"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Quinto fillo de Xacob, primeiro dos que tivo con Bilhah, serva de Raquel, unha das súas dúas mulleres, que daquela era estéril. Dan foi, coma os seus outros once irmáns homes, cabeza dunha das doce tribos de Israel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nas artes marciais, mestre da especialidade. Hai unha totalidade de dez graos dentro da categoría á que se chega despois de ter superado os kyus anteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo e naturalista. Realizou viaxes de exploración polo Mediterráneo (1833-1835) e polo Pacífico (1838), e deu clases de historia natural no Yale College dende 1855 e de mineraloxía e xeoloxía dende 1864. Foi editor da publicación American Journal of Science and Arts. Foi un dos principais elaboradores da teoría do xeosinclinal, e publicou Geology of the Pacific Area (Xeoloxía da área do Pacífico, 1849) e Manual of Geology (Manual de xeoloxía, 1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de danar ou danarse.

    2. Que ten propensión a facer mal.

    3. Que está desesperado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filla de Acrisio, rei dos Argos, e de Eurídice. Encerrada por seu pai nunha torre, Zeus visitouna en forma de chuvia de ouro e fíxoa nai de Perseo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillas de Dánao, rei lendario de Argos. Eran cincuenta irmás que casaron con outros tantos fillos de Exipto, pero na noite de vodas, seguindo ordes de Dánao, degolaron os seus maridos, dos que só sobreviviu Linceo, que foi perdoado por Hipermmestra. Co tempo Linceo vingaríase matando a todas elas, que quedarían eternamente nos Infernos a verter auga nun vaso sen fondo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos danaidos.

    2. Lepidóptero da familia dos danaidos

    3. Familia de lepidópteros á que pertence o xénero Danaus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo dos danakil.

    2. Individuo do pobo dos danakil.

    3. Pobo africano pertencente ao grupo camita, descendente dos afar, que se mestizou con poboacións árabes, bérberes e cos antigos semitas. Dedícanse ao pastoreo nómade e habitan a rexión situada entre as montañas de Etiopia e o Mar Vermello. Practican a relixión musulmana.

    4. Lingua pertencente á familia lingüística cuxita do phylum afroasiático que fala o pobo danakil. Tamén se denomina afar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión desértica que se estende dende o Mar Vermello ata o Altiplano Etíope. Forma parte do extremo oriental de Eritrea e do NL de Etiopia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Costa de Marfil (4.600 km2; 222.839 h [1988]). A capital é Danané (19.608 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pai das Danaides, neto de Posidón e irmán de Exipto. Reinou en Argos durante cincuenta anos. Atribúeselle a fundación da cidadela de Argos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Causar un dano físico a alguén ou a algo.

      2. Botar algo a perder.

      3. Causar un dano moral a alguén ou a unha colectividade.

    1. Botarse algo a perder.

    2. Coller a rabia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de lepidópteros, da familia dos danaidos ao que pertence a monarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de boro e calcio. Cristaliza no sistema rómbico, con cristais prismáticos. Pertence ao grupo dos plaxioclases. Mineral pouco frecuente, pode ser incoloro, branco, amarelo ou castaño, e ten unha dureza de 7,0 -7,5 e unha densidade de 2,9 -3,0.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor irlandés. Trasladouse a Londres en 1813 e instalouse en Bristol, onde comezou a pintar paisaxes naturalistas. Viaxou por Europa e ao regresar a Inglaterra en 1840 pintou escenas apocalípticas. Entre as súas obras destaca O templo de Flora (1840).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor flamengo. Está documentada a súa presenza en Sevilla a partir de 1479, onde iniciou a construción do retablo maior da catedral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de artistas ingleses. George Dance o Vello (Londres 1695? - 1768) traballou na City de Londres. Entre as súas construcións destacan a Mansion House (1739-1742), residencia do lord maior. O seu fillo George Dance o Novo (Londres 1741 - 1825) formouse en Italia, onde estudiou a antigüidade clásica. Ao regresar a Inglaterra, sucedeu o seu pai como arquitecto e urbanista da City. Foi un dos representantes do neoclasicismo inglés inspirado no mundo grego e palladiano. Entre as súas obras destacan o cárcere de Newgate (1770-1780), derrubado no 1902, a All Hallows Church (1765-1767) e a biblioteca da Lansdwne House (1792). Foi un dos fundadores da Royal Academy (1768), xunto co seu irmán, o pintor Nathaniel Dance (Londres 1735 - Winchester 1811). Formado con Francis Hayman, viaxou a Roma (1755-1764), onde recibiu a influencia de Pompeo Girolamo Batoni na arte do retrato. Foi parlamentario e recibiu a baronía de Dance-Holland....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Salas de baile elegantes dunha cidade, ou local no que a clientela é afeccionada aos bailes de salón e aos ritmos das décadas dos anos trinta e cincuenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga capital do nomós VI do Alto Exipto, situada a uns 50 km ao N de Luxor. Nesa localidade edificouse un templo dedicado á deusa Hathor no III milenio a C, aínda que só se conservan os templos da última dinastía exipcia e das épocas ptolemaica e romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Home que viste con extrema elegancia e que ten costumes moi refinados.

    VER O DETALLE DO TERMO