"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corasmia
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome inglés de Cill Dara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Turquía, na rexión de Tracia (6.378 km2; 309.528 h [1997]). A súa capital é Kirklareli (49.315 h [1997]).
-
(Frankfurt 5.1.1954) Fotógrafa alemana. Estudiou belas artes en París, e imaxe e fotografía nas universidades de Westminster e Derby. Exerce como profesora na Contemporary Photographic Practice do colexio de Printing (Londres). Individualmente, expuxo no Musee d’Art Moderne de la Ville de Paris (1987) e, de forma colectiva, participou na IV e VII Fotobienal de Vigo (1990 e 1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Heralec 1830 - Praga 1859) Pintor checo. A súa obra representa un paso radical do romanticismo ao realismo. Captou o carácter da paisaxe checa, interpretada con poesía, como en Paisaxe checa (1858) e Vodas de campesiños (1858).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Poltava 1769 - 1838) Escritor ucraíno. Primeiro clásico da nova literatura ucraína, comezou a escribir a súa Enejda en 1794 (editada postumamente en 1842), na que, empregando os personaxes e mais o ambiente de Virxilio, describiu a sociedade ucraína da segunda metade do s XVIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
laparear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
laparada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco González Lagares.
-
RIOS
Río da vertente atlántica. Nace na Lagoa Mol (A Retorta), no límite entre as parroquias de Vilar de Infesta (Redondela) e Cabral (Vigo). O seu curso adopta unha dirección NL-SO coa que atravesa as parroquias viguesas de Lavadores, Sárdoma (onde recibe o seu principal afluente, o Eifonso, que baixa de Beade), Castrelos (onde aflúe o Barxas), Matamá, Santo André de Comesaña, Navia e Coruxo. Desemboca na ría de Vigo, no límite entre estas dúas últimas parroquias, despois dun percorrido de 14 kms. Na súa desembocadura forma unha xunqueira ao S da praia de Samil.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lagar pequeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno illote situado na ribeira dereita da ría de Arousa, na parroquia e concello de Ribeira.
-
GALICIA
Pintor. En 1973 participou na mostra de pintura ao aire libre da praza da Princesa en Vigo e ao ano seguinte presentou a súa primeira exposición individual. En 1980 integrouse en Atlántica. Foi bolseiro da Deputación de Pontevedra e do concello de Lalín (1976-1978) e do ministerio de Cultura (1980-1981). A súa obra evolucionou dunha figuración expresionista, con personaxes nacidos da tradición galega, a un informalismo que se caracteriza polos grandes espacios negros e pola estrutura xeométrica no que se interesou pola superficie e a textura pictórica e nas que desapareceu toda referencia á figuración para acadar o protagonismo a materia. Desde os seus inicios utilizou como soporte distintos materiais como o cartón, as táboas, as caixas de madeira ou materiais de refugallo. Destacan, entre outras, as series Letanías (1988-1991), Gracias vagabundas (1992-1993), Eidos de Rosalía (1996-1997) e Milonga (2001). Participou en diversas convocatorias de ARCO...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Foi moi popular grazas aos personaxes de comedia que interpretou en numerosos filmes. Destacan El verdugo (1963), de L. G. Berlanga, No somos de piedra (1967), de M. Summers, No desearás al vecino del 5º (1970), de R. Fernández, Las verdes praderas (1979) e El crack (1981), ambos os dous de J. L. Garci, Los santos inocentes (1983), de M. Camus, Premio de Interpretación de Cannes, Sinatra (1988), de F. Betriu, El río que nos lleva (1989), de A. del Real, e La marrana (1992), de J. L. Cuerda.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Fundou e dirixiu o semanario La Comarca (1919) e colaborou na revista Nós. Participou activamente no Seminario de Estudos Galegos e publicou Ribadeo antiguo. Noticias y documentos (1933) e Dos mil nombres gallegos (1952). Na súa vila natal creouse unha agrupación cultural co seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Desprender labaradas ou chamas altas o lume.
-
Iluminar o sol unha cousa cos seus raios.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria, situado ao SL de Santander, no extremo oriental da baía de Santoña (12.559 h [2001]). Tivo importantes estaleiros durante o s XVII. Na actualidade ten industria relacionada coa actividade pesqueira, complementada pola agricultura e a explotación gandeira. É centro turístico. O conxunto histórico foi declarado BIC en 1970.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Texas, EE UU, situada á beira do río Bravo (122.900 h [1990]). Posúe refinerías de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Estudou debuxo e pintura. Colaborou en Guía de las rutas de Galicia e escribiu Os nosos cruceiros (1993), ilustrado con debuxos seus. Realizou exposicións individuais e colectivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e escritor. Licenciado en Filosofía e Teoloxía, Humanidades e Pedagoxía, foi autor de Os nosos devanceiros (1976), Guía de Santiago e Rías Baixas (1982), Galicia Enteira (1980-1989), Galicia de Galicia: do A ao Z (1991), O camiño de Santiago por Galicia (1993) e Guía de Arzúa (1998).
VER O DETALLE DO TERMO