"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

  • Sección dos ligamentos articulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato de base, democrático, progresista e independente. Inclúe, entre os seus principios de actuación, a defensa dos intereses sociais, económicos, profesionais e culturais dos labregos galegos; a democracia, como mecanismo de funcionamento interno; a independencia e soberanía propia na toma de decisións; e a autoorganización endóxena dos labregos a todos os niveis. As súas orixes atópanse nos Comités de Axuda á Loita Labrega organizados desde 1970 pola UPG e Cristiáns polo Socialismo, e Comisións Labregas (CC LL) que constituíron o primeiro núcleo en Ribadeo (1973) e reivindicaban a recuperación dos montes veciñais en mancomún e a abolición da cota empresarial da Seguridade Social Agraria. En 1976, despois da súa reorganización, CC LL publicaron un programa en que destacaban medidas coma o fomento do asociacionismo agrario e das cooperativas de produción e a dotación de estradas, auga e electricidade ás parroquias rurais. En 1977 CC LL reorientaron a súa estratexia e produciuse a refundación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á síndrome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que consiste en seccionar a sínfise pubiana para obter unha separación momentánea dos ósos ilíacos e, en consecuencia, un engrandecemento da pelve, que ten por obxecto facilitar o parto por vías naturais en caso de estreiteza da pelve. OBS: Tamén se denomina operación de Sigault.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escisión cirúrxica dunha membrana sinovial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación en que se suprime o seo frontal mediante a resección da parte anterior da súa parede inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección da medula espiñal que se caracteriza anatomicamente pola formación de cavidades no interior da medula, que se deben a anomalías do desenvolvemento, a tumores intramedulares e a inflamacións medulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incisión dunha fístula, especialmente dunha fístula anal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico de amplo espectro, do grupo dos aminoglicosídicos, que se produce por fermentación de Micromonospora inyoensis. Emprégase no tratamento de infeccións producidas por bacterias Gram-negativas resistentes a outros antibióticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo rexional intergobernamental de consulta, cooperación e promoción económica e social creado o 17 de outubro de 1975 en Panamá por representantes de vinte e seis estados do Caribe e de América Latina. Ten a súa sede en Caracas e dos seus organismos internos destacan o Consejo Latinoamericano, os Comités de Acción e a Secretaría Permanente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás condicións sociais e económicas dunha colectividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Práctica do coito anal, especialmente entre homes.

    2. Homosexualidade masculina. A Igrexa condenou esta práctica e a condena foi incorporada á lexislación civil romana despois de Constantino I o Grande. Os castigos medievais ían desde a castración pública, co penduramento polos pés ata a morte, ata a pena da fogueira. O primeiro Código Penal de España (1822) non nomea a práctica, pero a xurisprudencia do Tribunal Supremo castigouna a través dos delitos de escándalo público, corrupción de menores e abusos deshonestos. Coa reforma do Código Penal de 1983 quedou abolida como figura de delito.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Sodoma.

      2. Natural ou habitante de Sodoma.

    1. Que ou quen practica a sodomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á sodomía ou aos sodomitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Asturias, bañado polo río homónimo e situado na Cordilleira Cantábrica, no límite con Castela e León (1.565h [2001]). A poboación vive maioritariamente diseminada e o núcleo principal é Pola de Somiedo. O Parque Natural de Somiedo ten unha extensión aproximada de 300 km2 e foi declarado Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Reserva da Biosfera en 2000. O relevo é de vales angostos e vertentes pronunciadas e inestables, sucadas polos ríos Pigüeña e Somiedo, que se dispoñen en dirección N-S. Existen numerosas mostras de modelado glacial nas zonas máis elevadas, ademais de formas de modelado cárstico na franxa de calcarias que atravesa o parque de SL a NO. A vexetación máis representativa son os faiais e as carballeiras e, entre a fauna, o oso, as diferentes aves rapaces, os rebezos e a pita de monte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soporte elástico do colchón, constituído por un marco ou bastidor, de madeira ou de metal, que leva unha tea metálica, un conxunto de resortes fixados ao bastidor por outros resortes ou un conxunto de láminas de madeira flexibles, dispostas en paralelo, cuxos extremos descansan sobre os laterais do bastidor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ampliación do modelo atómico de Bohr, realizada por A. Sommerfeld en 1915, que supón que as órbitas electrónicas son elípticas. Propón dous novos números cuánticos que se unen ao principal de Bohr, e axiña foi superado polo modelo atómico de Schrödinger. OBS: Tamén se denomina modelo de Bohr-Sommerfeld.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e relixioso dominicano. Escribiu De natura et gratia libritres (1547), De iustitia et de iure (1557), que o converteu nun dos creadores do dereito internacional, e In libros sententiarum commentarii (1579).

    VER O DETALLE DO TERMO