"Pol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1042.
-
CAPITAIS
Capital de Libia e do baladiyya homónimo (1.682.000 h [1995]). Situada na costa mediterránea, no centro dun fértil oasis, é o principal centro económico. Agrupa á metade das industrias e é o porto máis grande do país. Fundada por colonos fenicios e sicilianos (s IV a C), a primitiva Oea foi dominada, sucesivamente, por cartaxineses, romanos e bizantinos. Coa conquista árabe, baixo ‘Amr ibn al-‘Ā ṣ (643), converteuse nun dos centros das rebelións político-relixiosas norteafricanas, sobre todo en tempos dos ibaditas. Roger d’Hauteville, durante a expansión normanda en Sicilia, tomouna temporalmente (1146-1158). A partir do s XVI pasou do dominio hispánico (1510-1530) ao dos cabaleiros de Malta (1530-1551) e aos turcos, e converteuse nun foco da pirataría mediterránea. Ocupada polos italianos en 1911, foi a base aliada da campaña de Libia (1941-1943) e pasou ao poder do exército do xeneral Montgomery, en 1943. De época romana conserva o arco en honor a Marco Aurelio...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Baladiyya de Libia (3.000 km2; 1.083.100 h [estim 1988]). A súa capital é Trípoli.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo estado latino de Oriente, con capital en Trípoli, que comprendía a costa e a cadea libanesa ata a saída ao val do Orontes. Fundado polos cruzados, o seu primeiro señor foi Bertrand de Gilles (1109-1112), que se puxo baixo a soberanía de Xerusalén. O seu fillo Pons (1112-1137) recoñeceu a soberanía do príncipe de Antioquía Boemundo I e, ao morrer Ramón III (1152-1187) sen descendencia, a señoría pasou ao segundoxénito da Casa de Antioquía, Boemundo IV (1187-1233) que, conquistada Antioquía (1201), nomeouse conde de Trípoli e príncipe de Antioquía. Perdido o principado (1268), Boemundo VI refuxiouse en Trípoli. Pola oposición da poboación recoñeceu á súa filla Lucía como sucesora do seu irmán Boemundo VII, e as loitas internas facilitaron a ocupación de Trípoli por parte de Qalāwūn al-Alfī (1289). O título pasou posteriormente á coroa de Chipre.
-
REXIÓNS
Rexión do NO de Libia que ata 1963 foi, con Cirenaica e Fezzān, unha das tres provincias federadas do país. Consta dunha chaira litoral areosa (Djttara), pechada no S polos outeiros de Dahar e polo altiplano de Al- Ḥ amādah al Ḥ amrā’, que a separa de Fezzān. Rexión árida, con escasas chuvias en inverno, ao L, despois de Mi ṣ rāta, é case desértica. A poboación está formada por árabes e bérberes arabizados e no interior a maioría son seminómades ou nómades e dedícanse á gandaría. A área de cultivos é moi restrinxida e depende do regadío. É un centro de extracción de petróleo, gas natural e ten salinas. A rexión foi habitada xa en época prehistórica. Os fenicios fundaron nela os primeiros emporios de Leptis Magna e Sábrata (primeiro milenio a C). Sometida ao dominio cartaxinés, pasou a mans dos númidas (146 a C) ata a ocupación romana (106 a C). Ocupada polos vándalos (455?) e posteriormente (534) polos bizantinos, foi unha provincia consular, administrada...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Trípoli, a Tripolitania ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Trípoli ou de Tripolitania.
-
-
-
Maneira de falar tropolóxica ou figurada.
-
Esexese moral dun acontecemento ou figura da Biblia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se expresa mediante tropos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oficina de deseño de avións rusa, fundada e encabezada por A. N. Tupolev. Os seus modelos tiveron unha grande importancia nas diferentes guerras do s XX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
č (Purtomazovo, Tver 1888 - Moscova 1972) Enxeñeiro aeronáutico ruso. Distinguiuse como construtor de diversos modelos de avións, militares e comerciais (modelos TU-114 e TU-144) e en 1933 proxectou o Maxim Gor’kij. Recibiu o Premio Stalin e o Premio Lenin (1957).
-
PERSOEIRO
Científico e político peruano. Introdutor da vacina antivariólica no Perú (1802), fundou o anfiteatro anatómico de Lima e a escola de medicina de San Fernando. Partidario da independencia, foi deputado nas Cortes de Cádiz (1821) e presidente do Consello de Ministros de Perú (1826-1827).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento estadounidense creado en 1968 para darlle unha alternativa de esquerda á ciencia económica convencional, en crise. A súa tarefa crítica baseouse na constatación dos feitos que fan cuestionable a economía académica, como o crecente atraso dalgúns países respecto a outros ou das estruturas reais de poder e marxinación no modo de produción capitalista. P. Sweezy foi un dos seus inspiradores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado aprobado (11.12.1991) e asinado (7.2. 1992) en Maastricht polos representantes dos doce estados membros da Comunidade Europea, e que co Tratado da Unión Económica e Monetaria, forma a Unión Europea. A súa aprobación reforzou os vínculos dos doce membros da Comunidade en materia de política exterior e seguridade común, a cidadanía europea, a ampliación de competencias, os mecanismos da Europa Social, a xustiza e os asuntos interiores, así como a lexitimidade democrática.
-
-
Que ten un só polo.
-
Aplícase ao conmutador ou ao interruptor que actúa sobre un só polo.
-
-
ILLAS
Illa de Samoa (1.127 km2; 60.000 h). De tan só 75 km de longo, a principal localidade é Apia (38.000 h [1999]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e crítico literario. Coñecido como Leopoldo de Luis, publicou Poesía española contemporánea (1939-1968), un fito na literatura do Franquismo, e os poemarios Alba del hijo (1946), Elegía en otoño (1952), Igual que guantes grises (1979) ou Del temor y la miseria (1985). Recibiu o Premio Internacional de Poesía Miguel Hernández, o Premio Nacional de Poesía (1979) e o Premio Nacional de las Letras Españolas (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe imperial, fillo de Napoleón III e Uxía de Montijo. Ao morrer o seu pai os bonapartistas proclamárono emperador, Napoleón IV, e converteuse no pretendente oficial ao trono imperial. Alistado como voluntario nunha expedición británica a Zululandia, foi asasinado polos nativos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantautor. Coñecido como Suso Vaamonde, comezou a súa andaina musical nos grupos Os Copens e Marco Balorento, de Vigo, en 1966. Dous anos despois formou parte de Voces Ceibes, ata que decidiu cantar en solitario. Viaxou por distintos países europeos e estableceuse en Caracas. Condenado por inxurias contra España nun acto contra as centrais nucleares, non regresou ata 1984. Desde ese momento dedicouse a dar diversos concertos en toda España e Portugal. Posteriormente, produciu a outros grupos co seu propio selo discográfico, Trebón, como A Roda e Charanga do Cuco de Velle, e diversas bandas municipais. Da súa discografía, en que reivindica os dereitos e as liberdades do pobo, da terra e da lingua, destacan Nin rosmar un laído (1978), Os soños na gaiola (1978), Limiar (1979) e Celso Emilio Ferreiro na voz de Suso Vaamonde (1980), ademais dos temas “Romance de cego” (1971) e “Romance de cego in memoriam de Federico Garcia Lorca” (1978), incluídos...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de León, Castela e León, regado polo río Esla (1.593 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Leopoldo Fernández Varela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Venceslau II de Bohemia.