"bat" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

    1. Loitar nunha batalla.

    2. Porfiar para conseguir algunha cousa facéndolle fronte ás dificultades.

    3. Falar con outras persoas de xeito acalorado contrastando ideas e argumentos encontrados sobre un tema.

    4. Contender unha persoa con outra no deporte da esgrima xogando con espadas negras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuarto do muíño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Panca que sae da canle do muíño e regula a caída do gran.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade táctica de infantería que reúne diversas compañías e que é fundamental para formar unha unidade superior da arma -por exemplo, rexementos ou agrupacións tácticas- xunto con unidades doutras armas. Na maior parte dos exércitos modernos, un batallón está formado por tres compañías de fusileiros, unha de armas pesadas e unha de plana maior, composición heteroxénea imposta pola necesidade de combinar o movemento co fogo. Nos últimos anos a súa importancia táctica superou a do rexemento.

    2. Agrupación numerosa de persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partida carlista galega moi temida, que tiña por caudillo a frei Saturnino Enríquez, un franciscano que fuxira o 14 de maio de 1835 do convento da Vot da Mercede en Melide para pasar a integrar as filas das guerrillas que defendían o Absolutismo a carón de Antonio López, quen estaba ao mando da partida de Sobrado-Arzúa-Melide. Formado no ano 1836, trala morte de Antón López, por desmembración da partida que dirixía, tivo o seu lugar de actuación na área de Mesía, nas terras do interior de Betanzos. O Batallón da Constancia tiña como segundos a Fraga e Andrés Carril, e adquiriu unha nomeada reputación de partida sanguinaria polas súas medidas represivas e polas súas sentencias sumarísimas. A violencia e as extorsións veñen a confirmar a escasa atención que lle prestaba ás recomendacións de moderación dadas polo presidente da xunta carlista galega, Juan Martínez Villaverde. En 1840 frei Saturnino fuxiu a Portugal, onde morrería en 1845 ou 1846, logo da disolución do seu batallón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que foi coñecido o doceavo batallón lixeiro da milicia urbana de Barcelona, formado en 1835 e integrado por obreiros de tendencias republicanas. Distinguiuse nas revoltas de 1836 e 1837.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organizado en 1809 pola Xunta de Monforte, ao seu fronte estaba o oficial do exército Antonio Ponce. Desapareceu en 1812.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organizado en 1809 pola Xunta do Morrazo e por Juan Antonio Gago, natural de Marín, para loitar contra as tropas francesas durante a Guerra da Independencia. Formado por tres batallóns, á súa fronte situouse Joaquín Quijarro. Fusionouse co Batallón de Monforte, que se mantivo ata o ano 1812 mandado por Antonio Ponce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Batallón Literario Compostelán . Real Batallón de Voluntarios de Infantería Lixeira de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo creado en 1996 e formado inicialmente por máis de trinta autores nados ou vinculados á Costa da Morte. Xurdiu co obxectivo de dar a coñecer as súas actividades e inclúe narradores, investigadores e, sobre todo, poetas. Configurado como un movemento cultural asembleario, de carácter democrático e non elitista, busca a comunicación directa cos lectores, realizando recitais en diversos espacios. A súa primeira publicación apareceu en abril de 1996, en colaboración co colectivo antimilitarista Último Reemplazo da Costa da Morte, coa edición do caderno poético As armas da soliedariedade, que recolle textos de César Carracedo, Estevo Creus, Modesto Fraga, Federico López Santalla, Xandra Tedín, Miro Villar e Rafa Villar, entre outros. O seu órgano de expresión é Feros Corvos, que ten como lema os versos de Eduardo Pondal “Feros corvos de Xallas, / que vagantes andás...” e que se distribúe de balde. En formato libro, o BLCM editou dous volumes colectivos: Nós...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina artesanal que funciona pola forza hidráulica, polo que se localiza en lugares que dispoñen de auga corrente. Coa forza motriz da auga ponse en movemento un mecanismo para bater o tecido, especialmente os panos e mantas, que saen amazocados do tear, desengraxados e cunha textura compacta e consistente para resistir mellor o frío e a choiva. Consta de tres pezas fundamentais que van unidas unhas ás outras: a roda motriz vertical que xira impulsada pola auga e move o eixe horizontal; dous mazos de madeira pendurados dunha bisagra de movemento constante e rápido para bater o tecido e, por último, unha pía ou cuba con auga onde se vai mollando o tecido. Os primeiros batáns apareceron en Europa na Idade Media. En Galicia constituían a base dunha industria doméstica moi produtiva no período 1770-1790, momento no que existían 166 batáns tradicionais establecidos principalmente no Baixo Ulla, a Alta Limia, o Alto Arnoia, a Terra de Montes e nas xurisdicións de Mondoñedo, Paderne, Allariz,...

    2. Construción arquitectónica e mecánica que acolle o batán ou folón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Masma pola dereita que drena o val de Lourenzá. Nace no lugar das Redondas, no SL da parroquia de San Adrao de Lourenzá (concello de Lourenzá), a 400 m de altitude. Adopta un curso de dirección SL-NO e atravesa as catro parroquias do concello de Lourenzá. Na de San Xurxo de Lourenzá recibe pola esquerda o seu principal afluente, o Baus. Prosegue o seu curso cara ao NO e pasa pola capital municipal, Vilanova de Lourenzá, desembocando, logo dun percorrido duns 11 km, preto da aldea de Ribeira, na parroquia de Santa María de Lourenzá, achegando ao Masma un caudal de 1,64 m3/s.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Grupo de pequenas illas das Filipinas, no estreito de Luzón, ao N da illa de Luzón, que constitúen a provincia administrativa de Batanes. A poboación concéntrase nas chairas litorais e os seus principais recursos económicos son a agricultura e as minas de carbón. O maior núcleo de poboación é a cidade de Basco, na illa de Batán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que traballa no batán ou coida del.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político da Restauración. Fiel a Isabel II, foi elixido deputado polo distrito de Muros en 1864 e 1872. Oposto á Constitución de 1876, defendeu a de 1845.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da rexión de Luzón Central, na illa de Luzón, Filipinas (184.000 h [1990]). Importante porto pesqueiro e comercial na baía do seu mesmo nome, posúe industrias alimentarias e unha refinería de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Salsa de manteiga, fariña, xema de ovo e limón, especialmente adecuada para os peixes cocidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que tamén se coñece a pataca doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    Nome que en maio de 1795 (Tratado da Haia) tomaron as Provincias Unidas dos Países Baixos cando se constituíron en república ao modelo francés. A República Batava foi substituída no ano 1806 polo Reino de Holanda ( Países Baixos).

    VER O DETALLE DO TERMO