"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • PERSOEIRO

    Dirixente revolucionario napolitano máis coñecido como Masaniello. De familia menestral, era vendedor de peixe. Hábil, pero de carácter violento, estivera na prisión do almirantado, onde conseguiu pórse en contacto cos burgueses que máis tarde mantiveron a súa revolta. O establecemento dun imposto sobre as froitas, entre xuño e xullo de 1647, provocou unha verdadeira revolta que deu o poder municipal a Masaniello. Unha vez no poder organizou a milicia cidadá revolucionaria e refixo a administración local. A represión que iniciou contra a nobreza e antigos partidarios seus, así como a súa vida, ostentosamente luxosa, motivou que fose asasinado polos seus inimigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da Terra Chá, afluente do Miño pola dereita. Nace na parroquia de Goán, concello de Abadín, a 480 m de altitude da confluencia de varios ríos e regos, o Abadín, o Rego Grande e o Rego Picheira. Todos estes baixan do engarzamento da Serra da Carba coa Serra do Xistral, artellando (no caso do Abadín) unha rede fluvial que se nutre dos ríos Labrada, Espiñaredo, Gontán e moitos outros regos. Dende Gontán, o Anllo segue unha dirección N-S polas parroquias de Baroncelle e Moncelos, pasa ao concello de Cospeito pola parroquia de Goa, continuando por Roás e Momán. Adéntrase logo pola parroquia de Triaba no concello de Castro de Rei, onde vira para adoptar NL-SO e volver ao concello de Cospeito pola parroquia de Xermar, onde serve de deslinde municipal entre Cospeito e Castro de Rei (parroquias de Xermar e Triaba, respectivamente) ata a súa captura polo Miño no lugar do Muíño do Toural a 395 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sober baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sober baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Amaro baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río que drena a comarca de Bergantiños, ao longo dun percorrido de 54,4 km en sentido L-O, artellando unha conca de 516 km2 de superficie. Ten as súas fontes no lugar da Pedra do Coto, a 410 m de altitude, na parroquia de Meirama do concello de Cerceda, na vertente NO dos Montes do Xalo. A seguir adéntrase uns 350 m polo concello de Culleredo e pasa ao de Laracha pola parroquia de Soandre onde recibe a auga do Río Grande. Segue polas parroquias de Erboedo, Coiro e Vilaño, onde captura o río Acheiro. Pasa ao termo de Carballo polas parroquias de Berdillo, Bértoa, Carballo e Sísamo onde, seguindo por Cances, serve de límite co municipio de Coristanco. Adéntrase logo neste concello pola parroquia de Verdes, que o leva a facer límite co municipio de Ponteceso polas parroquias de Corcoesto (Coristanco) e Xornes (Ponteceso), deixando Cospeito para facer linde entre Cabana de Bergantiños e Ponteceso polo Esto e Cesullas (da banda de Cabana), e Langueirón e Anllóns (da banda de Ponteceso)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ponteceso baixo a advocación de san Filipe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espacio natural, declarado refuxio de caza, localizado na zona interna da ría de Corme e Laxe. Trátase dun complexo litoral formado por un esteiro parcialmente pechado por unha barra areosa, un sistema dunar e un conxunto de marismas, carrizais e xunqueiras. Destaca o interese ornitolóxico da área xa que nela aniña a píldora papuda e, ademais, constitúe un punto importante para a invernada ou o paso de limícolos, anátidos ou garzas. No outono, cando sopran ventos persistentes de compoñente O, poden presentarse aves de procedencia neártica divagantes, sobre todo limícolas, de orixe paleártica oriental ou neártica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa do concello de Ponteceso que conserva algúns restos románicos, sobre todo nos canzorros do beiril da ábsida e nunha porta lateral. O resto da construción é de época moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Sistema de dúas lentes fixas nunha armazón especial que se apoia no nariz e nas orellas e que se emprega para ver mellor ou para corrixir defectos visuais.

      2. Aparellos que xa en 1482 se fabricaban en Nuremberg, pero os anteollos dos s XVII e XVIII eran pouco máis ca unhas simples lentes de aumento, malia os traballos de Kepler, Huygens Hooke e Newton aplicados aos telescopios. No século XIX perfeccionáronse notablemente polo labor de Young, Airy, Donders e Helmholt. Hoxe en día os sistemas de anteollos acadaron unha gran diversidade segundo o tipo de lentes que empregan e o defecto visual que tratan de corrixir, como por exemplo os anteollos bifocais, que presentan dous tipos de lentes, unha para ver de lonxe e outra, máis abaixo, que se usa para ler, etc; ademais disto, a preocupación pola estética e o consumismo permite aos fabricantes sacar ao mercado a cada pouco novos modelos de soportes. En moitos casos substitúense por lentes de contacto. Os principais defectos da visión e tipo de lentes que se empregan son: miopía, en que non se columbran os obxectos afastados, para a que se usan lentes cóncavas ou “negativas”...

    1. Instrumento óptico formado por dous tubos e un xogo ou máis de lentes en cada un deles que amplía as imaxes e serve para ver ao lonxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo e político aragonés. Estudiou en Zaragoza e València, para trasladarse a Madrid no 1799 coa intención de ensinar Xeografía e Historia no Seminario de Nobres. A raíz da invasión napoleónica fuxiu a Sevilla (1809) e logo a Palma de Mallorca (1810-1813), onde exerceu como maxistrado da Audiencia e foi vogal das cortes pola Coroa de Aragón, contribuíndo ao desenvolvemento das ideas liberais en Mallorca. Publicou traballos como a Carta sobre la necesidad de asegurar con leyes eficaces la libertad del ciudadano contra los atropellos de la fuerza armada (1811) ou Noticias históricas de don Gaspar Melchor de Jovellanos (1812), xunto a obras de carácter xeográfico como Lecciones de geografía astronómica, natural y política (1804-1806). Máis tarde foi deputado nas Cortes de Cádiz. Morreu asasinado ao se proclamar o réxime absolutista en 1814.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano, fillo de escultor. Probablemente, foi discípulo de Colantonio en Nápoles -non en Flandres como adoita dicirse-, onde entrou en contacto coa pintura da Escola Flamenca, da que asimilou a técnica da pintura ao óleo, que logo difundiu por Italia; a preferencia pola perspectiva lineal, as composicións verticais e a sobrevaloración do detalle (Políptico de San Gregorio do Museo de Messina).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de elementos que se combinan para realizar unha determinada función.

    2. aparato.

      1. Conxunto de utensilios necesarios para pescar.

      2. Conxunto de redes e panos de rede empregados para a extracción directa do peixe. Historicamente, a introdución de novos aparellos foi causa de fortes períodos de conflitividade protagonizados polos armadores dos novos aparellos, por unha banda, e os propietarios das artes tradicionais pola outra. A causa do conflito era fundamentalmente económica, ocasionada polo maior custe e produtividade dos novos aparellos, contra os que os armadores da pesca tradicional non podían competir. Os conflitos que se produciron entre as xábegas, introducidas en Galicia polos fomentadores cataláns dende mediados do s XVIII, e as artes de pesca tradicional (xeitos e volantas) son fundamentais para a comprensión da influencia da emigración levantina e da importancia das súas actividades para a evolución da industria pesqueira. Entre finais do s XIX e principios do XX a introdución do cerco de xareta, que representaba a pesca con traíña, supuxo un enfrontamento directo co xeito, conflito que rematou por producir...

      1. aparello de bombarda

        Aparello cunha arboradura que, ademais do bauprés, consta de dúas árbores dunha soa peza sen gabias, onde a maior é cruzada, e a do medio non; esta última cunha botavara e un pico para izar a áurica e a escandalosa.

      2. aparello de barca/bricbarca/corveta

        Aparello cunha arboradura que, ademais do bauprés, consta de tres ou máis árbores, que exceptuando a mediana, son todas de tres pezas cruzadas e sen gabia; a do medio é de dúas pezas sen cruzar e sen gabia pero cunha botavara e un pico para izar a áurica e a escandalosa.

      3. aparello de dogre

        Aparello cunha botavara que, ademais do botaló, consta de dúas árbores dunha peza, onde a maior leva dúas velas redondas, e a do medio unha vela redonda e unha áurica.

      4. aparello de fragata

        Aparello cunha arboradura que, ademais do bauprés, consta de tres ou máis árbores de tres pezas, cruzadas e con gabias, onde ademais o pau macho da árbore do medio leva sempre unha botavara e un pico para izar a áurica. Non poden levar nunca ningunha vela escandalosa.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ehículo do programa Apollo co obxectivo de aterrar na Lúa. Constaba de tres elementos: módulo de mando, de forma cónica, centro de control, preparado para a vida da tripulación; módulo de servicio, de forma cilíndrica, parte propulsiva do módulo de mando; e módulo lunar, de forma poliédrica, parte do vehículo destinada a aterrar na Lúa, provista dunhas unidades propulsoras propias.

    2. Nome que, seguido dun número en cifra latina, se lle dá a cada un dos voos do programa espacial norteamericano Apollo. Os tres primeiros da serie foron lanzados en 1966 co foguete Saturn I-B, quen de poñer en órbita 18 toneladas, e consistiron en voos suborbitais de proba da reentrada na atmosfera. O Apollo 4 foi o primeiro lanzado co foguete Saturn V capaz de satelitizar 126 toneladas. O Apollo 5 (1967), que sería o primeiro voo tripulado, non chegou a realizarse, por mor dun accidente sufrido na fase de probas (alí morreron os tres astronautas que tiñan que facelo). O Apollo 7 (1968) representou o primeiro voo tripulado do programa e, ademais, constituíu a primeira colocación en órbita dunha cápsula espacial norteamericana con tres astronautas. O Apollo 8 (1968) foi a primeira misión tripulada norteamericana de voo arredor da Lúa. O Apollo 9 (1969) representou unha misión de adestramento en órbita terrestre que tivo por finalidade probar o funcionamento do módulo lunar e a realización...

    3. Programa aeronáutico dos EE UU constituído por 21 voos espaciais e que tivo por finalidade conseguir a exploración da Lúa antes da fin do ano 1970. Comezou no 1960 por decisión do Presidente dos EE UU John Fitzgerald Kennedy. Leváronse a termo previamente os voos Mercury e Gemini, desenvolvéronse a serie de foguetes Saturn e ademais, aumentou a información co lanzamento das sondas espaciais Ranger, Surveyor e Lunar Orbiter.

    4. Proxecto astronáutico dos EE UU para utilizar os vehículos, os foguetes e as técnicas postas a punto co programa Apollo para misións espaciais tripuladas, xa sexan de órbita terrestre, xa sexan lunares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cova de Namibia con potentes niveis do Paleolítico medio e final de África do Sur. En varios niveis rexistráronse táboas de pedra coas pinturas naturalistas máis antigas coñecidas en África (rinocerontes, antílopes, cebras, etc) datadas entre 26.000 e 17.000 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa e pintora autodidacta. Dedicouse á docencia e, posteriormente, exerceu como funcionaria na Xunta de Galicia. Colaborou en numerosas revistas (Galicia en Madrid, Poesía Galicia, Arte Galicia) e publicou o poemario Faíscas do Tempo (1987). En 1988, Elisa Vázquez de Gey incluíuna no libro Queimar as meigas. Galicia: 50 años de poesía de mujer. En castelán publicou os poemarios Entre dos luces (1997) e Diálogos con el mar (1997). É autora da letra do himno de Sada (1998) e como pintora expuxo individual e colectivamente dende 1982. En 1999 recibiu o II Premio de Fotografía da Autoridade Portuaria da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de cantería que traballou na diócese de Tui. En 1862 contratou a edificación da igrexa de Salcidos; reconstruíu a torre campanario e parte do coro da igrexa das Clarisas de Tui. Tamén fixo o enlousado da igrexa de San Cristovo de Goián (Tomiño) e o cruceiro da praza de San Martiño de Figueiró (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Chegou a Galicia en 1571. Representa, xunto con Mateo López, a ponte entre as caducas tendencias renacentistas (as súas primeiras obras son goticistas e as seguintes renacentistas) e as novas ideas que farían triunfar o purismo en Compostela. En 1571 construíu o primeiro corpo da Torre das Campás da Catedral de Lugo, obra aínda goticista que leva como único ornamento a balaustrada. Seguiu coa Torre das Campás e coas obras da igrexa luguesa de Santo Andrés de Castro. Dirixiu as obras de edificación do hospital de San Roque de Santiago e construíu a capela de San Xacinto, na igrexa conventual de San Domingos de Bonaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terreo areoso e pouco fondo.

    2. areón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLOTES

    Punta da ría de Pontevedra situada entre a praia dos Mortos ao L e a praia das Areas ao O na parroquia de Bordóns, concello de Sanxenxo. É un antigo con unido á liña de costa polo depósito de praia.

    VER O DETALLE DO TERMO