"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros, da familia dos diplodócidos, de máis de 12 m de lonxitude. Propio de finais do Xurásico, do que os xacementos máis importantes están en Tanzania.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nucleótido cunha alteración química que, cando se incorpora á cadea do ADN, impide a progresión da síntese. Emprégase nas técnicas de secuenciación do ADN.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gran templo de Apolo en Dídimo, cerca de Mileto. De orde xónica, destruírono os persas no 494 a C e reconstruíuse segundo as trazas de Peonio de Éfeso e Dafnis de Mileto, pero non chegou a rematarse. Só se conservan vestixios.
-
PERSOEIRO
Arqueólogo francés. Profesor na Bibliothèque Royale, especializouse en iconografía cristiá. Entre as súas obras destacan Bulletin archeológique du comité des arts et monuments (Boletín arqueolóxico do comité das artes e monumentos, 1840-1847), Histoire de Dieu, iconographie des personnel divines (Historia de Deus, iconografía de personaxes divinas, 1843) e Manuel d’iconographie chrétienne, grecque et latine (Manual de iconografía cristiá, grega e latina, 1845). Fundou os Annales archèologiques (Anais arqueolóxicos, 1844-1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e contista. Pertenceu ao grupo de escritores que se formou arredor da revista Orígenes. Algunhas das súas obras son En la calzada de Jesús del Monte (1944) e Nombrar las cosas (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Seguidor de Leconte de Lisle, adscribiuse á estética parnasiana. Entre outras obras, publicou Aspirations poétiques (Aspiracións poéticas, 1858), Poèmes et poésies (Poemas e poesías, 1864), Les lèvres closes (Os beizos pechados, 1867), Paroles d’un vaincu (Palabras dun vencido, 1871), La rencontre (O reencontro, 1875), Les amants (Os amantes, 1879) e Poésies complètes (Poesías completas, 1889-1890). Trala morte de Stéphane Mallarmé, foi elixido prince des poètes.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos difilídeos.
-
Platihelminto da orde dos difilídeos.
-
Orde de platihelmintos, da clase dos cestodos, caracterizada polo feito de presentar dúas ventosas alongadas que actúan como órganos adhesivos. Parasitan os intestinos de peixes mariños e teñen como hospedeiros intermedios crustáceos e moluscos mariños. Comprende só o xénero Echeneibothrium.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coenzima orgánico que actúa en sistemas enzimáticos relacionados con reaccións de oxidación-redución. Tamén se coñece como dinucleótido adenina-nicotiamida (NAD)
-
-
Relativo ou pertencente ás dileniáceas.
-
Planta da familia das dileniáceas.
-
Familia de dileniais composta por uns dezaoito xéneros que agrupan máis de cincocentas especies de árbores, arbustos ou lianas propias das rexións tropicais. Algunhas dileniáceas cultívanse como ornamentais. Son característicos desta familia os xéneros Actinidia e Dillenia.
-
-
PERSOEIRO
Político. Membro fundador do Partido Socialdemócrata de Traballadores Búlgaros (1902), máis tarde Partido Comunista (1919), dirixiu a insurrección antifascista búlgara (1923), feito que provocou o seu exilio a Viena e Berlín. En 1933 detivérono, acusado do incendio do Reischtag. Liberado en 1934, trasladouse a Moscova, onde foi nomeado secretario xeral da Internacional Comunista. Durante a Segunda Guerra Mundial regresou a Bulgaria e dirixiu a loita antifascista. Tralas eleccións de 1946 e a proclamación da República Popular de Bulgaria, foi elixido primeiro ministro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Molécula constituída por dúas unidades de mononucleótidos unidos por un punto de ácido fosfórico. Diversos dinucleótidos proveñen de hidrólise enzimática dos ácidos nucleicos. Non é así no caso do dinucleótido adenina-nicotinamida (NAD), do seu fosfato (NADP) e do dinucleótido de flavina-adenina (FAD).
-
FAD.
-
NADP.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás dioscoreáceas.
-
Herbácea da familia das dioscoreáceas.
-
Familia de liliáceas integrada por herbáceas gabeadoras, de raíces e rizomas tuberosos. Algunhas especies de dioscoreáceas tamén se cultivan, como o ñame. A familia comprende máis de 670 especies, as máis delas de distribución tropical, que en Galicia está representada pola saltasebes.
-
-
PERSOEIRO
Gravador de camafeos. Atribúenselle o gran camafeo chamado Gemma Augustea, de Vienne do Delfinado e a Gemma Blacas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás dipsacáceas.
-
Planta da familia das dipsacáceas.
-
Familia de plantas, da orde das dipsacais, que comprende unhas 350 especies propias da zona euroasiática e sudafricana. En Galicia está representada polos xéneros Dipsacus, Knautia, Pterocephalus, Scabiosa e Sucisa.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás dipterocarpáceas.
-
Árbore da familia das dipterocarpáceas.
-
Familia de plantas dicotiledóneas integrada por uns quince xéneros que reúnen preto de 600 especies de plantas leñosas, propias sobre todo de Asia tropical e África tropical. Algunhas especies de dipterocarpáceas aprécianse en carpintería.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría que formulou Dirac en 1930, para resolver o dilema que presentaba a existencia de solucións correspondentes a estados de enerxía negativos, carentes de significación física. Segundo a teoría dos buracos de Dirac, o dilema podería resolverse postulando que o oco está ocupado por electróns de enerxía negativa, os chamados positróns. Esta tese está de acordo co principio de exclusión de W. Pauli.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pé métrico composto por catro sílabas acentuadas, ou longas, que se divide en dous espondeos combinados nunha mesma unidade. Producen un efecto de lentitude no ritmo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de consulta e de iniciación á Antigüidade cristiá referida especialmente ao culto, á arqueoloxía e á epigrafía. Publicado en trinta volumes (1903-1953), iniciouno F. M. Cabrol en París.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pé métrico da poesía grecolatina composto por dous troqueos, isto é, por catro sílabas que se suceden alternando a súa cantidade, de xeito que á primeira sílaba longa lle segue unha breve, logo intercálase outra longa e finaliza cunha breve.
-
-
Relativo ou pertencente aos dixéneos.
-
Platihelminto da subclase dos dixéneos.
-
Subclase de platihelmintos da clase dos trematodos, caracterizada por presentar alternancia entre unha reprodución sexual normal e unha reprodución por partenoxénese. O ciclo biolóxico desenvólvese en dous ou tres hospedeiros distintos. En estado adulto son parasitos internos dos vertebrados e en estado larvario, dos moluscos, aínda que poden parasitar un terceiro hospedeiro intermediario. Na maioría dos casos presentan dúas ventosas, unha arredor da boca e outra sobre a cara ventral (dístomos) ou posterior (anfistomas). Nalgúns casos a ventral pode estar ausente (monostomas).
-