"URA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1529.

  • Xénero de peixes angüiliformes, da familia dos murénidos, ao que pertence a morea (Muraena helena).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un muro.

    2. Que está feito ou colocado nun muro ou parede.

    3. Traballo artístico ou decorativo que se realiza ou se expón nun muro.

    4. Pintura ou cerámica que se realiza sobre un muro ou unha parede. Pode facerse seguindo técnicas diversas como o fresco, a encáustica e a témpera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Muros a partir de febreiro de 1988. Apareceu co subtítulo de “Revista informativo-cultural do concello de Muros”, e estivo coordinada polo servizo pedagóxico municipal. De periodicidade irregular, informou os cidadáns sobre ecoloxía, pesca, saúde ou deportes, e incluíu información municipal e textos literarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de técnicas pitóricas de decoración desenvolvidas sobre o propio muro ou sobre un soporte de lenzo, táboa ou papel, empregado para a decoración mural.

    2. Movemento artístico xurdido en México en 1910, como defensor dunha arte pública, popular e revolucionaria. Impulsado polo secretario de Educación, José Vasconcelos, foi apoiado polo Sindicato de Trabajadores Técnicos, Pintores y Escultores (1922). Rexeitaba a dependencia artística de Europa e o emprego do cabalete e caracterizouse pola produción de obras monumentais que retratasen a realidade do país, revalorizando o seu pasado aborixe, as loitas sociais e os aspectos característicos da súa historia. Empregouse como decoración en hospitais, bibliotecas e edificios gobernamentais, especialmente durante a Revolución Mexicana. Desde 1930, estendeuse a outros países de América. Os representates máis destacados foron Diego Rivera, José Clemente Orozco e David Alfaro Siqueiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao muralismo.

    2. Artista especializado en proxectar traballos de decoración mural, particularmente no ámbito da arquitectura contemporánea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de muros que forman unha cerramento ou unha barreira, xeralmente con fins defensivos, e que sufriu modificacións de acordo coa capacidade ofensiva do armamento. Así, ao aparecer a pólvora, rebaixouse o alzado para ofrecer un branco menor e ampliouse a anchura para poder soportar as pezas. Durante a Antigüidade e a Idade Media, as cidades, a imitación dos castelos, circundáronse con murallas defensivas compostas polos mesmos elementos ca os das murallas dos castelos. Conserváronse ata o s XVIII e foi no XIX, coas novas técnicas defensivas e a chegada de grandes contixentes humanos ás cidades froito da Revolución Industrial, cando estas medraron e se espallaron fóra dos muros.

    2. Aquilo que ofrece resistencia e actúa como o impedimento ou a barreira dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite entre as parroquias de San Xoán de Laíño (Dodro), Fruíme (Lousame), O Araño (Rianxo) e Buxán (Rois). O seu cumio acada os 674 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortificación situada en China, considerada como unha das máis antigas e monumentais de Asia. Destinada a protexer o territorio chinés das invasións dos pobos nómades do N, especialmente dos hunos, iniciouse baixo o goberno do Emperador Qin Shi Huangdi (s III a C), partindo da unificación de moitas das murallas xa existentes. Baixo a dinastía Ming (ss XIV-XVII) restaurouse e ampliouse ata acadar as definitivas dimensións, 6.000 km. A muralla comezaba preto do mar Bo Hai e continuaba ata o deserto de Gobi, seguindo o curso dos ríos e adaptándose aos contornos dos vales e montañas. Construíuse con terra, madeira e pedra e está formada por dous muros paralelos, interrompidos por torres, pasos e postos militares, que se uniron por medio dun camiño de considerable anchura de xeito que, ademais do seu valor defensivo, tivo un importante uso como vía de comunicación. Foi declarada Patrimonio Mundial pola UNESCO en 1987.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Burundi (1.535 km2; 441.653 h [1990]). A súa capital é Muramvya (57.442 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo municipio de Véneto (Italia) incorporado desde 1923 á cidade de Venecia. Estableceuse sobre cinco illas separadas por un gran canal e por ríos menores. Conta cunha industria moi importante de vidros desde o s XIII, momento en que os fornos de vidro situados en Venecia foron trasladados a Murano para evitar perigos na cidade. Desde o s XV fabrícase cristal de cor, e no s XVI obtívose o cristal filigranado. Do seu patrimonio artístico destaca a basílica de Santa Maria (ss VII-XII), decorada con ricos mosaicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • musaraña doméstica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Andar o gato ao asexo en busca de ratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Pedro que dá nome ao concello de Muras, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Terra Chá, situado na provincia de Lugo no N da Comunidade Autónoma de Galicia, a 4° 27’ 30’’ de latitude N e 7° 43’ 20’’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Ourol (comarca da Mariña Occidental), ao L cos do Valadouro (comarca da Mariña Central) e Abadín (comarca de Terra Chá), ao S cos de Vilalba e Xermade (comarca de Terra Chá), e ao O cos de Mañón (comarca de Ortegal) e As Pontes de García Rodríguez (comarca de Eume). Abrangue unha superficie de 163,8 km 2 , en que acolle unha poboación de 891 h (2007), distribuídos nas parroquias de Ambosores, A Balsa, O Burgo, Irixoa, Muras, Silán, O Sisto e O Viveiró. A capital está no lugar de Muras, situada na parroquia homónima, localizada a 133 km de Santiago de Compostela e a 62 km de Lugo. Está adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao partido xudicial de Vilalba.
    Xeografía física
    O territorio caracterízase polo seu relevo moi accidentado, onde predominan os xistos na súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Eume, ao seu paso polas parroquias de Muras e O Burgo (Muras). Ergueuse no século XIX en cantaría e presenta un único arco, de medio punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora xaponesa. Coñécese como a primeira escritora do mundo, e, sobre todo, como a autora da novela Genji monogatari (Historia do príncipe Genji, 1005-1008), considerada a obra máis importante da narrativa xaponesa clásica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomán (1360?-1389). Aproveitando o desmembramento do Imperio Bizantino e as rivalidades das repúblicas de Venecia e Xénova, estendeu o seu dominio polos Balcáns (Edirne, 1365; Sofia, 1385; Tesalónica, 1387) e someteu a vasalaxe a Xoán V Paleólogo de Bizancio. Morreu nunha batalla contra os serbios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomán (1421-1451). Conduciu a ofensiva otomá contra os Balcáns e Asia Menor, e ocupou Tesalónica (1430) e converteu Serbia en provincia turca (1439). Loitou pola anexión de Hungría (1444), ata que derrotou a János Hunyadi en Kosovo (1448).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán otomán (1574-1595). Unha longa e custosa campaña contra Persia (1576-1590) conduciu a anexión otomá de Xeorxia, Acerbaixán e Hamadān, pero causou unha crise financeira por culpa da que Turquía tivo que asinar con Inglaterra un tratado comercial (1583), moi vantaxoso para esta última.

    VER O DETALLE DO TERMO