve (Pontevedra). O seu cumio acada os 537 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo natural protexido, cunha superficie de 9.393 ha, que se localiza nos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero e Pontedeume. Constitúe unha das fragas costeiras mellor conservadas de Europa, onde se poden atopar, preto das augas do río Eume, bosques de salgueiros e amieiros, que están rodeados de carballos, bidueiros, acivros, abeleiras, teixos, castiñeiros e loureiros. Tamén se poden observar sobreiras na súa vertente S. Unha importante riqueza florística da zona constitúea a flora de criptógamas e pteridófitos. En canto á flora de briófitas, están representadas 221 especies do total de 471 especies coas que conta a bioflora galega e a flora de liques conta con tres especies novas para Europa continental e 24 para a flora española. Destacan na flora a Woodwardia radicans, Culcita macrocarpa, Trichomanes speciosus, Narcissus cyclamineus e Narcissus asturiensis. Na fauna existen especies de invertebrados endémicos de Galicia e de Europa,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Sverdlovsk, Rusia, á beira do río Čusovaja, afluente do Kama (136.000 h [1997]). Ten fábricas de laminado de tubos e equipos para a minaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á pleura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta ou se refire a máis dun aspecto ou dunha opción.

      1.   Realización do morfema gramatical de número que representa máis dunha entidade individualizada, en oposición ao singular, que representa unha soa.

      2. plural de modestia

        Forma ficticia de plural con valor de singular que empregan oradores ou escritores para atenuar a propia personalidade.

      3. plural exclusivo

        Forma especial de plural pronominal que considera a persoa nosoutros como a suma de eu e mais eles, coa exclusión de vós.

      4. plural inclusivo

        Forma especial de plural pronominal que considera a persoa nós como a suma de eu e mais vós, coa exclusión de eles.

      5. plural maxestático/de maxestade

        Forma ficticia de plural, con valor de singular, empregada por altas xerarquías civís ou eclesiásticas para magnificar a persoa que a utiliza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palabra que se emprega só en plural (exequias, nupcias).

    VER O DETALLE DO TERMO