"xil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 207.

  • ácido acelaico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos limexilónidos.

    2. Coleóptero da familia dos limexilónidos.

    3. Familia de coleópteros que comprende diversos xéneros entre eles Lymexylon e Hylecoetus. Algunhas especies destes xéneros producen danos en árbores coma o pino ou o abeto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo cenobio de monxas beneditinas situado en Lobios (Sober), do que se descoñece a data da súa fundación. Por unha bula do Papa Xulio II de 1504, incorporouse ao mosterio de San Paio de Antealtares. Posuía un couto que no s XVI tiña 33 veciños que pagaban as rendas. Consérvase a igrexa románica dos ss XII e XIII con algún elemento gótico. Ten planta de nave única e ábsida rectangular. A sancristía é posterior e a espadana é plenamente barroca. A portada principal está formada por catro arquivoltas e sobre ela sitúase unha fiestra enmarcada dentro doutra, con arcos apuntados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta un predominio da lonxitude sobre outras dimensións.

    2. Aplícase ao biotipo dos individuos caracterizados, segundo a biotipoloxía italiana, por ter os membros longos, en relación co tronco, talla alta, tórax longo e delgado, panículo adiposo pouco desenvolvido e músculos fláccidos e longos. Corresponde ao tipo leptosomático de Kretschmer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘mandíbula’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos apéndices do aparato bucal dalgúns artrópodos, que teñen unha misión mastigadora que se pode modificar segundo o réxime alimentario do animal. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á mandíbula ou ao óso maxilar.

      1. Cada un dos ósos maxilares, o superior e o inferior.

      2. óso maxilar inferior

        Óso plano e desaparellado, central e simétrico, móbil, en forma de ferradura, situado na parte anterior e inferior da cara. Articúlase cos dous temporais e fai contacto co maxilar superior. OBS: Tamén se denomina mandíbula inferior ou mandíbula.

      3. óso maxilar superior

        Óso curto e parello, situado no centro da cara, baixo o frontal e o etmoide, cos que se articula ademais do pómulo, o ungüe, o óso do nariz e o vómer. É irregularmente cuadrilátero con dúas caras, catro lados e catro ángulos. OBS: Tamén se denomina impropiamente mandíbula superior. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • maxil(i/o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das tres parellas de apéndices torácicos dos crustáceos situadas entre as maxilas e as patas camiñadoras. A súa función consiste en axudar a triturar as substancias alimenticias e facelas pasar cara á boca. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • maxil(i/o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos maxilares e á cara. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ósos frontal e maxilar superior.

    2. Aplícase ao punto craniométrico lateral situado no punto de unión da sutura maxilofrontal co bordo orbitario interno. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos maxilares e ao padal. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Primeira parella de maxilas dos crustáceos.

    2. Calquera apéndice dos insectos similar á maxila. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que se editou en Ferrol a partir de xaneiro de 1934. De periodicidade trimestral e dirixida por Ricardo Torres Queiruga, foi unha publicación de carácter técnico en que colaboraron oficiais e persoal auxiliar da Armada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde se crían os mexillóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mexillón.

    2. Persoa que pesca, cultiva ou vende mexillón.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Molusco lamelibranquio do xénero Mytilus, da familia dos mitílidos, de cor negra no exterior e azul iridiscente no interior. Forma colonias de gran densidade sobre as rochas da zona intermareal, ás que están adheridas por medio da glándula do biso. Moi apreciado en gastronomía, o seu cultivo (mitilicultura) existe desde tempos moi antigos. A súa distribución é moi ampla, xa que crece en augas temperadas e tropicais. Na costa atlántica, atópanse as especies M. edulis e M. galloprovincialis, esta última moi común en Galicia.

      2. mexillón atlántico [Mytilus edulis, Fam dos mitílidos]

        Molusco de ata 10 cm de lonxitude, de valvas iguais de cor entre parda e negra azulada, con bordo liso. É moi semellante ao mexillón rubio, e habita sobre substrato duro nas zonas de esteiro e do mesolitoral e do infralitoral, onde forma colonias. Distribúese polo Atlántico desde o canal da Mancha ata o mar do Norte. Tamén é comestible, e cultívase en países como Francia e Países Baixos. En Galicia, tamén está presente, pero en menor medida que o M. galloprovincialis.

      3. mexillón rubio [Mytilus galloprovincialis, Fam dos mitílidos]

        Molusco de ata 10 cm de lonxitude, formado por unha cuncha de dúas valvas iguais, de contorno triangular, de cor negra azulada e con estrías de crecemento concéntricas; no interior está o corpo, mol, envolto polo manto, de cor crema alaranxada. Ten un pé musculoso, e de entre as valvas sobresaen uns filamentos segregados pola glándula do biso para poder fixarse aos substratos duros. Vive, en estado natural, na franxa infralitoral rochosa, forma colonias moi numerosas, e aliméntase por filtración de materia orgánica particulada e de plancto, e pode chegar a filtrar ata 8 litros de auga por hora. Trátase dun animal de crecemento rápido, que é máximo entre os meses de xuño e agosto, e mínimo entre xaneiro e febreiro. Entre os principais inimigos do mexillón están as estrelas de mar e algúns crustáceos. O seu ciclo reprodutor dura 7 meses, son unisexuais, existen machos e femias, e a fecundación ten lugar no mar. Tras a liberación dos gametos e, tras o nacemento da larva, ao cabo de dúas semanas...

    1. Molusco lamelibranquio de auga doce e 4 cm de lonxitude, e que non é comestible. Na Península Ibérica considérase unha especie invasora especialmente perigosa, procedente dos mares Negro e Caspio, e que comezou a invasión debido ao transporte marítimo de mercadorías. Aliméntase de fitoplancto, polo que compite polo alimento con outras especies, e produce así alteracións nos ecosistemas.

    2. madreperla de río.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación de orixe aprobada pola Orde do 17 de outubro de 2000 da Consellaría de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e ratificado o seu regulamento pola Orde de 2 de agosto de 2001 do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Agrupa os produtores de mexillón de Galicia das rías de Ares-Betanzos, Muros-Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo. Os mexillóns que se atopen baixo o control deste consello deben cumprir uns requisitos ecolóxicos, como a non manipulación do medio, e sanitarios, pero sen utilizar medicamentos, así como ser comercializados sen conservantes e en envases 100% reciclables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico situada na parroquia de Visma (A Coruña).

    VER O DETALLE DO TERMO