"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

  • Alfonso Pons Ezquerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, neto de Joaquim Sorolla. Foi arquitecto conservador da Cidade Monumental de Santiago de Compostela. Proxectou o traslado da vila histórica de Portomarín (1963), deseñou uns planos da catedral de Lugo e encargouse do proxecto de remodelación do Museo Arqueolóxico e do Arquivo Provincial de Ourense (1959). Foi académico de honor da Real Academia de Nobles y Bellas Artes de San Luis de Zaragoza, correspondente da Real Academia de San Carlos de València e académico non numerario da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rosa Melba Ponzillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamentos entre as tropas invasoras francesas e os labregos. A depredación que practicaban os franceses a comezos de 1809 na rexión comprendida entre Betanzos e Ferrol, esixindo contribucións de cebada, palla, trigo e viño, e tomándoo pola forza no caso de non recibilo, provocou a resistencia dos labregos, que adoptaron o sistema de guerrillas. O día 6 de febreiro capturaron algúns soldados franceses das tropas do mariscal Ney e queimáronos en Andrade (Pontedeume). Entre o 20 e o 21 de febreiro de 1809 os habitantes da zona realizaron un ataque durante a noite e mataron a todos os oficiais e á tropa francesa. Posteriormente enterráronos nos piñeirais, mentres que os cabalos foron conducidos ata Ribadavia e entregados ao marqués de La Romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barco de guerra de superficie, especialmente concibido e construído para o transporte, lanzamento e recollida de avións de guerra. A parte superior do casco é unha cuberta que sobresae por babor e estribor, e pola proa e pola popa, sen case obstáculo na superficie, de xeito que constitúe unha pista de lanzamento e de aterraxe dos avións, que, á súa vez, están no interior do casco nun enorme hangar, do que son subidos mediante montacargas. O primeiro voo da historia desde unha plataforma instalada nun barco foi o do piloto norteamericano E. Ely, que en 1910 iniciou o voo cun biplano desde o cruceiro Birmingham, e a primeira aterraxe nunha pista deste tipo conseguiuna o mesmo piloto no buque Pennsylvania, en 1911. O primeiro portaavións propiamente dito foi o Hermes, que saíu ao mar en 1924 con vinte avións. O maior portaavións do mundo é o estadounidense Enterprise, propulsado con enerxía atómica e botado en 1960, con capacidade para transportar 100 avións e unha dotación de 4.500 homes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Nas súas obras plasmou o rico colorido e o folclore galego, sobre todo as romarías populares. Da súa produción destaca Romería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e guionista cinematográfico. Participou na elaboración dos guións dos filmes El bosque del lobo (1969) e Beltenebros (1992), e da serie de televisión La forja de un rebelde (1989). Escribiu a novela Los crímenes del capitán Sánchez (1983). Recibiu o Premio Nacional ao mellor guión cinematográfico (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Actuou en Madrid e París, onde a súa ópera Non irritar le donne inaugurou (1801) o Théâtre des Italiens. Máis tarde residiu en Italia, onde estreou máis de vinte óperas e música relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e pintor. Recibiu as primeiras nocións musicais de mans de Xosé García e despois na Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid, onde fundou e dirixiu a tuna da escola e participou en rondallas. En Lugo fundou e dirixiu numerosas rondallas e exerceu de profesor de guitarra, laúde, bandurria, mandolina e frauta. Organizou e dirixiu o Grupo de pulso e púa do Círculo das Artes e dirixiu unha orquestra de cámara de guitarras. Compuxo pezas para guitarra e para canto con acompañamento de orquestra de pulso e púa. Das súas composicións destacan Zoraida, Tristeza, Guajiras, Alborada, Danza Árabe, Juventud, Alegría de zagales, vilancico composto sobre texto propio, Cantemos felices, A costa de Mondoñedo, Bágoas, Camiño do monte, sobre texto de Novoneyra, e Soio na noite, sobre texto de Manuel María. Realizou debuxos, caricaturas e pinturas e fundou con outros artistas lugueses o grupo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de procesos psíquicos latentes, dispoñibles e aptos para se converter en conscientes, segundo a primeira tópica freudiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á orde dos Cóengos Regulares de Prémontré ou premonstratense.

    2. Membro da orde fundada por san Norberto en Premontré, cara a 1120, como reforma dos antigos cóengos agostiños, polo que a orde foi denominada orde nova, por contraposición á orde vella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo. Profesor na facultade de ciencias de París (1831), sostivo a teoría oroxénica da retracción lenta e progresiva da codia terrestre para explicar a formación das cadeas montañosas. Escribiu numerosas obras de estratigrafía e paleontoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e editor. Foi corrector da Tragicomedia de Calisto y Melibea, de F. de Rojas. En València dedicouse ao tratamento das edicións de R. Llull de 1506 a 1515: catro volumes, prólogos, cartas, dedicatorias, poesías, en parte escritas por el, e un Index librorum Raymundi Lullii (1515), primeiro catálogo do estilo publicado na Península. Algunhas das súas poesías apareceron na reedición do Cancionero General (1520), de Hernando del Castillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que xestionaba, na república romana, unha comandancia militar ou unha administración provincial polo feito de ter sido cónsul o ano anterior. En realidade, o cargo correspondía ao desexo do Senado de permitir que o cónsul cesante continuase no poder durante outro ano máis (prorogatio imperii).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de simios, xa extintos, considerados actualmente pónxidos por ter o primeiro premolar cunha soa cúspide. Os primeiros restos encontráronse preto do lago Vitoria en 1926. Dunha altura que oscilaba entre a dun chimpancé pequeno e a dun gorila, segundo a especie, eran moi áxiles e podían desprazarse polas pólas das árbores e correr por terra coas catro patas. Vivían nas zonas boscosas do Mioceno Inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade e oficio de procónsul.

    2. Duración do cargo de procónsul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao procónsul ou ao proconsulado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral fundada en 1994 por Miguel Borines Fernández e Eduardo A. Rodríguez Cunha. Representaron Macbett (1994), de E. Ionesco, Ah, ah, ah, estamos monstros de risa (1995), espectáculo de marionetas, e Sempre Ubú (1996), de J. Jarry.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa promovido polas Nacións Unidas desde 1965 para mellorar as condicións de vida do ser humano, tanto no relativo ao medio natural como ao medio humano. Desde 1990 publica anualmente o Informe sobre o Desenvolvemento Humano que clasifica os países segundo o Índice de Desenvolvemento Humano (IDH). Ten a súa sede en Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa das Nacións Unidas xurdido da Conferencia de Estocolmo (1972) e creado coa finalidade de velar polo equilibrio ecolóxico dos océanos, a prevención da erosión dos solos, a mellora das augas e a calidade da vida rural e urbana. Ten a súa sede en Nairobi.

    VER O DETALLE DO TERMO