"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro feminino situado en Portomarín. Recibiu a cuarta parte dos bens de Gundulfo na repartición que realizaron en 925 os pais de san Rosendo, Gutier e santa Aldara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou San Nicolao de Portomarín Igrexa parroquial situada en Portomarín. Pertenceu ao antigo mosteiro de san Xoán, que pertenceu aos cabaleiros de Santiago e despois aos de San Xoán de Xerusalén. En 1963 trasladouse, xunto coa vila, á súa localización actual seguindo un proxecto do arquitecto F. Pons-Sorolla. Construíuse ao longo do s XII. Trátase dunha igrexa-fortaleza con ameas no seu exterior polas que circulaba un camiño de ronda. Ten unha soa nave de planta rectangular, cuberta cunha bóveda de canón, e ábsida semicircular, máis pequena que a nave, decorada cunha moldura de billetes e tres seteiras decoradas. No interior conserva pinturas murais. A fachada principal acubíllase baixo un gran arco de descarga, sobre o que se sitúan dúas pequenas torres con ameas. Baixo o arco a fachada divídese en dúas partes: na superior atópase un gran rosetón calado; e na inferior a portada que amosa as influencias do mestre Mateo. Está formada por unha tripla arquivolta decorada: a...
-
-
Relativo ou pertencente a Portomarín ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Portomarín.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
portomarinense.
-
AFLUENTES
Afluente pola dereita do río Tambre, que nace e desemboca na parroquia de Portomeiro (Val do Dubra).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Val do Dubra baixo a advocación de san Cosme.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Vítor dividida entre os concellos de Larouco e Petín, onde ten a súa cabeceira.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Xares en Portomourisco (Petín). Datada no s XVIII e realizada en cantaría, consta dun arco de medio punto de perfil alombado. A calzada é de lousas e coios. Sitúase no antigo camiño de Freixido a Viana.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Val do Dubra baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Tambre en Portomouro (Val do Dubra). Datada no s XIX, realizouse en cantaría con bóvedas rebaixadas e ten tres vans. Sitúase na C-545 de Santiago de Compostela a Santa Comba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porta grande.
-
LOCALIDADES
Localidade da parroquia de Adina, situada no concello de Sanxenxo. Tradicionalmente foi un pequeno núcleo pesqueiro que se converteu nun importante centro turístico das Rías Baixas. No seu porto, composto por dous diques que parten da costa, dominan as embarcacións pesqueiras, aínda que tamén posúe porto deportivo. Destacan as praias de Baltar e Caneliñas, situadas no centro do termo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Cerdedo, no concello homónimo. O seu cumio acada os 822 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Port-au-Prince ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Port-au-Prince.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Negreira baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Negreira. Datada a mediados do s XII, construíuse en estilo románico con muros de cantaría e cachotaría de granito. Sufriu numerosas reformas e consta dunha soa nave con ábsida rectangular, e dous arcos semicirculares de descarga en cada un dos lados exteriores da ábsida, entre os seus contrafortes e o testeiro da ábsida. A sancristía engadiuse nun muro lateral. A fachada ten tres corpos e no da esquerda sitúase a torre.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Puerto Rico ou aos seus habitantes
-
Natural ou habitante de Puerto Rico.
-
Literatura en castelán que se desenvolve en Puerto Rico. Iniciouse cando o movemento romántico se xeneralizou en toda América Latina. Nun principio, Manuel A. Alonso recolleu na súa obra poesía e prosa de cariz popular, mentres que Alejandro Tapia y Rivera refacía a historia en forma de poesía, novela e drama. En toda a segunda metade do s XIX o ensaio tivo moita importancia, especialmente con Eugenio María de Hostos. No cambio de século algúns escritores como M. Zeno Gandía cultivaron unha excelente prosa naturalista crioula, mentres que Evaristo Ribera Chevremont foi o introdutor das novas tendencias do s XX, en especial do ultraísmo. A comezos de século, o poeta máis destacado foi Luis Palés Matos, ademais de F. Matos Paoli, F. Lluch Mora, V. López Suria e J. Emilio Gonzalez. En prosa dominou a temática da terra e a problemática social con E. A. Laguerre. A afirmación contraria ao dominio dos EE UU e a loita pola personalidade histórica da illa e dos seus valores esenciais constitúen...
-
-
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada na ribeira esquerda da ría de Muros e Noia, na parroquia de Goiáns (Porto do Son).
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia do litoral atlántico, situada na ribeira esquerda da ría de Muros e Noia, na parroquia de Goiáns (Porto do Son).
VER O DETALLE DO TERMO