Didimeo

Didimeo

Gran templo de Apolo en Dídimo, cerca de Mileto. De orde xónica, destruírono os persas no 494 a C e reconstruíuse segundo as trazas de Peonio de Éfeso e Dafnis de Mileto, pero non chegou a rematarse. Só se conservan vestixios.