"endo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 257.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa interna do peridio de dúas capas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte interna do citoplasma da célula, situado ao redor do núcleo, que contén a maior parte das estruturas celulares e que se diferenza do ectoplasma en que presenta unha maior fluidez e granulacións abundantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corpúsculo arredondado ou alongado, rico en proteínas, presente no centroplasma das esquizofíceas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa interna do episperma que adoita provir da secundina do primordio seminal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama interna dos apéndices birrámeos dos artrópodos que parte da base do protopodito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biopolímero que se acumula no interior do citoplasma da célula que o produce. Entre os máis coñecidos están o glicóxeno, o amidón e os polifosfatos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á célula ou ao organismo que presenta endopoliploidía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poliploidía que se produce por endomitose ou por endorreduplicación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao insecto, ou ao seu ciclo vital, no que as alas só están presentes na fase adulta, á que chega logo dunha metamorfose, sendo as formas larvarias totalmente ápteras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dun número de substancias de natureza peptídica, de acción semellante á da morfina, aínda que teñen unha actividade vinte veces máis potente, e unha vida media próxima dunha hora. Están presentes no sistema nervioso, especialmente na glándula pituitaria e no hipotálamo. Estes péptidos opiáceos, que actúan como neurotransmisores, teñen efectos sobre o comportamento e o control da dor e propiedades analxésicas similares ás das encefalinas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reprodución supernumeraria do filamento cromosómico que ten lugar durante a interfase.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás rexións que desaugan cara a unha conca pechada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno polo que a rede hidrográfica dunha rexión non desemboca ao nivel da base xeral oceánica. As augas superficiais desaugan nos sectores máis deprimidos e forman lagos e pantanos de diferente extensión. Débese fundamentalmente á aridez climática (carencia de precipitacións e forte evaporación), pero pódese formar tamén polo relevo (cubetas pechadas) e pola natureza do terreo (infiltracións ou impermeabilidade). As rexións endorreicas son case sempre lugares cun índice de pluviosidade moi baixo, sen alcanzar, non obstante, as características das zonas desérticas, totalmente desprovistas dunha conca hidrográfica. Entre as principais áreas endorreicas destacan as da cubeta iraniana e a de Uighur Zizhiqu do Mar Caspio, do mar de Aral, do lago Balkhas e do Mar Morto no continente asiático; as do lago Txad, do lago Rodolfo, e as rexións de pantanos de Okavango, no continente africano; as grandes concas pechadas norteamericanas de Nevada e Utah, no continente americano; a conca superior do...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen endosa.
-
-
Ceder a favor doutra persoa a titularidade dunha letra de cambio ou outro documento de crédito, facéndoo constar no dorso.
-
Encargar a outra persoa a responsabilidade ou a realización de algo que resulta molesto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa en beneficio da que se endosa un documento de crédito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exame ou inspección feita cun endoscopio da superficie interna das cavidades, dos órganos que conteñen e dos condutos do organismo, como os intestinos ou os órganos reprodutores. Pola maneira de recoller a imaxe, pode ser directa, se a zona que se vai explorar xa forma naturalmente unha cavidade, ou indirecta, se se emprega un gas ou un líquido para formar unha cavidade e poder levar a cabo a exploración. Emprégase con fins diagnósticos e terapéuticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que se utiliza na práctica da endoscopia. Dos antigos endoscopios métalicos e ríxidos pasouse á utilización estendida duns instrumentos con tubos flexibles de fibra óptica e, posteriormente, á endoscopia por sensor ou videoendoscopia. Reciben nomes específicos segundo o órgano ao que se lle aplica: colonoscopio, ao colón; citoscopio, á vexiga; gastroscopio, ao estómago; broncoscopio, aos pulmóns, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que se lle daba antigamente ao núcleo da Terra. Tamén recibiu os nomes de barisfera ou nife.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo simbionte que vive dentro das células ou dos tecidos doutro organismo.