"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor belga. Nun principio estivo influído polo impresionismo pero despois decantouse polo expresionismo e pintou personaxes populares. Desde 1930 a súa obra revestiuse dunha refinada brutalidade. Destacan L’étable, Le pain noir (1925) ou Maternité.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués. Membro dunha familia da pequena nobreza da Beira Alta, no centro de Portugal, estivo activo no derradeiro cuarto do s XIII na corte de Afonso III, e probablemente tamén na de don. Denís. Apareceu no Livro de Linhagens do conde Pedro como fillo de Mem Gonçalves da Fonseca e hai referencias nun documento do mosteiro de Pendorada (1275) e da súa relación coa liñaxe dos Aboim e dos Portel. Consérvanse seis composicións da súa autoría, recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: cinco cantigas de amor (con xogos de repetición nos versos anteriores ao refrán) e unha de escarnio (“Chegou Paio de maas artes”).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Pertencente ao grupo poético Rompente, foi un dos protagonistas da renovación poética do último cuarto do s XX en lingua galega. Tras a súa estadía en Madrid, regresou a Galicia e ingresou no Seminario Maior de Vigo, onde estudou filosofía, teoloxía e literatura. Abandounou o seminario (1970) e, despois dunha breve etapa en Barcelona, regresou novamente a Vigo para participar en diversas accións culturais, como as Follas de Resistencia Poética e a creación de Rompente (1975). Redactor de Vagalume (1976-1978), cofundou a Asociación de Escritores en Lingua Galega (1980), en que exerceu como secretario (1980-1985), e foi coordinador da revista Escrita. Promotor do I Congreso de Escritores en Lingua Galega (1981) e do encontro literario GALEUSCA, co abandono da AELG, decidiu volver a Barcelona (1985-2000) e quedar á marxe dos círculos literarios de Galicia, polo que foi considerado un “poeta maldito”. Da súa obra, principalmente poética e con algunhas incursións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño mercante e escritor. Formouse na Escola Náutica da Coruña. Especializado na investigación sobre a identidade e a orixe de Cristovo Colón, sobre este tema publicou diversos artigos en Faro de Vigo e na revista Cristóbal Colón, así como o libro La identidad de Colón (1991), en que expuxo a súa tese da orixe galega do navegante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista, segundo conde de Benavente. Aristócrata afeccionado aos libros de historia, aos clásicos e aos temas máis diversos, reuniu unha destacada biblioteca no seu castelo de Benavente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, sexto conde de Benavente. Foi amigo persoal do Emperador Carlos V e padriño e titor do Rei Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor. Presidente do Centro Cultural de Valadares (Vigo) e director do grupo de teatro Escoitade, foi concelleiro en Vigo. Escribiu guións de cine e obras de teatro, das que destacan Historia de unha reconquista contada á miña maneira (1979), Queda terminantemente prohibido o suicidio (1983) e O milagre do torreiro de Quintián (1985). Co grupo Escoitade representou, ademais das súas propias obras, Estebiño (1973), de Prado Lameiro; Edipo (1975) de Sófocles; e Un home, un pobo (1984), de H. Ibsen. Recibiu o Premio Nacional a la Animación Cultural (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e gravador. Iniciou a súa formación con Eduardo Rojas e con Carlos Sobrino Buhigas e Castelao, quen estimulou o seu interese polo gravado. Colaborou como debuxante na Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra (1923-1926), e en 1924 ilustrou Seara, o poemario de Herminia Fariña, empregando o procedemento da xilografía, ao igual que a novela Os Nenos (1925), de X. Filgueira Valverde. Nas súas ilustracións para os xornais Galicia. Diario de Vigo e Faro de Vigo empregou unha nova técnica: a linoleografía, iniciada por Castelao. Desde 1926 foi bolseiro da Deputación de Pontevedra e formouse durante tres na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Inscribiuse no ámbito da pintura paisaxística de tradición romántica (Mariña 1928; Luz de lúa e efecto de sol, 1929; Trebón, 1931), onde plasmou as que se ían converter en características esenciais da súa obra, como a preocupación polos efectos lumínicos e atmosféricos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante, irmán de Vicente Yáñez Pinzón. Uniuse á primeira viaxe de Cristovo Colón ao mando da carabela La Pinta. A súa experiencia náutica foi moi valiosa ao longo da viaxe, pero unha vez en América, xurdiron discrepacias entre ambos, dado que era partidario de continuar explorando mentres que Colón se inclinaba por volver a Castela. Finalmente volveu á Península Ibérica, arribando a Baiona (Pontevedra) en 1493.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constante fundamental que caracteriza os fenómenos de dominio cuántico e que vale 6,626176×10-34 Js. A miúdo emprégase a constante de Planck normalizada Ao = h/2ð.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cortesá francesa. Coñecida como Marie Duplessis, tratou con membros da clase alta e chegou a ser a muller máis desexada de Francia. Entre os seus amantes estivo o escritor Alexandre Dumas, que a inmortalizou na novela Le dame aux camélias (1848) como Marguerite Gautier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Director de policía (1881-1884) e ministro do Interior (1902-1904), perseguiu duramente o movemento revolucionario. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi profesor universitario en Moscova (1859-1865) e preceptor do tsarévich Alexandre (1865-1868). Adquiriu unha grande influencia na corte desde que este se converteu no Tsar Alexandre III (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso. Un dos últimos románticos do seu país, nas súas composicións trata temas infantís e describe motivos de cancións xitanas, que en moitos casos foron fonte de inspiración para grandes compositores ou mesmo na obra de B. Pasternak. A súa poesía reflicte un humor alegre combinado coas notas disonantes da desilusión, o pesimismo e a desesperación. Os seus Poemas publicáronse en 1896.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxura organizada por un grupo de católicos ingleses contra Xaime I de Inglaterra. Pretendían voar o Parlamento o día da sesión inaugural (5 de novembro de 1605). Robert Catesby e catro conspiradores máis, co fin de enfrontar a intolerancia relixiosa, escavaron un corredor debaixo de Westminster, onde colocaron máis de 20 barrís de pólvora, pero o seu complot foi descuberto a véspera, e os organizadores xulgados e executados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Motociclista. Coñecido como Sito Pons, foi campión do mundo na categoría de 250 cc (1988 e 1989) e conseguiu adxudicarse un total de 13 grandes premios. En 1990 competiu en 500 cc e ao ano seguinte anunciou a súa retirada e a formación do seu propio equipo de competición para moto GP. Foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias de los Deportes (1990) e coa Medalla de Oro de la Real Orden al Mérito Deportivo (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. En 1975 ingresou na Federació Socialista Balear do PSOE. Foi deputado no Congreso (1977-1982 e 1986-1996) e ministro de Administración Territorial (1985-1986). Presidiu o Congreso dos Deputados (1986-1995) e a Federación Socialista Balear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Dedicouse, inicialmente, a cultivar unha comedia de estilo ‘catalán’ que, co tempo, adquiriu profundidade e trazos dramáticos. Dirixiu, entre outras, La rossa del bar (1986), Puta misèria (1989), El perquè de tot plegat (1994), Carícies (1998), Amic/Amat (1999), Manjar de amor (2001) e Amor idiota (2005). Foi galardoado co Premio Nacional de Cultura (1995) e coa Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano francesa. Coñecida como Lily Pons, estudou piano e canto en París e debutou en Mülhausen (1928) con Lakmé. Actuou (1931-1959) no Metropolitan de Nova York, onde debutou como protagonista de Lucia di Lammermoor, e interpretou óperas italianas, principalmente de Donizetti e Rossini, e francesas. Actuou tamén en Europa e destacan as súas interpretacións en La Sonnambula, Rigoletto, Linda di Chamounix ou Il Barbiere di Siviglia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alice Joséphine Pons.

    VER O DETALLE DO TERMO