"ues" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 481.

  • PERSOEIRO

    Historiador, filólogo e crítico literario. Estudiou dereito e filosofía e letras en Granada, e ampliou estudios na Sorbonne. Colaborou con Giner de los Ríos, dirixiu a sección de lexicografía da Institución Libre de Enseñanza e foi catedrático de Historia da Lingua Española da Universidad de Madrid (1915-1939). Durante a Segunda República foi embaixador en Berlín e en 1939 exiliouse aos EE UU, onde foi catedrático en Princeton. Publicou, entre outras obras, Fueros leoneses de Zamora, Salamanca, Ledesma y Alba de Tormes (1916), El pensamiento de Cervantes (1925) e La realidad histórica de España (1935-1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Censo demográfico e fiscal elaborado entre 1750 e 1754 nos reinos peninsulares da coroa de Castela, entre eles o de Galicia, por un decreto do Rei Fernando VI a instancias de Zenón de Somodevilla y Bengoechea, Marqués de la Ensenada, secretario de Facenda, Guerra, Mariña, Indias e Estado, e gobernador do Consello de Castela. O catastro tiña como base unha enquisa constituída por 40 preguntas relativas á poboación, ás propiedades e ás actividades económicas de cada unha das parroquias. Este cuestionario (interrogatorio) debía ser respondido en primeira instancia polo párroco, o alcalde, os rexedores da xurisdición e dous veciños elixidos por eles. Os responsables da recolección dos datos eran funcionarios (xustizas e intendentes) nomeados para a ocasión, acompañados de escribáns, agrimensores, taxadores e os peritos que fosen precisos. Ademais, cada veciño debía declarar os seus datos particulares: nome e apelidos, profesión, condición social, familia, fontes de ingresos e propiedades. Constitúe...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de catequizar, é dicir, de ensinar metodicamente a doutrina cristiá dun xeito apropiado ás distintas persoas (nenos, adultos, bautizados ou non bautizados). Antigamente, era a predicación que se realizaba para os adultos que ían recibir o bautismo, durante o catecumenado. Consistía en explicar, durante o tempo de coresma, os fundamentos da fe e tamén o sentido e o contido dos sacramentos e dos ritos litúrxicos (catequese mistagóxica ou de iniciación). Facíase durante a Pascua cos neófitos ou cos acabados de bautizar. Cando se xeneralizou o bautismo dos nenos, a función da catequese foi a de ensinar os fundamentos da fe e, máis comunmente, unhas normas morais que reflectían as preocupacións propias de cada época (a conversión de xudeus, de musulmáns, a Contrarreforma, etc). Despois das disposicións tridentinas, comezou o ensino da doutrina cristiá durante a misa dos domingos ou das festas para o pobo adulto, a catequización dos nenos por parte dos rectores ou dos mestres...

    2. Ensino a través de preguntas e respostas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario dos Padres Franciscanos que se publicou en Ourense dende 1943 ata 1945. O seu director foi o P. José Mª Guillén Rey. No sumario figuran as seccións “Pedagogía y catequesis”, “Liturgia” e “Miscelánea”. Entre os redactores destacan Aurora Maceda, Andrés Herranz, Agustín Rodríguez, Josefa Rodríguez e Germán Yáñez. O grupo de colaboradores estaba integrado por Vicente Risco, José Mª Ciorda, Amparo F. Noguerol ou José Mª Parente. Trátase dunha folla semanal de información que co tempo se converteu nunha revista mensual de formación relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao sistema de unidades CGS, baseado no centímetro, no gramo e no segundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada o 10 de novembro de 1927 por un grupo de residentes portugueses en Vigo. O seu obxectivo é divulgar a lingua e cultura portuguesas mediante a organización de diversos actos de promoción da música, das artes, do folclore e das relacións entre España e Portugal. Entre os seus proxectos, cómpre destacar a creación da primeira Cámara de Comercio Luso-Española e a organización das Primeiras Xornadas Galaico-Portuguesas. Entre os asistentes aos seus coloquios figuran cineastas, como Ernesto Sousa, autores, como Urbano Tavares Rodrigues, e intérpretes, como Mafalda Arnauth.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoán Pacheco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor de orixe cubana, fillo de Carlos Manuel de Céspedes y Borja del Castillo. Despois de realizar estudios en EE UU, Francia e Alemaña, regresou a Cuba para participar na loita independentista dende 1895. Deputado pola provincia de Oriente, foi embaixador en Italia, Arxentina, EE UU e Francia, e secretario de Estado durante o goberno de Zayas. En 1933, trala deposición de Machado, elixírono presidente ata setembro dese ano, cando o derrocou Fulgencio Batista. Publicou, entre outras obras, Manuel de Quesada y Loynaz (1925). Foi membro da Academia de la Historia de Cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Trala ocupación alemá de Francia durante a Segunda Guerra Mundial foi nomeado xeneral de brigada polo Comité de Liberación e asumiu un papel destacado na Resistencia. En 1946, nas filas do partido Radical-Socialista, foi elixido alcalde de Bordeos. Ocupou este cargo ata 1947, ano no que ingresou no partido Social-Republicano, gaullista, refundado en 1953 como Unión para a Nova República. Durante a IV República foi ministro de Obras Públicas (1954-1955), de Estado (1956-1957) e de Defensa (1957-1958). En 1958 foi decisiva a súa actuación na fundación da V República. Foi presidente da Assemblée National (1958-1969), primeiro ministro no goberno de Georges Pompidou (1969-1972) e inspector xeral de finanzas en 1973. Un ano despois fracasou no intento de acadar a presidencia da República, pero volveu presidir a Assemblée National en dous períodos máis (1978-1981 e 1986-1988). Escribiu L’ardeur (O ardor, 1975), a biografía Charles de Gaulle (1980) e o ensaio histórico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e clavecinista. Descendente dunha saga de coñecidos organistas, está considerado como o precursor dos grandes clavecinistas franceses. Foi primeiro clavecinista de cámara de Luís XIV e tivo numerosos discípulos, entre eles os Couperin, Robert Cambert e Jean-Henri d’Anglebert. Compuxo obras exclusivamente para clave dunha elaborada ornamentación, como a colección Pièces de clavecin (Pezas de clavecín, 1670).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo francés, irmán de Jean-François Champollion. Foi bibliotecario de diversas institucións e catedrático de Paleografía na École des Chartres. Estudiou os documentos gregos escritos en exipcio. Escribiu, entre outras obras, Annales des Lagides (1819), L’Egypte ancienne et moderne (O Exipto antigo e moderno, 1840) e L’écriture démotique égyptienne (A escritura demótica exipcia, 1843).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre francés. Co triunfo da Revolución de 1789 tivo que exiliarse; primeiro foi acollido polo conde de Fernán Núñez e logo Ventura Caro levouno a Santiago de Compostela. Nesta cidade permaneceu en compañía da súa esposa, fillos e criados ata 1795, ano no que marcharon a Inglaterra por mor do Tratado de Basilea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Foi o primeiro en utilizar o hidróxeno nos aeróstatos. Preparou cos irmáns Robert un globo propulsado por hidróxeno que se elevou nas Tullerías en agosto do 1783. Máis tarde, xunto con N. L. Robert, efectuou a segunda ascensión tripulada, e en 1785 ingresou na Académie des Sciences. En 1787 descubriu a relación entre a temperatura e o volume dun gas, pero non publicou os resultados, e en 1802 Gay-Lussac formulou esta lei (que leva o seu nome) de forma independente. Inventou diversos instrumentos ópticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gabrielle Émilie Le Tonnelier de Breteuil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cherburgo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Cherburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor suízo. Cultivou a poesía e a novela e recibiu o premio Goncourt pola obra L’Ogre (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Osquesta norteamericana fundada en 1891 polo director Theodore Thomas. Dende 1969 foi dirixida por György Solti que situou a orquesta entre as primeiras a escala mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Graduado en Ciencias Políticas polo Institut d’Etudes Politiques de París. Foi secretario de estado para a economía e as finanzas (1968-1971), ministro de Relacións co Parlamento (1971-1972), ministro de Agricultura (1972-1974), ministro de Interior (1974) e secretario xeral da Union pour la Défense de la République (UDR) (1974-1975). En 1974 converteuse en primeiro ministro, pero dimitiu en 1976. Presidente do Rassemblement pour la République (RPR) entre 1976 e 1994, foi alcalde de París (1977-1986 e 1989-1995). En 1986-1988 ocupou novamente o cargo de primeiro ministro. En 1995 gañou as eleccións presidenciais, despois de ser candidato en 1981 e 1988. Nomeou un goberno de dereitas encabezado por A. Juppé, e o comezo do seu mandato resultou polémico por mor do seu plan de reforma da Seguridade Social; esta reforma orixinou unha serie de protestas e a decisión de realizar probas nucleares en Mururoa (na Polinesia francesa). En 1997 o triunfo do Partido Socialista Francés (PSF)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político canadense. En 1963 foi elixido membro da Cámara dos Comúns de Canadá polo Partido Liberal. Fíxose cargo de varias carteiras ministeriais: Asuntos Indios e do Norte canadense (1968-1974), Industria e Comercio (1976-1977), Finanzas (1977-1979), Xustiza (1980-1982) e Enerxía, Minas e Recursos (1982-1984). Despois de converterse en líder do seu partido, foi elixido primeiro ministro de Canadá nas eleccións de 1993, cargo que renovou nos comicios de 1997 e de 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Home que, segundo a tradición popular, agarda por algúns rapaces en lugares pouco iluminados para raptalos, matalos e logo chucharlles o sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO