"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Lingua pertencente ao phylum indopacífico que se fala en Indonesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liña fronteiriza establecida entre os daneses e os franceses no s VIII na marxe dereita do río Eider. O nome, de orixe latina, evolucionou ata derivar en Danmark (‘Dinamarca’).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo serbio. Foi profesor en Belgrado e, dende 1866, foi membro da academia iugoslava de Zagreb. Autor das primeiras gramáticas da lingua serbia, editou moitos textos do serbio antigo. Foi un dos primeiros estudiosos da gramática histórica e da dialectoloxía da lingua serbia: Historia das formas das linguas serbia e croata da metade do s XVII (1874) e Dicionario dos monumentos literarios serbios (1863-1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo hebreo composto do substantivo dayâm ‘xuíz’ ou do perfecto do verbo dan ‘xulgar’ e mais -el, forma abreviada de Elohim ‘Iavé, Deus’. Presenta os hipocorísticos Meluco e Melencho. Daniel, un dos grandes profetas bíblicos, celébrase o 21 de xullo, e san Daniel o Estilita (410-490) o 11 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Profeta bíblico, personaxe central do libro que leva o seu nome. Procedente dunha familia nobre de Xudá, foi desterrado a Mesopotamia trala invasión de Nabucodonosor no 587 a C, e alí permaneceu nas cortes babilónica e persa. Aparece representado no Pórtico da Gloria da catedral compostelá con faciana riseira. Represéntase, xeralmente, coma un mozo imberbe, con túnica curta e cun gorro frixio na cabeza (ó estilo dos personaxes orientais), e leva como atributos, un par de leóns deitados aos seus pés, un carneiro de catro cornos e un pergamiño coas profecías gravadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Moscova (?1280-1303), fillo de Alexandre Nevskij. En 1302 anexionou o principado de Perejaslav e sentou as bases da posterior unificación das terras rusas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro profético do Antigo Testamento, incluído na colección dos escritos (Ketubim). É obra dun autor anónimo, posiblemente do s II a C (cara ao 170-160 a C). Consta dunha parte narrativa e outra de visións, que pertencen aos xéneros profético e apocalíptico. Parte dos capítulos 3, 13 e 14, conservados en grego, son deuterocanónicos. O libro organízase en tres ciclos. No ciclo narrativo destacan tres historias: a da casta Susana e os vellos que a espiaron bañándose espida e despois a acusaron de adulterio; a dos mozos hebreos botados nun forno ao non adoraren o ídolo de ouro de Nabucodonosor, pero que Daniel salva como símbolo da graza de Deus; e a de Daniel no foxo dos leóns por violar un decreto do Rei Darío, onde consegue amansar as feras. Ao ciclo onírico pertencen: a interpretación dos soños de Nabucodonosor (o coloso de pés de barro, a pedra caída a rolos da montaña e a árbore abatida, símbolos da temporalidade dos imperios da terra); e dos de Baltasar, que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Traduciu a Tasso e imitou a súa poesía en Delia (1592) e Complaint of Rosamund (O lamento de Rosamunda, 1592). Escribiu ensaios en defensa da cultura, traxedias clásicas e traxicomedias pastorais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Henri Petiot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Daniele Riciarelli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Meteorólogo e químico. Inventou a pila eléctrica (1836) e o higrómetro (1820) que levan o seu nome, e o pirómetro (1830). Desenvolveu un sistema de iluminación con gas baseado no aproveitamento de resinas naturais que se empregou durante bastante tempo en Nova York. Entre as súas obras cómpre salientar Meteorological Essays (Ensaios meteorolóxicos, 1823), Essay on Artificial Climate Considered in Its Applications to Horticulture (Ensaio sobre o clima artificial considerado nestas aplicacións para a horticultura, 1839) e Introdution to the Study of Chemical Philosophy (Introdución ao estudo da filosofía química, 1839).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e xesuíta francés. Foi un dos impulsores da nova teoloxía, movemento de renovación teolóxica que propuña o retorno ás fontes do cristianismo. Xunto a Henri de Lubac fundou a colección Sources Chrétiennes (Fontes do cristianismo). As súas principais obras son Sacramentum futuri (Sacramento futuro, 1950) e Essai sur le mystére de l’historie (Ensaio sobre o misterio da historia, 1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Coñecido como Kirk Douglas, estudiou letras na Saint Lawrence University e interpretación na American Academy of Dramatic Art. A principios da década dos corenta debutou en Broadway con papeis secundarios. Comezou no cine con pequenas aparicións en The Strange Love of Martha Ivers (O estraño amor de Martha Ivers, 1946) e Out of Past (Retorno ao pasado, 1947). Durante os anos cincuenta e a primeira metade dos sesenta protagonizou gran cantidade de películas, entre as que destacan Along the Great Divide (Camiño da forca, 1951), The Big Carnival (O grande entroido, 1951), The Big Sky (Río de sangue, 1952), Man Without a Star (A pradería sen lei, 1955), Lust for Life (O tolo de pelo vermello, 1956), Paths of Glory (Sendeiros de gloria, 1957) ou Spartacus (1960). Tamén participou noutros títulos como The Arrangement (O compromiso, 1969), The Fury (A furia, 1978),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político. De orixe obreira, denunciou as desigualdades sociais en Suecia. Dirixiu o movemento obreiro do sur de Suecia e foi o ideólogo do partido socialdemócrata. Fundou o diario Arbetet en Malmö.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e político finlandés. Ensinou na Universidade de Helsinqui. Foi membro do Parlamento finlandés (1907-1914) e defendeu a independencia de Finlandia. Escribiu diversas obras sobre a historia do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. Publicou baixo o pseudónimo de Nikolaj Aržak varias obras de crítica ao réxime soviético polo que o condenaron a traballos forzados. Os seus Poemas da prisión reactivaron en 1972 a polémica sobre os disidentes soviéticos. Volveu publicar en 1990 coa apertura da Perestrojka.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome galego de orixe xermánica, composto de dans ‘danés’ e do sufixo -ila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político ruso. Xunto co historiador Pogodin, elaborou as ideas básicas do paneslavismo, defendeu a especificidade da civilización eslava e preconizou a unidade dos pobos eslavos baixo a dirección rusa. Foi autor de Rusia e Europa (1869) e de Oriente, Rusia e eslavismo (1871), no que propuña que Rusia crease unha gran federación eslava baixo a súa dirección, con capital en Constantinopla, capital da Ortodoxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Vladica (príncipe-bispo) de Montenegro (1700-1735). Iniciou un goberno teocrático e perseguiu os conversos ao islamismo. En 1711 aliouse con Rusia contra os turcos. Fundou a dinastía Petrovič-Njegoš.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gospodar (príncipe laico) de Montenegro (1852-1860). Membro da dinastía Petrovič-Njegoš, sucedeu o seu tío Pedro II. Sostido polos rusos, secularizou o poder e atacou os turcos. En 1856, no Congreso de París, loitou pola abolición da soberanía otomana e a independencia de Montenegro. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO