"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Feira de carácter internacional que se celebra anualmente desde 1981 en Barcelona para promover o coñecemento do cómic e que serve como foro para debater a súa situación. Conta coa participación de destacados ilustradores de todo o mundo e desenvolve un Taller de Còmic e unha Comiteca, dirixida aos máis pequenos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exposición anual do cómic de carácter internacional que se celebra na Coruña. Dirixida por Miguelanxo Prado e Carlos Portela, coa colaboración do Concello da Coruña, a primeira edición celebrouse en 1998. Nas súas diferentes convocatorias contou coa participación de destacados ilustradores, como Denis Deprez, Manel Fontdevilla, Stuart Immonem, Bruce Jones e Ana Miralles, entre outros. As diversas mostras e actividades teñen lugar no Kiosco Alfonso, no Palacio Municipal e no edificio Salvador de Madariaga.
-
-
Creación cirúrxica dunha abertura ou fístula na trompa de Fallopio para facer unha drenaxe.
-
Restauración cirúrxica da permeabilidade da trompa de Fallopio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión cirúrxica que se realiza na trompa de Fallopio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación que consiste na ablación dunha ou dúas trompas uterinas.
-
PERSOEIRO
Filóloga. Doutora en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1990), é profesora titular (1993) desta disciplina na Universidade da Coruña. Foi membro do equipo de investigadores do Instituto da Lingua Galega (ILG), onde colaborou no Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa, 1985-1989) e no Arquivo do léxico galego e, desde 1990, é membro do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega (RAG). As súas liñas de investigación son a lingüística galega, en particular a lexicografía e a historiografía, a lingua francesa e a edición de textos medievais. Participou no proxecto de investigación Vocabulario fundamental da lingua galega (1987) e dirixiu e dirixe diferentes proxectos relacionados coa lexicografía e a edición de textos medievais. Formou parte do equipo redactor do Dicionario da lingua galega (1990) e do Dicionario da Real Academia Galega (1997), e participa na elaboración do Dicionario xeral da lingua galega (1997). En relación coa filoloxía francesa,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Foi xefe dos servizos de cultura da Deputación da Coruña. Colaborador del Instituto de Estudios Coruñeses José Cornide e de diversas publicacións, escribiu Una guía de Galicia: el arzobispo Rajoy y la vida local compostelana: siglo XVIII (1956), Siluetas y paisajes (1959), Ensayo sobre Finisterre: del atrio de Vilar de Donas a la cima del monte Nerio (1967) e La Coruña en seis rutas (1975). Académico da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e correspondente da Real Academia Galega, recibiu a Encomienda de la Orden de Alfonso X el Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto caducifolio, de 1 a 4 m de altura, con ramas de cor vermella escura, follas opostas, enteiras, ovadas e acuminadas. As flores son pequenas, de cor branca e agrupadas en corimbos terminais, e froito en drupa, amargo e negro unha vez maduro. Florece en primavera, e é común na zona máis húmida de Europa, sobre todo en bosques, ribeiras e matogueiras. OBS: Tamén se denomina árbore fría e corneira.
-
MONTES
Monte situado na parroquia das Maceiras (Dozón). O seu cumio acada os 732 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de República Dominicana e de Distrito Nacional (1.817.754 h [2002]). Está situada na costa meridional da illa, preto da desembocadura do Ozama. Foi a primeira cidade fundada polos europeos -fundouna Bertomeu Colón en 1496- no continente americano e o punto de partida da colonización española nas Antillas. Próspera ata finais do s XVI, o seu posterior período de decadencia durou ata o inicio do réxime ditatorial de R. Trujillo. Os ataques de F. Drake (1586) e a ocupación de Haití polos franceses (1697) retardou a súa recuperación, aínda que a produción azucreira e a reconstrución realizada baixo a ditadura de Trujillo (1930-1938 e 1948-1952) favoreceron o crecemento na segunda metade do s XX. Entre 1936 e 1961 denominouse Ciudad Trujillo. Do seu patrimonio destaca a catedral gótica (s XVI), con elementos renacentistas, as igrexas de Santo Domingo e San Francisco e a casa do Almirate (s XVI). A cidade colonial foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de La Rioja drenado polos ríos Zamaca e Oja, afluentes do Ebro (5.622 h [2001]). É un centro comarcal con pequenas industrias que foi fundado por santo Domingo de la Calzada (1044) e converteuse en estación obrigada nas peregrinacións a Santiago de Compostela. Do seu patrimonio cultural destacan os restos das murallas medievais; a ponte -mandada construír por Afonso VI-; a catedral (s XII), en cuxo interior destaca o cadeirado do coro (s XVI); e o retablo do altar maior e o convento de San Francisco, reconstruído no s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Abadía beneditina situada 50 km ao SL de Burgos. De estilo románico, foi fundada polo conde Fernán González (919). A igrexa, consagrada en 1088, foi refeita (s XVIII) por Ventura Rodríguez. O claustro (ss XI-XII) foi famoso polos baixorrelevos dos ángulos e pola colección animalística dos capiteis. Das obras de ourivaría que se conservan destacan un cáliz mozárabe de prata dourada (s XI) e o frontal románico de cobre.
-
PERSOEIRO
Dominicano de orixe galega. Ingresou no convento de San Domingos da Coruña e foi prior dos conventos de Zamora, Palencia, Toledo e Talavera, e reitor dos colexios de Santo Tomás en Ávila e de San Gregorio en Valladolid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor arxentino. Enfrontouse á oligarquía local e á ditadura de Rosas e, exiliado en Chile, organizou a primeira escola normal (1842). Foi gobernador de Bos Aires e ministro do goberno provincial, gobernador de San Juan, ministro de Estado (1860) e embaixador en Washington. En 1868 foi elixido presidente da república. Publicou Facundo. Civilización y Barbarie (1845), Mi defensa e Recuerdos de provincia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Modelo derivado da aplicación da ecuación de Schrödinger para o estudo da estrutura atómica. Para un sistema determinado, as diferentes funcións propias, solucións da ecuación, son coñecidas como orbitais.
-
PERSOEIRO
Pintor, debuxante e litógrafo. Estudou en Roma (1788-1795). Foi pintor da corte portuguesa (1802), pero a causa das súas ideas liberais en 1823 marchou a París e máis tarde a Roma. Destacan Retrato dos seus fillos e Junot, emisario de Napoleón, ante Lisboa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, duque de la Torre. Distinguiuse durante a Primeira Guerra Carlista. Espartero enviouno a Barcelona (1842) para someter a cidade, pero poucos meses despois sumouse ao pronunciamento de Prim. Facilitou a chegada ao poder dos moderados (1844) de Narváez. Favorito de Isabel II entre 1846 e 1848, o príncipe consorte afastouno de Madrid. En 1856 secundou o golpe de estado de Leopoldo O’Donell e en 1859 foi enviado a Cuba como capitán xeneral. Xefe da Unión Liberal, participou na conspiración previa á Revolución de Setembro de 1868. Derrotou as forzas de Isabel II na ponte de Alcolea e foi nomeado presidente do goberno provisional, e despois rexente do reino. Presidente do primeiro consello de ministros de Amadeo I, en 1872 derrotou aos carlistas e asinou o Convenio de Amorebieta. Conspirou contra a Primeira República e tivo que se exiliar. De volta a España, tras o golpe de estado de M. Pavía converteuse en xefe de goberno ata a chegada de Afonso XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escisión cirúrxica dunha parte do sistema nervioso simpático.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia cuxa acción farmacolóxica provoca efectos semellantes aos da excitación do simpático.
-
VER O DETALLE DO TERMO
simpatectomía.