"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Feto cunha patoloxía caracterizada pola presenza de apéndices no maxilar inferior que teñen o aspecto de maxilares supernumerarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor grego, fillo e discípulo de Aglaofonte o Vello e irmán de Aristofonte. Non se conserva nada da súa obra, pero sábese que en Atenas traballou no templo dos Dióscuros, no Teseion, no Pórtico e na Pinacoteca dos Propileos da Acrópole e, en Delfos, representou a Caída de Troia e a Nekyia ou Descenso aos Infernos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Éster do ácido metacrílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica que consiste no emprego dunha palabra baixo diversas formas gramaticais no mesmo período.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos poliquetos.

    2. Anélido da clase dos poliquetos.

    3. Clase de animais mariños, do filo dos anélidos, co corpo de tamaño variable, desde 1 mm ata 1 m. Todas as especies son acuáticas, a maioría mariñas. Divídense en dous grupos: os errantes, que son carnívoros, e os sedentarios, que son micrófagos; uns viven libres e outros en tubos membranosos ou mucosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desenvolvemento de numerosos quistes nun tecido.

    2. Poliquistose da mama que se caracteriza pola formación de numerosos quistes de menos de 1 cm de diámetro que poden conter diversas substancias (soro, secrecións lácticas, sangue ou graxa).

    3. Poliquistose hereditaria que se caracteriza pola formación de numerosos quistes nos riles, que comprimen as estruturas renais e que, a causa da diminución do parénquima funcional, pode orixinar unha insuficiencia renal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura ou recurso estilístico, oposto ao asíndeto, que consiste en repetir frecuentemente unha conxunción para lle dar máis forza ou enerxía á expresión. Por exemplo, E pinchaba, e brincaba, e corría, e bailaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos tensioactivos obtidos a partir do alcohol hexavalente sorbitol. Son emulxentes non iónicos que xa entraron en practicamente todas as farmacopeas. Comercialmente son máis coñecidos polo nome de Tweens (T).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema formado por dous grupos dunha ou máis poleas cada un, un fixo e outro móbil, que permite, ao multiplicar a forza aplicada a un cable, a unha cadea ou a unha corda, manual ou mecanicamente por accionamento eléctrico (mediante un motor) ou pneumático (mediante pistóns ou ben un motor), elevar cargas con menos esforzo -proporcionalmente ao número de poleas do grupo móbil- do que cumpriría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos polistómidos.

    2. Platihelminto da familia dos polistómidos.

    3. Familia de metazoos platihelmintos, da clase dos tremátodos, con varias ventosas e dous ganchos quitinosos na parte posterior do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo italiano. Coñecido como Ambrogio Catarino, foi dominicano en Florencia (1517), bispo de Minori (1546) e arcebispo de Conza (1552). Polemizou cos luteranos e foi causa, a miúdo, de violentas polémicas pola novidade dalgunhas teses e polo seu escotismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á politonalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritura musical en que as diferentes partes dunha composición polifónica se moven de forma independente, en tonalidades diferentes que se superpoñen. É un procedemento característico da música do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade de escritura musical que emprega simultaneamente diversas tonalidades nas diferentes partes dun mesmo fragmento. Utilizado ocasionalmente desde o s XVII, chegou a ser frecuente nos compositores contemporáneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza dunha correlación melódica, ben das vogais ben das palabras, nun sistema fonolóxico, segundo a terminoloxía proposta polo Círculo Lingüístico de Praga. Presentan politonía, por exemplo, o grego antigo, o lituano, o chinés e o xaponés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparición dunha mesma especie presuntamente nova en diferentes lugares do planeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de puntos do espazo On limitado por hiperplanos. Un exemplo de polítopo é o hipercubo de catro dimensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Vicedecano da Universitat de Barcelona, escribiu La Quiebra de Barcelona Traction, Light and Power Cº., Ltd.: conclusiones de los ditámenes emitidos (1953), Ensayo de un sistema de Derecho de la empresa y cuestionario de Derecho mercantil español (1953), Leyes mercantiles y económicas (1956) e Ante una nueva reforma de la sociedad anónima (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está manchado.

    VER O DETALLE DO TERMO