"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
-
Relativo ou pertencente ao Capitolio.
-
Conxunto de divindades romanas, asociadas nun mesmo culto, composto por Xúpiter, Xuno e Minerva.
-
Xogos de carácter anual en honor ao deus Xúpiter, instituídos por Furio Camilo en lembranza da liberación do Capitolio no ano 389 a C. O Emperador Domiciano fundou outros xogos capitolinos no ano 86 d C, de periocidade cuadrienal, nos que se lles concedían premios aos músicos, poetas, comediantes, mimos e oradores.
-
-
-
-
Edificio monumental destinado xeralmente a sede municipal ou parlamentaria. O nome provén do Capitolio romano, onde estaba situado o palacio do Senado, que foi reconstruído segundo os planos de Michelangelo Buonarroti. Esta denominación, pouco empregada en Europa, designou o Capitolio de Languedoc, obra de Guillaume Cammas, construído entre os anos 1750 e 1753. No continente americano, onde adoptaron esta denominación, destaca o Capitolio do estado de Virginia, en Richmond, obra de Jefferson e baseado nos templos xónicos clásicos, que se rematou de construír en 1795. O Capitolio de Washington, construído entre 1792 e 1869, impuxo o modelo con gran cúpula empregado nos EE UU e noutros edificios de América Latina, como os de Bos Aires e La Habana.
-
Calquera templo dedicado á tríade capitolina en diversas cidades do Imperio Romano e situado nun lugar destacado do foro. OBS: Xeralmente se escribe en maiúsculas.
-
-
Edificio maxestoso e moi elevado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Un dos sete outeiros de Roma, antigo monte Saturno, tamén chamado monte Capitolino. Neste lugar construíuse o templo dedicado á tríade capitolina (Xúpiter-Xuno-Minerva). Era un templo toscano coa cela dividida en tres espacios para poñer a estatua de Xúpiter no centro e, aos lados, a de Xuno e a de Minerva. O último dos templos reconstruídos neste lugar, e dedicados á tríade, foi obra dos emperadores Tito e Domiciano. No outeiro construíronse tamén outros templos e o Tabularium, sobre o que se edificou o actual palacio do Senado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma poética italiana baseada na terza rima de Dante, cunha distribución en tercetos encadeados. Petrarca aplicoulles este nome ás estrofas que compoñían os seus Trionfi. Nos ss XIV e XV posuía unha temática didáctica, pero despois, a raíz da sátira de Lorenzo de Medici, adquiriu un carácter burlesco ou satírico. No XVI empregouse para reflectir alegoricamente as meditacións éticas e así o fixeron Ludovico Ariosto en Satire e Francesco Berni nas súas parodias e burlas. Nos ss XVIII e XIX apareceu nas obras de Vittorio Alfieri, Giacomo Leopardi ou Giovanni Pascoli, entre outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
olta que alguén dá sobre si mesmo cando cae ou se bota coa cabeza para adiante, apoiando as mans ou a cabeza no chan e impulsándose cos pés para acabar caendo de costas. OBS: Tamén se utiliza a locución de capitón co mesmo significado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome masculino procedente do latín capitonem, alcume que se lles aplicaba ás persoas que tiñan a cabeza grande. Levou este nome, segundo o Misal Galego, o primeiro bispo de Lugo. A tradición di que sufriu martirio na fogueira. A diocese de Lugo celebra a súa festividade o 4 de marzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte das Sagradas Escrituras que se reza, despois dos salmos e das antífonas, en todas as horas canónicas, excepto os matíns.
-
-
Acción e efecto de capitular.
-
-
Convenio militar que pon fin á resistencia dunha tropa sitiada nunha praza fortificada ou rodeada en campo aberto, polo que se establece, segundo as regras de honor militar, o trato que teñen que recibir oficiais e soldados. Posto que non concerne á constitución administrativa ou política do territorio, non precisa confirmación do xefe de estado e entra en vigor de forma inmediata.
-
capitulación incondicional
Capitulación na que as forzas gañadoras se consideran libres de calquera compromiso de tipo xurídico respecto aos vencidos. Foi aplicada durante a Segunda Guerra Mundial polas forzas aliadas a Alemaña e a Xapón.
-
-
Na Península Ibérica, durante o proceso de expansión territorial dos reinos cristiáns cara ao sur, era unha rendición pactada entre os reis cristiáns e os musulmáns, pola que estes conservaban determinados dereitos e propiedades. Era similar ao sulh musulmán. Tiña como finalidade evitar a despoboación do territorio conquistado. Afonso VI de Castela pactou a capitulación de Toledo (1085), Afonso I de Aragón a rendición de Zaragoza (1118) e Xaime I de Aragón a de València (1238).
-
Desde o s XV, contrato establecido entre a monarquía e uns particulares para levar a cabo unha empresa xeralmente político-militar. O custo da empresa achegábao a monarquía, aínda que en ocasións tiña que recorrer a empréstitos de mercadores ou á outra parte contratante. O obxectivo xeral era a exploración e conquista dun territorio, pero tamén se firmaban outras capitulacións nas que o estado confiaba a un particular a construción de obras públicas, a explotación dos recursos naturais ou a tramitación de relacións comerciais cos pobos indíxenas. Adoitábase conceder aos asinantes o goberno civil e militar e a impartición de xustiza con cargos como os de adiantado, gobernador ou capitán xeneral. As capitulacións asinadas para a conquista das Canarias foron un significativo precedente e, no caso do continente americano, estas inicíaronse coas capitulacións de Santa Fe (17.4.1492) entre os Reis Católicos e Colón.
-
Cada unha das disposicións que o emperador do Sacro Imperio xuraba, unha vez elixido, confirmando as soberanías dos príncipes electores.
-
Contrato ou condicións relativas ao matrimonio que se estipulan por escrito entre as partes. A súa función principal é a de lles permitir aos cónxuxes o pacto do réxime económico familiar que máis se adapte ás súas necesidades e conveniencias. Tamén poden servir para regular a sucesión mortis causa, pactando nelas a institución de herdeiro, crear unha comunidade familiar que obrige os seus membros a unir esforzos e achegar os seus ingresos para auxiliar as necesidades familiares e establecer beneficios de viuvez ao conxuxe sobrevivente. As capitulacións matrimoniais están admitidas no dereito español e tamén noutros países como Francia, Bélxica e Suíza co nome de contrat de mariage. Presentan moitas variantes, pero é fundamental en case todos a existencia da herdanza que os pais fan a favor dos fillos que casan (herencia); nelas figuran tamén moitos outros pactos, tales como a reserva de cantidades ou de propiedades para dotar os outros fillos, reserva do dereito...
-
Convenio polo que se establecía o estatuto xurídico dos súbditos dos estados occidentais nos países non cristiáns. Utilizouse no Imperio Otomano e, posteriormente, nos estados do norte de África e nos países baixo ocupación colonial, protectorados, etc. Iniciado no s XV por acordo entre o Sultán Muhammad II e Xénova e Venecia, xeneralizouse a partir do pacto entre Francisco I de Francia e Sulaymān II.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado o 18 de setembro de 1509 entre Manuel I de Portugal e Xoana I de Castela coa intención de resolver as dúbidas existentes sobre os límites de navegación e conquista na costa africana, definidos no Tratado de Tordesillas (1494). Estableceuse que Portugal renunciase á conquista de Vélez de la Gomera, Cazaza e todas as poboacións costeiras, mentres Castela recoñecía a soberanía portuguesa dos territorios comprendidos desde Vélez ata o cabo Bojador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado entre os Reis Católicos e Cristovo Colón en Santa Fe (Granada), o 17 de abril de 1492, para a conquista das Indias. Nelas concedíanselle a Colón os títulos de almirante, vicerrei e gobernador xeral das terras descubertas, con carácter vitalicio e hereditario, e a décima parte das riquezas obtidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen capitula.
-
-
-
Relativo ou pertencente a un cabido secular ou eclesiástico ou ao capítulo dunha orde.
-
sala capitular
Lugar de reunión da comunidade de relixiosos nos mosteiros ou dos cóengos nas catedrais.
-
-
-
Membro dun capítulo eclesiástico.
-
Membro con voto dalgúns organismos, como o rexedor no seu concello.
-
-
Precepto legal procedente dos soberanos carolinxios e das súas asembleas lexislativas, con vigor en todo o Imperio. Algúns deles, sen embargo, tiñan carácter adicional nos códices vixentes nas rexións anexionadas.
-
-
Aplícase á letra maiúscula, impresa ou manuscrita, empregada como inicial da primeira palabra dun texto, libro, capítulo, parágrafo, etc, con intención estética, a miúdo ornamentada. A forma máis antiga e máis simple de obter o efecto estético era escribila á marxe do texto. O ornamento máis antigo (s VI) consiste no entrelazado e en elementos xeométricos, aínda que tamén aparecían adornadas con figuracións florais, zoomorficas e antropomorficas e, máis tarde, apareceron enmarcando unha escena alusiva ao texto ou ben incluídas dentro da propia escena. Coa imprenta as letras capitulares continuaron representando un papel artístico, sobre todo do s XV ao s XVII.
-
Aplícase a calquera tipo de letra maiúscula, manuscrita ou de imprenta.
-
-
...
-
-
-
Chegar a un acordo ou pacto dúas persoas ou partes.
-
-
Entregarse un exército ou unha praza de guerra, estipulando co inimigo as condicións para a rendición.
-
Renderse ao inimigo baixo determinadas condicións.
-
Declararse vencido ou someterse en calquera asunto despois de ofrecer resistencia ou oposición.
-
-
Cantar as capítulas das horas canónicas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro de coro que contén as capítulas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de capítulo.
-
-
-
Asemblea periódica dos membros dunha catedral, colexiata ou mosteiro, reunida para certas prácticas de piedade ou para adoptar acordos de interese común. O nome provén da lectura pública dun capítulo da Biblia ou ben da regra propia, constitución ou costumes da casa na sala capitular.
-
Reunión periódica de todos os superiores ou monxes, relixiosos ou cregos regulares dunha provincia (capítulo provincial) ou de todo o mundo (capítulo xeral) segundo os estatutos propios, destinada a deliberar e tomar acordos referentes ao total ou a unha parte da orde ou da congregación. Ten facultades lexislativas e correctivas. Semella que esta práctica a estableceu por vez primeira a congregación cisterciense, que na súa Carta Charitatis (1119) dispuña a reunión anual de todos os abades da orde en Citeaux. O Concilio IV de Letrán (1215) estendeuna a todas as congregacións monásticas e a todas as ordes relixiosas.
-
Lugar onde se reúne o capítulo.
-
capítulo de culpas
Costume monástico segundo o que os monxes se acusan publicamente diante dos seus compañeiros de faltas contra a regra.
-
capítulo catedral
Corporación formada polos cóengos como consello do bispo nas catedrais que ten tamén ao seu cargo, co auxilio dos beneficiados, a celebración solemne do oficio divino. Os capítulos catedrais xurdiron ao longo do s XI coa disolución da vida en común dos cóengos catedralicios. Dentro do capítulo tiña unha importancia primordial o arquidiácono: os seus intereses e os do capítulo en xeral eran a miúdo opostos aos do bispo. O capítulo exercía a xurisdición eclesiástica durante a súa vacante (elixía entre os seus membros o vicario capitular), pero a ausencia continuada dos bispos fixo que esta xurisdición se mantivese fóra da sé vacante. Isto fixo que o capítulo fose o representante nos concilios provinciais e nas Cortes. Ademais reservóuselle o dereito de elixir o bispo. A partir do Concilio de Trento, sen embargo, perdeu definitivamente esta atribución. A supresión da maioría dos privilexios dos capítulos a favor do bispo e da centralización romana non se fixo sen resistencia nin enfrontamentos....
-
-
Asemblea de persoas reunidas en comunidade para deliberar e tomar os acordos pertinentes aos intereses desta.
-
-
Cada unha das partes principais nas que se divide un escrito (libro, tratado, códice, escritura, leis, etc) co fin de acadar unha ordenación axeitada das materias ou temas tratados. Componse, normalmente, de varios parágrafos e adoita ir precedido por un número ou epígrafe. Malia todo, a literatura contemporánea tende a romper esta estruturación en capítulos.
-
Cada un dos apartados en que se divide algo.
-
-
...
-
-
-
Anaco de tea moi roto e gasto.
-
Caparucha de seda ou lenzo que se pon como vendaxe na cabeza dun dedo ferido.
-
-
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra. Estudiou no Conservatorio de París entre os anos 1896 e 1901. Dirixiu orquestras en Francia, Alemaña, Reino Unido e América do Norte. Dentro da súa produción, inscrita nunha tendencia impresionista, destaca a orquestración e dirección da estrea de Le martyre de Saint-Sébastien (O martirio de san Sebastián, 1911), de Debussy, e a peza Le miroir de Jésus (O espello de Xesús, 1923). Gañou o Gran Premio de Roma en 1901 coa súa cantata Myrrha.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador, filólogo e político. Iniciou a súa carreira no exército e participou na guerra contra Portugal (1762). En 1775 fixou a súa residencia en Madrid e ocupou diversos cargos públicos. Foi deputado en Madrid e, por encargo da Junta de Comerç de Barcelona, escribiu a súa obra fundamental: Memorias históricas sobre la marina, comercio y artes de la antigua ciudad de Barcelona (1779-1792). Coa invasión napoleónica refuxiouse en Sevilla e colaborou na tarefa de convocar as Cortes Xerais de Cádiz (1810). A súa obra trata temas filolóxicos e gramaticais, políticos e históricos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Adiviñación supersticiosa realizada a través do fume.