"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Acción e efecto de portar.
-
Técnica de pasar dunha nota a outra, sen interromper a emisión sonora, pasando imperceptiblemente polas notas intermedias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lámina rectangular de vidro que serve de soporte nas preparacións que, cubertas cun cobreobxectos, se observan no microscopio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marco que se usa para poñer fotografías.
-
-
Parte dun vehículo que está destinada a levar a equipaxe.
-
Plataforma que vai sobre o teito dun vehículo onde se transporta a equipaxe.
-
-
GALICIA
Pintor e escultor. De estilo abstracto e informalista, nas súas obras predominaron os tons ocres e amarelos, con manchas longas e rascaduras no papel. Recibiu a bolsa de Novos Valores da Deputación Provincial de Pontevedra (1991) e da súa produción destacan Naturaleza muerta (1994) e Sin título (1998). No tocante á escultura, destaca a caracola de aceiro inoxidable da Costa da Vela (Cabo Home) en Donón. As súas últimas obras mostran formas que fan referencia ao mar: mexillóns, ourizos de mar, ovos de raia... Adoita utilizar o poliéster cromado con esmalte metalizado. Pertence ao colectivo A carón do mar, formado por artistas do Morrazo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote. Estudou no Seminario Conciliar de Tui e ordenouse presbítero en 1862. En 1867 instalouse en Cuba, onde foi capelán do Hospital Real de San Juan de Dios. Ao longo da súa estancia en América rexeitou diversos curatos e foi tenente-vigairo da cidade de Veracruz (México), derradeiro cargo que ocupou. En 1883 regresou a Salcidos. No seu testamento, despois de facer diferentes legados, destinou parte dos seus bens á fundación en Salcidos dun hospital e asilo de pobres, convertido actualmente en Escola Taller. Publicou Sermón panegírico del glorioso patriarca San José, predicado en Santa Teresa de la Habana el último día de la novena (1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Couso (Avión). O seu cumio acada os 652 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Feito ou cousa extraordinaria fóra do normal que causa admiración.
-
Persoa que causa admiración polas súas calidades.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que, pola súa singularidade, causa admiración.
-
PERSOEIRO
Xurista. Doutor en Dereito e catedrático de Dereito Constitucional na Universidade da Coruña, onde foi reitor. Escribiu Púlpito e ideología en la Iglesia del s XIX (1978) e El control parlamentario del gobierno (1998). Ademais foi coautor de Las elecciones en Galicia (1982), As institucións políticas no Estatuto de Autonomía de Galicia (1988), Manual de dereito galego (1996) e La división de poderes: el poder legislativo (1998). Con R. Blanco Valdés, preparou as edicións bilingües Lexislación básica da Comunidade Autónoma de Galicia (1992) e Estatuto de Autonomía para Galicia (1998).
VER O DETALLE DO TERMO
Forma parte do Instituto Cornide de Estudios Coruñeses desde abril de 2011 e é colaborador no diario La Opinión A Coruña. No ano 2012 foi un dos integrantes dun encontro organizado pola Universidad... -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, situado en Castela-A Mancha e regado por varios regatos que aflúen no Tajo (2.055 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Abrigo natural ou, máis xeralmente, artificial, nunha costa ou á beira dun río ou lago, no que, ademais de permaneceren seguros os barcos, tamén se poden efectuar as operacións de embarque e desembarque das persoas e mercadorías, para as que conta coas instalacións necesarias. Poden ser clasificados, segundo a orixe, en naturais e artificiais; segundo a súa localización, en fluviais ou marítimos, e segundo a función, en comerciais, pesqueiros, de refuxio, militares e deportivos. O porto natural é o que ofrece abeiro ás embarcacións pola mesma disposición natural da costa, ao contrario ca o porto artificial, no que esta disposición natural foi modificada polo home coa construción de obras exteriores de abrigo, en ocasións como ampliación dun abeiro natural. O porto artificial pode ser un porto aberto se está constantemente en comunicación co mar ou un porto pechado, accesible só en intervalos. O porto fluvial é o porto situado na beira dun río,...
-
porto franco
Porto que goza de determinadas exencións ou bonificacións de dereitos de aduana, ben dun xeito absoluto ou ben con relación a mercadorías determinadas. A miúdo teñen anexa unha zona franca.
-
-
Poboación á beira do mar, dun río ou dun lago, con instalacións onde as naves poden cargar e descargar mercadorías.
-
Paso entre montañas que comunica as dúas vertentes.
-
Lugar estreito ou pouco profundo por onde se pode atravesar un río.
-
Conxunto de entradas (porto de entrada) ou de saídas (porto de saída) dun dispositivo electrónico complexo.
-
Medio de conexión ao ordenador de dispositivos como a impresora ou o escáner, onde a información se transfire de forma simultánea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación dos viños das zonas comprendidas entre os ríos Douro e Corgo, en Portugal.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Castro Caldelas, no concello homónimo. O seu cumio acada os 731 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Salvaterra de Miño baixo a advocación de san Paulo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do distrito de Porto, Portugal, situada no Douro litoral (263.131 h [2001]). O desenvolvemento da cidade beneficiouse da súa situación favorable á beira dereita do Douro, onde desemboca. A expansión da cidade absorbeu os núcleos de Leça da Palmeira, São Mamede de Infesta e Águas Santas. Centro dunha comarca famosa polos seus viños, é tamén centro industrial, con industrias téxtiles, do coiro, da cerámica, de conservas, de fundicións e de fabricación de pneumáticos. Chamada Portus Cale polos romanos, formou parte do estado dos suevos (411-585) e dos visigodos (585-711). En 716 apresárona os árabes, que foron expulsados por Afonso I e no s XIX foi un gran centro liberal. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral (ss XII-XIII) e a igrexa de Cedofeita, ambas as dúas románicas, a igrexa de Santa Clara, de estilo gótico tardío, e a barroca de São Pedro dos Clérigos (s XVIII). O centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Portugal (2.330 km2; 1.781.826 h [2001]). A súa capital é Porto.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Rio Grande do Sul, Brasil (1.320.069 h [2000]). Situada na beira esquerda do río Guaíba e ao NO da lagoa dos Patos, é un gran centro de inmigración, e o núcleo comercial do S do país. Posúe industrias químicas, téxtiles, do tabaco e do coiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e guionista cinematográfico. Participou na elaboración dos guións dos filmes El bosque del lobo (1969) e Beltenebros (1992), e da serie de televisión La forja de un rebelde (1989). Escribiu a novela Los crímenes del capitán Sánchez (1983). Recibiu o Premio Nacional ao mellor guión cinematográfico (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e empresario. Licenciado en Dereito e diplomado en Maxisterio, cursou tamén estudos de música. Foi concelleiro (1941) e alcalde (1957-1964) de Santiago de Compostela, onde tamén foi vicepresidente da Cámara Oficial de Comercio (1956). Presidiu o Aero Club de Santiago (1967-1970) e a Deputación da Coruña (1970-1974) e, en representación da mesma, foi procurador en Cortes (1970-1974). Fundou a editorial Porto y Cía. Editores e foi xerente do Sanatorio Psiquiátrico de Conxo (1976-1988).
VER O DETALLE DO TERMO
Recibiu, entre outros galardóns, o título de comendador da Orde do Mérito Civil, a Cruz de Guerra e o título de concelleiro honorífico da Mancomunidade de París.