"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
PERSOEIRO
Actor teatral e cinematográfico. En 1972 creou a súa propia compañía teatral. Entre as súas interpretacións destacan obras de Anouilh, Valle-Inclán ou Ionesco. Traballou tamén para televisión na serie Verano Azul (1981). Participou en moitas producións cinematográficas, como Volver a empezar (1982), galardoada co Oscar en 1982, e Puta miseria! (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas un escudo flanqueado: o xefe e a punta, de prata, cunha ferradura, de azul; os flancos, de goles, cunha estrela, de ouro. Outra variante leva, en campo de azul, unha cruz de Santiago.
-
PERSOEIRO
Sacerdote franciscano. Formado no colexio de Misiones de Santiago de Compostela, foi mestre de novicios e de coristas, reitor e vicario do colexio e definidor da Provincia. Foi o primeiro director da revista El Eco Franciscano, fundada en Santiago de Compostela en 1884, e colaborador do xornal madrileño El Siglo Futuro. Das súas obras destacan La reforma ao sea nueva organización (1891), Un Concilio celebrado en Lugo el año 569: Estudio histórico (1893), Catálogo de las Sagradas Reliquias existentes en el Colegio de los PP Franciscanos de Santiago (1902) e Apuntes históricos relativos al Colegio de PP Misioneros Franciscanos de Santiago desde 1856 a 1896 (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Flandres e Hainaut (1211-1233), fillo de Sancho I de Portugal. Casou en 1212 con Xoana de Flandres, polo que se converteu no sucesor de Balduíno IX de Flandres. Vasalo do monarca francés, aliouse contra el xunto a Xoán sen Terra e Otón IV, feito que ocasionou que o apresaran os franceses e trasladaran a París, onde acabou cedendo as vilas de Lille, Doual e Sluis a cambio da súa liberdade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Doutor en Filosofía e Letras (1976) pola Universitat de València, dirixiu o Departament de Filologia Catalana (1983-1992) e o Institut de Filologia Valenciana (entre 1983-1986 e en 1992). Membro da Secció Filològica do Institut d’Estudis Catalans, dirixiu a colección filolóxica Biblioteca Sanchis Guarner e a revista Caplletra. Dedicado basicamente á historia da lingua, á historia da literatura e á edición de textos, publicou, entre outros, os libros Consciència idiomàtica i nacional dels valencians (1980, Premi de la Crítica del País Valencià) e Els certàmens poètics valencians (1983, Premi Milà i Fontanals do IEC).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Formouse na Escuela de Artes e Oficios. Foi catedrático nas escolas de Artes e Oficios da Coruña, onde colaborou na revista Alfar, en Barcelona e Madrid, cidades nas que se relacionou cos grupos vangardistas. Formou parte da Academia Breve de Crítica de Arte de E. d’Ors e da escola de Altamira. A súa obra evolucionou dende o realismo ata a abstracción, experimentou cos novos materiais e realizou assemblages e esculturas articuladas. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Nacional de Escultura pola obra La escolar (1926) e o Gran Premio da Bienal Hispanoamericana (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘roer’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘dente’.
-
-
Colocar ou axustar as ferraduras a un animal, especialmente ás cabalerías. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ferra a besta lixeiro, e andarás cabaleiro”.
-
Marcar algo ou alguén cun ferro candente, ben como marca de propiedade ou como castigo.
-
-
Gornecer algo de ferro ou doutro metal como protección ou adorno.
-
Protexer ou reforzar as rodas do carro con láminas de ferro.
-
-
Poñer un arame en forma de anel no fociño do porco para que non foce.
-
Levar a cabo a acción indicada polo substantivo que segue.
-
Facer que alguén reciba ou acepte algo por medio de mentiras ou enganos.
-
Morder algo con forza.
-
Encadear un preso con grillóns.
-
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, na Emilia-Romgna, Italia (131.999 h [2000]). Situada á beira do río Po, é o centro comercial dunha rica comarca agrícola e un activo centro de ensino superior, grazas á Università degli Studi, creada en 1391. Fundada na Idade Media, pasou a depender do papado a finais do s VIII. Infeudada polos papas aos marqueses de Canossa (988), acadou a independencia comunal ao comezo do s XII e desde 1240 pasou a estar gobernada pola liñaxe dos Este. Alcanzou o seu máximo esplendor a finais do s XV e principios do s XVI, época na que se converteu nun importante centro cultural. Entre 1598 e 1796 o ducado volveu estar gobernado por legados pontificios, e desde 1769 converteuse no refuxio dos xesuítas expulsados de España por Carlos III, feito que a volveu converter nun importante núcleo cultural. Ocupada polos austríacos (1847-1859), incorporouse ao Reino de Italia en 1860. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral con fachada románico-gótica e a igrexa de San Francesco...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da rexión da Emilia-Romagna, Italia (2.632 km2; 348.005 h [2000]). A súa capital é Ferrara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola de pintura que se desenvolveu en Ferrara a mediados do s XV. Foi obra de artistas non ferrareses, entre outros, P. della Francesca, A. Pisanello, A. Mantegna e R. van der Weyden, baixo a dirección de Cosmè Tura. Realizaron unha síntese do historicismo formal italiano e da linealidade do gótico e do concepto cromático flamengo.
-
FILOSOFOS
Filósofo escolástico italiano. Comentarista de Aristóteles, foi coñecido por ser o restaurador da tradición tomista coa súa obra Comentario á Summa contra xentiles de Tomé de Aquino.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Ferrara ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Ferrara.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa automobilística italiana especializada na fabricación de vehículos deportivos e gran turismo. Foi creada por Enzo Ferrari (Módena 1898-1988), piloto de carreiras e enxeñeiro, que fabricou o primeiro automóbil en 1940 na fábrica Auto Avío Construzioni e baixo a firma Alfa Romeo. En 1969 vendeulle o 50% da empresa á Fiat, que se fixo co 90% en 1988. A escudería Ferrari participou nos campionatos mundiais de Fórmula 1 dende a súa fundación en 1950. Os seus pilotos conseguiron proclamarse campións mundiais en 12 ocasións (1952, 1953, 1956, 1958, 1961, 1964, 1975, 1977, 1979, 2000, 2001 e 2002), o mesmo número de veces que a escudería acadou o campionato mundial de construtores (1961, 1964, 1975, 1976, 1977, 1979, 1982,1983, 1999, 2000, 2001 e 2002).
-
PERSOEIRO
Profesora e investigadora. Catedrática de Filoloxía Románica na Facultade de Letras e Filosofía da Universidade de L’Aquila. É coordinadora de redacción da revista Cultura Neolatina, forma parte do consello asesor do Anuario de Estudios Literarios Galegos, integra o comité científico da Revue des Langues Romanes, é vicepresidenta da Asociación Hispánica de Literatura Medieval e da Association Internationale d’Etudes Occitanes, e membro da Societé Internationale de Linguistique Romane e da Società Italiana di Filologia Romanza. O seu labor investigador céntrase, na lírica románica medieval, en particular, nas súas manifestacións provenzais e galego-portuguesas. Coordina o grupo de investigación Intavulare. Tavole di canzonieri romanzi, destinado á publicación dos índices antigos de todos os cancioneiros románicos medievais e á elaboración de índices modernos dos mesmos. En 1979 realizou unha análise paleográfica e codicolóxica do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B). Sobre a tradición...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
) Enxeñeiro aeronáutico. Doutorado no Politécnico de Turín (1926), foi profesor de aeronáutica (1933) e de mecánica aplicada (1948). Desenvolveu o seu labor docente nas universidades de Brown e Nova York. Os seus estudios centráronse no campo da aeronáutica supersónica e no perfeccionamento do helicóptero.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. O seu estilo inscríbese no gótico tardío con influencias do Renacemento alemán. Das súas obras destaca Adoración nocturna (1510) e Políptico do nacemento (1511), en San Giovanni d’Avigliana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, escultor e arquitecto. Discípulo de Leonardo da Vinci, o seu estilo inscríbese no gótico lineal. Colaborou con Raffaello na decoración da vila Farnesina en Roma (1516) e decorou, entre outras, Santa Maria delle Grazie e Santa Maria della Pace en Milán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático italiano. Discípulo de G. Cardano, foi profesor nas universidades de Milán e Boloña. Determinou un método para resolver a ecuación xeral de cuarto grao, grazas a unha ecuación auxiliar de terceiro grao.
VER O DETALLE DO TERMO